Esta istoria ocorreu na aldea de FREIXAS e o protagonista chamábase Xan das zocas, un sarxento da garda civil coñecido como o chosco, pois o ollo dereito tiñao moi desviado para esquerda, fuxido da xustiza e buscado polo exército do Xeneral Franco por encabezar e defender ideoloxías comunistas. El sempre dicía que prefería morrer por unha boa causa que axeonllarse ante o Xeneral para seguir vivo.
Non o pensou dúas veces, un bo día decidiu deixar o uniforme e como dicía el mesmo, botarse ao monte para loitar contra ameaza fascista, daquel entón.
De cando en vez, saía do seu escondite para dar unha volta pola casa dos mais ricos a requisarlles cartos e comida que despois repartía cos mais probes.
Xan era querido pola maioría e odiado por uns poucos, adicaba boa parte da súa vida a axudar os demais.
Era un galego feito a se mesmo, sen complexos, loitador é porque non dicilo, mullereiro, sen ser mariñeiro pódese dicir que tiña un amor en cada porto. Era popular en todas as aldeas, as rapazas case todas querían ter un encontro con el, pois as malas linguas, dicían que era todo un galán e non había muller que se lle resistira.
O certo é que fíxose moi amigo da filla de Coruxo, uns dous mais ricos do contorno, naquel entón era dono de: dous muiños, un aserradeiro e dous bens no concello da Peroxa (onde recollía cada ano uns dous mil litros de augardente). A boa da rapaza chamada Rufina enamorouse de Xan, que a dicir verdade pola edade podía ser seu pai. Emporiso o amor non entende de idades, é un bo día Rufina decidiu deixar o fogar dos seus pais e botarse ao monte con Xan, para axudarlle no seu cometido e o mesmo tempo, o seu carón disfrutar do amor que lles unía.
O feito do abandono do fogar por Rufina, levou o seu pai Coruxo a declararlle a guerra a Xan. Así que non se lle ocorreu outra cousa que contratar a dous sicarios "os irmans Chiscotes" para rescatar a súa filla e darlle morte a o"queiman" como lle chamaba Coruxo a Xan.
Os Chiscotes adicaban o día e noite á busqueda, xa que o tratado ben valía a pena: cinco centas pesetas para cada un e mil litros de augardente, ademais de dos porcos cebados e dous cabalos que como adianto servirían para a busqueda.
Transcorreron os meses e pasaron anos sen resultados, Xan seguía a facer das súas, roubando os ricos para dárllelo os probes. De todo isto, os Chiscotes enterábanse polo sr. Xerman, copleiro que nas feiras de Monterroso e Golada, vendía as coplas coa noticia (soia berrar: "outra vez Chiscote asalta unha casa". )
Foi pasando o tempo e Coruxo xa comezaba a perder toda esperanza de atopar a súa filla. Os Chiscotes estaban covencidos de que atoparíanna viva e estas promesas erguíanlle un pouco o ánimo a Coruxo.
Transcurridos uns catro anos, un bo día chamou a porta da casa de Coruxo, un neno dicindo que se chamaba Coruxiño e que a súa nai era Rufina e o seu pai Xan. O avó, moi ledo, colléuno en brazos e comezou a darlle bicos sen parar e o mesmo tempo preguntáballe onde se atopaba a súa nai; O neno só sabía dicir que viaxara toda noite por camiños moi escuros e moito tempo durmindo no regazo da súa nai.

Coruxo foi a ver os Chiscotes e comentoulles que tiña con el o seu neto,pero que descoñecía onde estaban os pais do rapaz. Comezou a búsqueda para atopalos e finalmente, deron con eles xantando o pé dun penedo, na chousa da revolta, no montiño de Currelos.
Inicióuse unha loita corpo a corpo, con tiros de escopeta, e nesta refrega caeu morto un dous irmáns dos Chicotes, e quedaron feridos de gravidade Xan e a súa compañeira Rufina.
Trasladáronse os feridos e mailo morto nos dous cabalos que levaban os Chiscotes, a casa de Coruxo.
Forónse repoñendo das feridas coa axuda do doutor Louzao, amigo da familia,e as súas mediciñas caseiras. Déronlle enterro a Pepe dos Chiscotes, falecido na rebolta. O seu irmán cobrou o tratado; Coruxo acolleu no seu fogar a súa filla Rufina é ao seu compañeiro Xan, que mais tarde convertiríanse en marido e muller.
Coruxo para lembrar o acontecido, mandou erguer un monolito na cima do penedo do montiño de Garabolos, perto da parróquia de Sete-fontes.

No hay comentarios:
Publicar un comentario