18/12/09

A PITIÑA CURRUPELA


A GALIÑA COS SEUS SETE PITIÑOS

Despois de vinteún días que a pitiña Currupela estivo quentando coas súas plumiñas, os sete ovos, comeza abrirse e a saír os pitiños de color amarelo, moi agudiños un deles chamado Currupín correndo… correndo… vai a beber auga e os seus irmáns , Currupón e Currupes, van detrás pra beber eles tamén, e a súa nai Currupela comeza a berrar "non bebades esa auga esta moi fría e iádesvos costipar"; pero Currupin xa bebera e o cabo dunhas horas comeza atoparse mal. Refuxado debaixo das plumas da súa nai empeza toser e ten moitos mocos. A súa nai preocupada, decide levalo a un curandeiro con moita experiencia, chamado galo Crispin. Este dille que ten que obedecer a súa nai, que mentres sexa pequeniño non se separe dela e que durman todos xuntos así co calor de todos curarase de seguido. Currupela pregúntalle canto lle ten que pagar e o galo Crispin,repóndelle que cun bico dos tres pitiños el xa está mais que pago.
Currupes vai correndo e dálle o bico ,Currupin que esta o seu carón dálle outro e Currupón bótase a chorar, non lle quere dar o bico; A súa nai Currupela toda a avergoñada trata de convencelo dicíndolle que cando cheguen a casa, daralle para comer grans de millo. O final decide darlle o bico pero deseguido refuxiase debaixo da plumaxe da súa nai.

Cando van para casa, van cantando
Currupón…Currupín….Currupés… os pitiños somos tres,Currupón…Currrupín…Currupés…os pitiños somos tres.

Chegan a casa e a súa nai ponse a escarbar nunhas herbas diante da porta, en busca de comida. Currupón comeza a chorar e a dicirlle á súa nai que el quere os grans de millo que lle prometera había un anaco. Currupín e o seu irmán Currupés esgázanse a rir dicíndolle "eres un chorón". E mentres isto sucede Currupón comezar a correr ó carón da súa nai. Había catro pitiños mais pois eran os catro ovos que deixara Currupela abandonados para ir a curar Currupín. Todos contentos empezan a darlle nome os outros irmáns e deciden poñerlles Currupata, Currupote,Currupato e Currupete.
Todos moi ledos comenzan a cantar unha canción,
Currupón…Currupín… Currupés… Corrupata…Currupote…Currupato...Currupete que xa somos sete repiten isto unha e outra vez e así xogando o carón da súa nai foron medrando.
Currupón xa non chorou mais a súa nai deulles grans de millo a todos. Fixéronse grandes e foron todos moi felices converténdose na envexa do galiñeiro.


Para miña neta : AINA

Avó Alfonso.

19-12-2009

Chegada a Galiza

Ainiña miña netiña,
cantas ganas de verte eu tiña,
xa me contaron canto te rías
e so foron cartoce días.
Nesta túa terra chamada Galiza
chega a miña neta co seu sorriso,
moi ledos todos e ela tamén
celebramos a súa chegada por primeira vez.
Xa so me queda
pedirche cariño por esta aldea,
e amor por esta terra,
pois aínda estando lonxe, ela sempre espera.


26/08/2009 avó: Alfonso

17/12/09

Qué fermosa eres





A MIÑA NETA
Aina qué fermosa eres,
Canto me gustas
Canto che quero.
Chegaches moi leda,
ollos azuis
cariña de nena.
Soriso de paz
como as nenas da aldea.
Manciñas pequenas
que moito me apretan.
Que ledo me fas,
como moves as pernas.
Os teus choros soan,
alborada galega.
30-05-2009 avó:Alfonso

14/12/09

O galo gañador



“Hai galo que ben estás no medio de tantas galiñas” quen che ía dicir que gañaría-lo primeiro premio...Nin ti, nin os teus compañeiros podíadesvos imaxinar, que seriades visitados polas autoridades e expostos á tanta xente. Curiosos que non deixan de mira-las pernas azuis, o plumaxe e a crista grande e roxa , o máximo encanto o teu corpo.
Enxaugáronte pra que non te escapes, como se dun delincuente se tratara e todo o mal que ti fixeches, foi namorarte dunhas pitas nun galiñeiro sabe Deus onde... “ canto te votaran en falla”. Olla non acabes como case todo nestas datas do Nadal, primeiro cébante, vas a concurso, despois expoñente e o final acabas no pucheiro dalgún seareiro. Desexo equivocarme e poder verte o próximo ano concursando e gañando outro premio.

