22/12/11

BACALLAU CON MEL E CEBOLA CONFEITADA - receita da Avoa

Ingredientes para 4 persoas:
4 Tacos de bacallau desalado. De 150gr cada un.
5 Cebolas.
1 Culler de mel.
Aceite de oliva.
Bechamel.
ELABORACIÓN
Enfariñamos o bacallau, e fritimos nunha tixola ata que comeza a coller cor,sacamos e deixamos escorrer en papel absorbente. Noutra tixola con aceite de oliva fritimo-la cebola que teremos cortada en xuliana ata que estea ben tenra.Engadimos unha culler de mel e remexemos ata que este ben mesturada. Nunha bandexa de forno colocaremo-la cebola e por encima o bacallau,cubrimos todo cunha bechamel clara e metemos o forno a gratinar.Acompañar cun pemento confitado.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales