29/12/11

BIZCOCHO CASERO - Avia Conxita

INGREDIENTES :
1      1º-  un yoghourt natural
2       2º-  3 medidas de yoghourt de harina
3      3º-   2 medidas de yoghourt de azúcar
4      4º-   ½ medida de yoghourt de aceite
5      5º-   3 huevos enteros
6      6º-   1 sobre de levadura royal
7     7º-    Rayadura de limón.
PREPRARACIÓN :
Mezclamos todos estos ingredientes en un bol  hasta que quede una masa fina, vertemos en un molde previamente untado con mantequilla , y horneamos unos 25 minutos a 180 grados, desmoldamos  y a continuación espolvoreamos con azúcar glass.

22/12/11

BACALLAU CON MEL E CEBOLA CONFEITADA - receita da Avoa

Ingredientes para 4 persoas:
4 Tacos de bacallau desalado. De 150gr cada un.
5 Cebolas.
1 Culler de mel.
Aceite de oliva.
Bechamel.
ELABORACIÓN
Enfariñamos o bacallau, e fritimos nunha tixola ata que comeza a coller cor,sacamos e deixamos escorrer en papel absorbente. Noutra tixola con aceite de oliva fritimo-la cebola que teremos cortada en xuliana ata que estea ben tenra.Engadimos unha culler de mel e remexemos ata que este ben mesturada. Nunha bandexa de forno colocaremo-la cebola e por encima o bacallau,cubrimos todo cunha bechamel clara e metemos o forno a gratinar.Acompañar cun pemento confitado.


15/12/11

LASAÑA A LA BOLOÑESA --Avia Conxita

INGREDIENTES PARA 6 PERSONAS


20 Placas de lasaña.
1/2 kg de carne de vacuno y de cerdo mezclada.
1 cebolla mediana.
3 zanahorias
1/2 kg de tomates rojos y carnosos.
Sal, pimienta negra, orégano, nuez moscada
1 litro de leche.
2 cucharadas soperas de harina.
2 nueces de mantequilla.
Aceite de oliva.
Queso rallado para gratinar.                                 


ELABORACIÓN


Sofreimos la cebolla cortada muy pequeña.
Añadimos las zanahorias ralladas con piel.
Añadimos la carne y sofreimos bien, añadir un poco de vino tinto, sal, orégano y pimienta.
Añadimos el tomate triturado y colado por el chino.
Dejamos sofreir hasta que quede bien seco
Hacemos una bechamel sofriendo la mantequilla con la harina y añadiendo la leche caliente poco a poco sin dejar de remover.
Añadimos un par de cucharones de esta bechamel a la carne y removemos bien.
Hervimos las placas de lasaña tal y como indica el fabricante.
Ponemos una capa de bechamel en el fondo de la bandeja.
Ponemos las placas de lasaña,en una bandeja con agua caliente 10 minutos previamente, escurrimos y ponemos la mitad de la carne.
Cubrimos con más capas de lasaña.
Echamos el resto de la carne.
Acabamos con placas de lasaña. Cubrimos de bechamel y ponemos queso para gratinar.
Gratinamos a máxima potencia hasta que quede a nuestro gusto.
Dejaremos reposar unos veinte minutos antes de servir.

14/12/11

FIRA DE SANTA LLÚCIA - Nadal 2011 - Barcelona



Figuras - Beléns do nadal.







Personaxes da vida pública.






Personaxes do deporte.






Neste posto non te perdoa nin Deux.

8/12/11

TIRAMISÚ - Avia Conxita

INGREDIENTES:
Bizcocho tipo melindros.
2 claras de huevo.
4 yemas.
100 grs de azúcar.
400 grs de queso mascarpone.
175 ml de café.
200 grs de chocolate negro.
Cacao en polvo.
Licor amareto.
ELABORACIÓN
Preparamos un buen café de calidad  y dejamos enfriar.
Batimos las claras y reservamos.
En un bol grande batimos las yemas con el azúcar hasta que espume.
Vamos añadiendo poco a poco el mascarpone y finalmente las claras montadas.
En un molde rectangular ponemos una capa de melindros,que empaparemos con licor y café (que ya estará frio) lo cubrimos con una capa de crema mascarpone y rallamos cholate por encima.
Ponemos otra capa de melindros y volvemos a hacer lo mismo.
Acabamos con una capa de crema de queso mascarpone y cacao en polvo espolvoreado por encima.
Ha de reposar entre 3 horas y un día para que coja consistencia.

4/12/11

PASTELIÑOS EN FORMATO MAGDALENA (Receita da madriña)


Cupcakes de cenoria con cheese cream crema de queixo)

INGREDIENTES:
225 gr.de cenorias peladas e picadas.
2 ovos.
100gr de sucre (mellor moreno)
120gr aceite vexetal.
1/2 culler extracto natural de vainilla.
Unha pel de laranxa rallada.
120gr de fariña amizada.
1 culler de bicarbonato sódico.
1 culler de canela en polbo.
Unha pica de sal.

PREPARACIÓN:
Poñemos a quenta-lo forno a 180º.
En un bol mesturamos ben os ovos o azucre,engadimos o aceite,o extracto de vainilla e a pel rallada dunha laranxa e batemos todo durante uns minutos.
Noutro bol mesturamos ben a fariña o bicarbonato,canela e a sal, peneiramos cun colador, engadimos pouco e pouco esta mestura co bol onde tiñamos o sucre e mais os ovos, remexendo sen parar ata que todo este ben compactado.Engadimos as cenorias picada e mesturándoas para que queden ben repartidas.
En papeis de magdalena cunha culler encheremos 3/4 partes coa masa. Metemo-lo no forno uns 30 minutos e despois deixaremos 20 minutos en repouso.
CHE CREAN ICING (CREMA)

175gra de queixo cremoso.

250gra azucre glass.
125gra de mantequilla a temperatura ambiente.
PREPARACIÓN:
Batemos cunha barilla a mantequilla e o azucre, ata que quede montada e de cor branco,engadimos o queixo e seguemos batendo uns minutos( 5m aprox.)Cargamos ista crema na manga pasteleira e adornaremos por arriba o noso xeito.
Só quedame desexarlles bo proveito.

20/11/11

O MEU NETO

Fíxonos agardar.
Hoxe e un bo día.
Chega o noso fogar,
outro neno, outra alegría.


Agardamos nove meses,
por is-te tesouro agochado.
Con berros de nova vida,
amosouse como sol de cada día.


Luce ollos azuis,
e cabelos dourados.
So risos vai repartindo,
a todos para namoralos.


Mira ledo a súa irmán,
collidos das mans,
sorprendidos eles quedan
do so riso que se dan.


Os presentes non deixan de comentar,
is-te neno tan fermoso,
cousa boa el traerá.
Desexando que así sexa,
para el e os seus pais,
Iste avó que se fai vello, así o desexará.


18-11-2011

17/11/11

O PARRULO PREGUICEIRO

Eran tres parrulos, que paseaban polo marxe do rio Ulla, o carón da presa da Ponte Merced. Eran orfos, os seus pais morreron tiroteados por uns cazadores cando eles eran pequerrechiños.

O muiñeiro da Ponte, un bo home, fixo un caseto o pé do muíño cunhas madeiras, para que os parruliños non tiveran frío polas noites e tamén poideran protexerse dos depredadores. Os tres irmáns foron medrando o carón do muiñeiro e persoas que ían ao muíño a moer; O muiñeiro fíxolles unha cunca de pao para que a xente depositara uns grans de millo ou centeo para que os parruliños poderán comer e medrar, e foran felices no seu fogar.

