Según as contas
publicadas polo sr. Rajoy cobrou 239.084
euros brutos no ano 2011 cando estaba de
xefe da oposición, ano 2012 como
presidente do goberno percibiu 74.912
euros brutos. Agora bou entendendo o mal
que o fai como presidente incumprindo todas as promesas electorais. O
máis seguro é que bote en falta estar na
oposición cobrando mais e sen responsabilidade”.
23/2/13
17/2/13
Aproveitarse do poder
Vendo o panorama existente na crase
política do noso país, obxectivamente podemos afirmar que é unha profesión do mais
rendible hoxe en día. A diario saen a lux contas multimillonarias sendo
titulares das mesmas políticos ou familiares.
Adicarse a
política tería que ser referendado por unha moralidade incualificable e que non
se permitirá, dirixir un país a xente que ve negocio en elo. Ser político tiña
que ser unha vocación de servizo ao pobo, non de roubar a sociedade para
asegurarlle unha boa vida a tres ou catro xenera-cións que o sucedan. Sempre me
resultou sospeitoso as liortas entre eles para chegar o poder. Non parece que
teñan moita vocación de servizo ao seu
país.
En Alemaña a
ministra de Educación dimitiu por un presunto plaxio de un te-sis doutoral de
todo isto fai 34 anos. Un ministro Inglés
tamén dimitiu por votarlle as culpas a súa dona dun accidente de circulación
que na realidade producirao el. Abdica a
raíña de Holanda. O papa Ben-edito XVI tamén se vai por falta de forzas e pouca
saúde.
En España
non dimite nin abdica ningún, da igual do que te acusen, tratase de negar e esperar
as resolucións dos tribunais de xustiza, que cando is-te resolva o mais seguro,
xa haberá prescrito.
Non
acadaríamos antes se enumeraramos os que
viven do seu xornal sen complementos, comisión é outros arranxos.”Seguramente
volveríamos a confiar no sistema”
2/2/13
FREAR A IMPUNIDADE
Aí que frear
como sexa a impunidade con que actúan os políticos, enriquécense para despois
con moitas dotes de cinismo e parapetados na súa maioría parlamentaria e por
medo a que se des-tapen os seus amaños, vannos levando ao desastre, económico,
social, carente de todos os valores. O paro medra, as penurias familiares
multiplícanse, as posibilidades de encontrar emprego son mínimas, e mentres
todo isto e outras desditas acontecen a diario, os cidadáns normais almorzamos
case cada día coas noticias de alcaldes corrompidos por suborno, prevaricación
e demais corruptelas. Mentres os políticos dannos leccións de honradez e
humildade, e resulta que publican unha lista case ancestral na que reciben
diñeiro en sobres fantasmas, que ninguén di coñecer, pór o parecer asistiron.
O peor de
todo isto e que quedará en nada, falarase moito durante uns días, despois a
pensar noutra cousa, ( a mellor maneira de distraernos) a esquecelo todo e como se
aquí non ouve-ra pasado nada.
AÍ QUE DAR EXEMPLO
¿De verdade
pretenden os políticos dar exemplo, enchéndose os petos con comisións,
reparticións de sobres, falsas facturas, falsos servizos non realizados,
carísimos informes feitos por familiares e amigos, contas en Suíza e outros
paraísos fiscais, inmobles, mochilas a petar de cartos, en definitiva,
ilegalidades e roubos, que os cidadáns
pagamos cos nosos impostos de maneira voluntaria, e con sentido de solidariedade,
sendo así como se nos pide? ¿Pra que? Pra que outros seo repartan? E unha vez
pillados coas mans na masa, ¿que pasa? Pois nada como moito apartalos do cargo,
e seguir cobrando vergonzosas e inmerecidas rentes vitalicias, ¿Coñecen alguén
que devolverá o roubado? Eu non, pór si vostede ou eu nos equivocaramos ou retardaramos
un pago, asegúrelles que caería sobre nos todo o peso da lei, con
ameazas, intereses de demora e sanción incluída.¿ De verdade isto é xusto? ¿Pra
pedir a nosa colaboración teñen que predicar co exemplo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)