Airiños,airiños aires,
airiños da miña terra,
airiños,airiños aires,
airiños,levaime a ela
Sin ela vivir non podo,
non podo vivir contenta,
que adonde queira que vaia,
cróbeme unha sombra espesa.
Cróbeme unha espesa nube,
tal preñada de tormentas,
tal de soidás preñada,
que a miña vida envenena.
Levaime,levaime,airiños,
como unha folliña seca,
que seca tamén se puxo
a callentura que queima.
¡Ai!, si non me levás pronto,
airiños, da miña terra,
si non me levás, airiños,
quisais xa non me conesan,
que a frebe que de min come
vaime consumindo lenta,,
e no meu corazonciño
tamén traidora se ceiba.
Rosalia de Castro
P.D. Eu di ti non esquecer,
e sempre te lembrarei,
miña segunda nai ti es,
eu fillo teu sempre serei.
A.G.G.
No hay comentarios:
Publicar un comentario