O RAPOSO FARSANTE
No monte de picos pardos habitaba un raposo, que os veciños, puxéronlle de nome farsante . Polas noite o moi bispado soia achegarse as aldeas para escoitar o rebulir das galiñas e galos nos galiñeiros. Cando xa deixaban as galiñas de cacarexar, el con moito disimulo, achegábase a porta por si esta estaba aberta, ou subía ao tellado por se podía ficarse por algún furado; tomaba todas as precaucións para non espertar o galiñeiro, ficábase dentro e ahí comezaba a súa festa. Unha noite ficouse no curral da casa da señora María na aldea da Landra; Esta boa dona tiña as pitas gardadas no curro como facía sempre polas noites, por medo a que viñera o raposo.
Alá pola media noite, escoitou o ruído dos galos, que botáronse dende o alto do xugo das vacas onde acostumaban a pasar a noite, con moito desespero e sen deixar de cacarexar, a dona que escoitou o barullo despertou ao seu home e díxolle: “ Xosé corre vaite o curro que anda o raposo coas galiñas”. Xosé botouse da cama e colleu unha fouce para ir en busca do farsante; prendeu a luz e no medio do curro atopouse ao raposo que tumbado no chan disimulaba que estaba morto. En vista de que non rebulía dixo Xosé: ” Enchícheste pero xa ves esbourouche o bandullo” Xosé voltou a cama comentoulle a súa dona o sucedido e entre os dous comentaron, (estívolle ven pois fartouse para sempre).
O amañecer, María foi mirar cantas galiñas matara e comera o raposo e o mesmo tempo leva-va un saco para ficalo dentro e tirar con el ao lixo; pero cal foi a súa estrañeza cando o raposo non estaba e as galiñas non faltaba ningunha, ela coméntallo o seu home, é iste cos veciños eo parecer era moi habitual neste rapóso facerse o morto para poder escapar e sobrevivir cando o collían dentro dos galiñeiros. Os seareiros entre eles comentaban e dicían fíxate iste raposo mira que é farsante, como nos engana.

No hay comentarios:
Publicar un comentario