Ingredientes para 4 persoas :
4 pernas de pavo.
1 cebola grande.
2 dentes de allo.
Sal.
Pementa.
Aceite.
2 vasos de viño branco albariño.
100 grs de améndoas picadas.
300 grs de cirolas secas.
300 grs de castañas cocidas ou asadas.
PREPARACIÓN:
Primeiro salaremos cada unha das pernas do pavo e de seguido adubámola con pementa.
Poñemo-la cazola ao lume con abundante aceite, cando iste estea quente engadiremos as pernas e maila cebola pelada e cortada a tiras así como os dentes de allo, e os 2 vasos de viño albariño, remexéndoo todo durante uns 20 minutos.
Baleiramos todo nunha bandexa de forno, engadiremo-las améndoas picadas, meteremos no forno durante uns 15 minutos ao fogo de grill e 5 minutos antes, engadiremo-las cirolas e as castañas. As cirolas meterémolas en auga uns 10 minutos para que inche antes de utilizar. (consello: colocar a bandexa na metade do forno).
Un auténtico manxar, bo proveito.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario