20/11/11

O MEU NETO

Fíxonos agardar.
Hoxe e un bo día.
Chega o noso fogar,
outro neno, outra alegría.


Agardamos nove meses,
por is-te tesouro agochado.
Con berros de nova vida,
amosouse como sol de cada día.


Luce ollos azuis,
e cabelos dourados.
So risos vai repartindo,
a todos para namoralos.


Mira ledo a súa irmán,
collidos das mans,
sorprendidos eles quedan
do so riso que se dan.


Os presentes non deixan de comentar,
is-te neno tan fermoso,
cousa boa el traerá.
Desexando que así sexa,
para el e os seus pais,
Iste avó que se fai vello, así o desexará.


18-11-2011

17/11/11

O PARRULO PREGUICEIRO

Eran tres parrulos, que paseaban polo marxe do rio Ulla, o carón da presa da Ponte Merced. Eran orfos, os seus pais morreron tiroteados por uns cazadores cando eles eran pequerrechiños.

O muiñeiro da Ponte, un bo home, fixo un caseto o pé do muíño cunhas madeiras, para que os parruliños non tiveran frío polas noites e tamén poideran protexerse dos depredadores. Os tres irmáns foron medrando o carón do muiñeiro e persoas que ían ao muíño a moer; O muiñeiro fíxolles unha cunca de pao para que a xente depositara uns grans de millo ou centeo para que os parruliños poderán comer e medrar, e foran felices no seu fogar.

Fixéronse grandes e foron moi queridos pola xente que por alí pasaba,todos deixaban algo na cunca que sempre estaba a rebousar. Os parrulos tiñan os papos tan cheos que moitas veces parecía que estaban a piques de esbourar,e isto fixo que un deles xa non fixera nada para buscar alimento e converteuse nun auténtico preguiceiro: pasaba o día comendo na cunca e durmindo.

Os seus irmáns traballaban día e noite, xa que o muiñeiro propúxolles que limparan o chan do muíño de grans e fariña que había por tódolos recunchos, e así era unha maneira de gañarse o aprezo de todos os que por alí pasaban.

Estaban fartos do seu irmán, sempre co bandullo o sol e sen axudar nas tarefas de limpeza, de cando en vez discutían co preguiceiro recriminándolle a súa actitude.

Un bo día o preguiceiro decidiu poñerse mans a obra e púxose a limpar o caseto que lles fixera o muiñeiro para que se refuxiaran polas noite, cando chegaron os seus irmáns atopáronse todo relucente e o preguiceiro díxolles que el se coidaría todos os días de ter todo limpo, os irmáns puxéronse tan ledos que decidiron compoñerlle unha cantiga e esta dicía así: O que dixo que o noso irmán é un preguiceiro non ten razón,é un mentireiro. O que dixo que o noso irmán non traballa é un mentireiro e un canalla.O que dixo que tiña o bandullo que lle esbouraba que non nos dirixa a fala. Os amigos verdadeiros non contan mentiras, non son mentireiros. Esta cantiga cantábana todos os dias a primeira hora da mañan,antes de comezar a limpar no muíño.
Os parrulos, xa adultos, comezaron a poñer ovos que o muiñeiro aproveitaba para facer tortillas.
Un bo dia, un dos parrulos faltaba, estiveron buscándoo pero non o atoparon. Tardou vinteún dias en voltar ao muíño e ese dia chegou rodeado de seis parruliños pequenos,moi fermosos e agudiños, que ían nadando sen parar pola presa da ponte; eran a delicia dos seareiros que ían a moer o muíño.
Pasaron os meses e medraron ata que un mal dia,  apareceron uns cazadores coas súas escopetas para darlles caza. Os parrulos, que eran moi intelixentes, comezaron a voar escapando dos perseguidores, quen sabe onde marcharon, nunca mais voltaron a presa da Ponte Merced.

13/11/11

TORTILLA DE MEXILLÓNS - receita da Avoa


      Unha lata de mexillóns en escabeche.
    Dous ovos.
Unha  cebola.
Sal.
Perexil.
Maionesa.
PREPARACIÓN:
Escorrer os mexillóns.
En un bol  batelos  dous ovos.
Nunha tixola cunha cullera de aceite de oliva, sofreir a cebola, ata que estea dorada. Mesturamos a cebola cos ovos e botamos todo na tixola, xuntamente co perexil picado.
Cando os ovos comencen  a coxar, engadimos os mexillóns.
Dobraremo-la tortilla para que os mexillóns queden dentro da mesma  e non se saian, tostámola  polos dous lados. Sacámola para un plato e acompañámola con maionesa.

Datos personales