Fixéronse grandes e foron moi queridos pola xente que por alí pasaba,todos deixaban algo na cunca que sempre estaba a rebousar. Os parrulos tiñan os papos tan cheos que moitas veces parecía que estaban a piques de esbourar,e isto fixo que un deles xa non fixera nada para buscar alimento e converteuse nun auténtico preguiceiro: pasaba o día comendo na cunca e durmindo.

Os seus irmáns traballaban día e noite, xa que o muiñeiro propúxolles que limparan o chan do muíño de grans e fariña que había por tódolos recunchos, e así era unha maneira de gañarse o aprezo de todos os que por alí pasaban.

Estaban fartos do seu irmán, sempre co bandullo o sol e sen axudar nas tarefas de limpeza, de cando en vez discutían co preguiceiro recriminándolle a súa actitude.

Un bo día o preguiceiro decidiu poñerse mans a obra e púxose a limpar o caseto que lles fixera o muiñeiro para que se refuxiaran polas noite, cando chegaron os seus irmáns atopáronse todo relucente e o preguiceiro díxolles que el se coidaría todos os días de ter todo limpo, os irmáns puxéronse tan ledos que decidiron compoñerlle unha cantiga e esta dicía así: O que dixo que o noso irmán é un preguiceiro non ten razón,é un mentireiro. O que dixo que o noso irmán non traballa é un mentireiro e un canalla.O que dixo que tiña o bandullo que lle esbouraba que non nos dirixa a fala. Os amigos verdadeiros non contan mentiras, non son mentireiros. Esta cantiga cantábana todos os dias a primeira hora da mañan,antes de comezar a limpar no muíño.
Os parrulos, xa adultos, comezaron a poñer ovos que o muiñeiro aproveitaba para facer tortillas.
Un bo dia, un dos parrulos faltaba, estiveron buscándoo pero non o atoparon. Tardou vinteún dias en voltar ao muíño e ese dia chegou rodeado de seis parruliños pequenos,moi fermosos e agudiños, que ían nadando sen parar pola presa da ponte; eran a delicia dos seareiros que ían a moer o muíño.
Pasaron os meses e medraron ata que un mal dia,  apareceron uns cazadores coas súas escopetas para darlles caza. Os parrulos, que eran moi intelixentes, comezaron a voar escapando dos perseguidores, quen sabe onde marcharon, nunca mais voltaron a presa da Ponte Merced.

13/11/11

TORTILLA DE MEXILLÓNS - receita da Avoa


      Unha lata de mexillóns en escabeche.
    Dous ovos.
Unha  cebola.
Sal.
Perexil.
Maionesa.
PREPARACIÓN:
Escorrer os mexillóns.
En un bol  batelos  dous ovos.
Nunha tixola cunha cullera de aceite de oliva, sofreir a cebola, ata que estea dorada. Mesturamos a cebola cos ovos e botamos todo na tixola, xuntamente co perexil picado.
Cando os ovos comencen  a coxar, engadimos os mexillóns.
Dobraremo-la tortilla para que os mexillóns queden dentro da mesma  e non se saian, tostámola  polos dous lados. Sacámola para un plato e acompañámola con maionesa.

24/10/11

PERNAS DE PAVO AO FORNO

Ingredientes para 4 persoas :
4 pernas de pavo.
1 cebola grande.
2 dentes de allo.
Sal.
Pementa.
Aceite.
2 vasos de viño branco albariño.
100 grs de améndoas picadas.
300 grs de cirolas secas.
300 grs de castañas cocidas ou asadas.

PREPARACIÓN:
Primeiro salaremos cada unha das pernas do pavo e de seguido adubámola con pementa.
Poñemo-la cazola ao lume con abundante aceite, cando iste estea quente engadiremos as pernas e maila cebola pelada e cortada a tiras así como os dentes de allo, e os 2 vasos de viño albariño, remexéndoo todo durante uns 20 minutos.
Baleiramos todo nunha bandexa de forno, engadiremo-las améndoas picadas, meteremos no forno durante uns 15 minutos ao fogo de grill e 5 minutos antes, engadiremo-las cirolas e as castañas. As cirolas meterémolas en auga uns 10 minutos para que inche antes de utilizar. (consello: colocar a bandexa na metade do forno).
Un auténtico manxar,  bo proveito.

18/10/11

REPUBLICA CHECA - PRAGA - (Culta - Elegante)




PRAGA
Tranvía Línea 5





PRAGA
Ponte de Karlo -Rio Moldava

 PRAGA
Castelo e Catedral de san Vito
.



PRAGA
Praza: Malá Strana




PRAGA
Ponte de Karlo 
Músicos de Jazz 

PRAGA
Torre da Pólvora
Prasná Brána






PRAGA
Exterior: Café Kavárna




PRAGA
Interior: Café Kavárna.


PRAGA
Casa Dafante.


PRAGA
Cimenterio Xudio

PRAGA
Galería d´Arte Národní


PRAGA
Museo Kubista.




PRAGA
Teatro: Rudolfinum





PRAGA
Praza San Wenceslao
(Václavské Námésti)



PRAGA
 Reloxo Astrolóxico

PRAGA
Praza Staroméstská




PRAGA
Tenda de Monicreques.


 PRAGA
Rúa Neruda 




PRAGA
Teatro Nacional.

16/10/11

REALIDADE DA VIDA COTIÁ



Mentres  miles de persoas manifestábanse en diferentes cidades europeas,por un cambio global e contra os recortes sociais, cando o chamamento sacou as rúas a unha multitude en todo o mundo.Outros alleos aos acontecementos, esperaban embarcar no Ferry que os levará a Marrocos,cos agasallos europeos para as súas familias. UNHA FOTOGRAFÍA FALA MAIS QUE MIL PALABRAS

27/9/11

MELLOR AGOCHADO

Sempre pensei que as palleiras eran un elemento arquitectónico que se utilizaba pra gardar a herva e os apeiros de labranza. Nada mais lonxe da realidade, e para sorpresa miña, tamén sirven para gardar hórreos.


"Curiosidade" Qué construiron primeiro? O hórreo e despois a palleira, ou a palleira e despois o hórreo, Da o mesmo, "tanto monta monta tanto".

26/8/11

O CRUCEIRO DE TRASCASTRO


Durante catro días, estiveron concentrados en Madrid, a xuventude dos cinco continentes,o parecer a finalidade da xuntanza foi: convivir; intercambiar; meditar e moito, moito rezo...Esto último non tivo aínda resposta, pois como se pode ver nesta fotografía, o cruceiro aguantase grazas as cordas, quizáis ninguén rezou por el, ou as súas oracións, tarden en chegar xa que a distancia ao ceo é moita.
Estou a pensar que un par de rapaces daqueles que andaban sobros por Madrid, podían empurralo para que volte o seu lugar, quizáis a crisi estea afectando os "pilares celestiais",  como queira que sexa e para poder comprobalo hai que finar, (que finen outros) eu aquí, estou moi ben.

1/8/11

XAN DAS ZOCAS

Esta istoria ocorreu na aldea de FREIXAS e o protagonista chamábase Xan das zocas, un sarxento da garda civil coñecido como o chosco, pois o ollo dereito tiñao moi desviado para esquerda, fuxido da xustiza e buscado polo exército do Xeneral Franco por encabezar e defender  ideoloxías comunistas. El sempre dicía que prefería morrer por unha boa causa que axeonllarse ante o Xeneral para seguir vivo.
Non o pensou dúas veces, un bo día decidiu deixar o uniforme e como dicía el mesmo, botarse ao monte para loitar contra ameaza fascista, daquel entón.
De cando en vez, saía do seu escondite para dar unha volta pola casa dos mais ricos a requisarlles cartos e comida que despois repartía cos mais probes.
Xan era querido pola maioría e odiado por uns poucos, adicaba boa parte da súa vida a axudar os demais.
Era un galego feito a se mesmo, sen complexos, loitador é porque non dicilo, mullereiro, sen ser mariñeiro pódese dicir que tiña un amor en cada porto. Era popular en todas as aldeas, as rapazas case todas querían ter un encontro con el, pois as malas linguas, dicían que era todo un galán e non había muller que se lle resistira.
O certo é que fíxose moi amigo da filla de Coruxo, uns dous mais ricos do contorno, naquel entón era dono de:  dous muiños, un  aserradeiro e dous bens no concello da Peroxa (onde recollía cada ano uns dous mil litros de augardente). A boa da rapaza chamada Rufina enamorouse de Xan, que a dicir verdade pola edade podía ser seu pai. Emporiso o amor non entende de idades, é un bo día Rufina decidiu deixar o fogar dos seus pais e botarse ao monte con Xan, para axudarlle no seu cometido e o mesmo tempo, o seu carón disfrutar do amor que lles unía.
O feito do abandono do fogar por Rufina, levou o seu pai Coruxo a declararlle a guerra a Xan. Así que non se lle ocorreu outra cousa que contratar a dous sicarios "os irmans Chiscotes" para rescatar a súa filla e darlle morte a o"queiman" como lle chamaba Coruxo a Xan.
Os Chiscotes adicaban o día e noite á busqueda, xa que o tratado ben valía a pena: cinco centas pesetas para cada un e mil litros de augardente, ademais de dos porcos cebados e dous cabalos que como adianto servirían para a busqueda. 

Transcorreron os meses e pasaron anos sen resultados, Xan seguía a facer das súas, roubando os ricos para dárllelo os probes. De todo isto, os Chiscotes enterábanse polo sr. Xerman, copleiro que nas feiras de Monterroso e Golada, vendía as coplas coa noticia (soia berrar: "outra vez Chiscote asalta unha casa". )
Foi pasando o tempo e Coruxo xa comezaba a perder toda esperanza de atopar a súa filla. Os Chiscotes estaban covencidos de que atoparíanna viva e estas promesas erguíanlle un pouco o ánimo a Coruxo.

Transcurridos uns catro anos, un bo día chamou a porta da casa de Coruxo, un neno dicindo que se chamaba Coruxiño e que a súa nai era Rufina e o seu pai Xan. O avó, moi ledo, colléuno en brazos e comezou a darlle bicos sen parar e o mesmo tempo preguntáballe onde se atopaba a súa nai; O neno só sabía dicir que viaxara toda noite por camiños moi escuros e moito tempo durmindo no regazo da súa nai.
Coruxo foi a ver os Chiscotes e comentoulles que tiña con el o seu neto,pero que descoñecía onde estaban os pais do rapaz. Comezou a búsqueda para atopalos e finalmente, deron con eles xantando o pé dun penedo, na chousa da revolta, no montiño de Currelos.
Inicióuse unha loita corpo a corpo, con tiros de escopeta, e nesta refrega caeu morto un dous irmáns dos Chicotes, e quedaron feridos de gravidade Xan e a súa compañeira Rufina.
Trasladáronse os feridos e mailo morto nos dous cabalos que levaban os Chiscotes, a casa de Coruxo.
Forónse repoñendo das feridas coa axuda do doutor Louzao, amigo da familia,e as súas mediciñas caseiras. Déronlle enterro a Pepe dos Chiscotes, falecido na rebolta. O seu irmán cobrou o tratado; Coruxo acolleu no seu fogar a súa filla Rufina é ao seu compañeiro Xan, que mais tarde convertiríanse en marido e muller.
Coruxo para lembrar o acontecido, mandou erguer un monolito na cima do penedo do montiño de Garabolos, perto da parróquia de Sete-fontes.








25/7/11

DíA DA NAZÓN E PATRIA GALEGA

Airiños,airiños aires,
airiños da miña terra,
airiños,airiños aires,
airiños,levaime a ela


Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta,
que adonde queira que vaia,
cróbeme unha sombra espesa.
Cróbeme unha espesa nube,
tal preñada de tormentas,
tal de soidás preñada,
que a miña vida envenena.
Levaime,levaime,airiños,
como unha folliña seca,
que seca tamén se puxo
a callentura que queima.
¡Ai!, si non me levás pronto,
airiños, da miña terra,
si non me levás, airiños,
quisais xa non me conesan,
que a frebe que de min come
vaime consumindo lenta,,
e no meu corazonciño
tamén traidora se ceiba.


Rosalia de Castro




P.D. Eu di ti non esquecer,
       e sempre te lembrarei,
       miña segunda nai ti es,
       eu fillo teu sempre serei.
       A.G.G.

29/6/11

OUTRO DESPROPOSITO MAIS

Outra vez mais, malgastase o diñeiro dos contribuíntes e sen que ninguén sexa xulgado e se lle faga responsable do acontecido.
E mentres todos estes despropósitos continúan, a miña terra segue pendente das inversións necesarias para levar acabo a finalización do AVE, na que levamos varios anos de demora (temos vías únicas en moitos treitos do vial galego, co perigo que isto comporta para os usuarios) e ademais será un tren que segundo os espertos no alcanzara nin tan sequera os 250 km hora, así que mais que un ave, eu chamaríalle morcego.

19/6/11

ACAMPADA - INDIGNADOS

Fotografías feitas hoxe 19-6-2011
ACAMPADA - INDIGNADOS
PRAZA DO PILAR - ZARAGOZA

23/5/11

O RAPOSO FARSANTE


                                                      O RAPOSO  FARSANTE
No monte de picos pardos habitaba un raposo, que os veciños, puxéronlle de nome farsante . Polas noite o moi bispado soia achegarse as aldeas para escoitar o rebulir das galiñas e galos nos galiñeiros. Cando xa deixaban as galiñas de cacarexar, el con moito disimulo, achegábase a porta por si esta estaba aberta, ou subía ao tellado por se podía ficarse por algún furado; tomaba todas as precaucións para non espertar o galiñeiro, ficábase dentro e ahí comezaba a súa festa. Unha noite ficouse no curral da casa da señora María na aldea da Landra; Esta boa dona tiña as pitas gardadas no curro como facía sempre polas noites, por medo a que viñera o raposo.


Alá pola media noite, escoitou o ruído dos galos, que botáronse dende o alto do xugo das vacas onde acostumaban a pasar a noite, con moito desespero e sen deixar de cacarexar, a dona que escoitou o barullo despertou ao seu home e díxolle: “ Xosé corre vaite o curro que anda o raposo coas galiñas”. Xosé botouse da cama e colleu unha fouce para ir en busca do farsante; prendeu a luz e no medio do curro atopouse ao raposo que tumbado no chan disimulaba que estaba morto. En vista de que non rebulía dixo Xosé: ” Enchícheste pero xa ves esbourouche o bandullo” Xosé voltou a cama comentoulle a súa dona o sucedido e entre os dous comentaron, (estívolle ven pois fartouse para sempre).

O amañecer, María foi mirar cantas galiñas matara e comera o raposo e o mesmo tempo leva-va un saco para ficalo dentro e tirar con el ao lixo; pero cal foi a súa estrañeza cando o raposo non estaba e as galiñas non faltaba ningunha, ela coméntallo o seu home, é iste cos veciños eo parecer era moi habitual neste rapóso facerse o morto para poder escapar e sobrevivir cando o collían dentro dos galiñeiros. Os seareiros entre eles comentaban e dicían fíxate iste raposo mira que é farsante, como nos engana.

19/5/11

ACAMPADA







Fotos de hoxe as 17,30 horas, da acampada
na Praza de Catalunya (BARCELONA).

Centos de persoas piden cambios políticos
e sociais.
As mensaxes son o reflexo do pensamento,
da maioría da sociedade.

Datos personales