11/12/09

Beleza exterior


Nada mellor que adozarnos cos ricos manxares deste forno-docería e como non, contemplar a beleza da fachada, enriquecedora do noso pasado.

7/12/09

NADAL



Avenidas iluminadas, escaparates adornados e a petar de atractivos regalos, rúas cheas de xente cargadas de bolsas con compras, moitas delas sen sentido e con pouco ou ningún proveito; en definitiva manipulación e mais manipulación.Da a sensación que só comemos, e mercamos regalos por estas datas.Non sería mellor un consumo sostido que axudara a conservación e mantemento dos recursos deste planeta?
Loitemos por un consumo razoable e por unha mellor calidade de vida,non nos deixemos levar polas mensaxes publicitarias."Consumamos só aquelo que realmente precisamos".

PARADOXOS



A fotografía reflexa os paradoxos da vida"Non so de pan vive o home"Tamén de evitar os riscos laborais. Isto é o que está a facer no día de hoxe esta oficina, antiga panadaría.

23/11/09

Noites de inverno co tío Marcelino

Lémbrome daquelas noites de inverno, o carón da lareira, escoitando os contos do meu tío Marcelino que, sempre remataban ofrecendo cinco pesos o rapaz que dera unha volta arredor do cemiterio. Os cartos xa nos gustaban pero o medo podía máis e o meu tío esnaquizándose de risa, gardábaos no peto pra outra mellor ocasión.

¿Que teñen os cemiterios que tanto medo nos dan? a resposta é ben sinxela , manternos lonxe canto máis tempo mellor, pois tempo teremos de descansar neles e de atoparnos co tío Marcelino pero non coa moeda de cinco pesos que, a ben seguro quedou na casa, a morte é o que ten, non che da tempo a coller nin a levarte nada.

E todo isto pasaba quentándonos o carón do lume, mentres os homes da casa xogaban a brisca, as mulleres arranxaban a cea, os nenos carretabamos leña e o lume non deixaba de facer brasa, pra que o caldeiro dos nabos, cocera canto antes .


Nunha angarela, preto do caldeiro, atopábase colgando un aparello cadrado, que non tiña nome; Fora feito polo meu avó, aproveitando unha lata de pemento que se comprou pra mesturarlle á zorza e facer os chourizos,. Enchiamola de castañas, achegabámoslle lume e despois de non moito tempo, rematada a partida de cartas dos homes da casa e dalgún outro da aldea, comezábamos a degusta-lo magosto, sempre acompañado polo viño tinto, que se dicía: "é moi dixestivo". Os rapaces so podíamos beber un vasiño pequeno mesturado con auga e antes de ir a durmir, outro vaso, neste caso de leite.

Así que coa barriga chea, o lume dicindo adeus e a noite moi encima, ibamos todos pra cama ata o próximo día.

18/11/09

A CRISI PRA ALGUNS NON É CRISI

Como pódese ver, trátase dunha sucursal da caixa Castilla la Mancha situada onde non fai moito tempo, atopábase unha farmacia modernista.
Quero pensar que os directivos fixérono con toda a intención. Xa sabedes que onde houbo, sempre queda, así que as paredes aínda terán gusto de antibiótico e iso favorecerá tanto os traballadores da entidade coma os clientes: os empregados atoparánse en perfecto estado de saúde e poderán explicar con toda claridade os porcentaxes das comisions; O mesmo tempo, os clientes que entren enfermos sairán sans e salvos.Ben, ” ...O que é salvos…” salvar, salvámolos os españois, a esta entidade non fai moito, cunha aportación duns cantos millóns de euros.
Como se pode apreciar teñen bo gusto na ubicación da actividade.

O QUE QUEDA DA FARMACIA

Como pódese ver na fotografía, xa non se pode entrar a mercar medicinas; Dentro, temos roupa de abrigo que neste tempo, tampouco vai nada mal para protexernos dos fríos do inverno.
Neste caso parabens ó Concello, pois aínda que so é a fachada , protexeu un ben modernista, de incalculable valor.

8/11/09

Imaxinación


Davant del Palau de la Música, trobem una plaça que s'anomena
Lluís Millet, aquest és la seva denominació habitual, però algú ha estat creatiu i l'ha rebatejat, posant-li un altre nom dels clan Millet, en aquest cas, Fèlix, però substituint el seu cognom per Billet. (Com es pot observar en la fotografia).

A la persona o persones que responsables de tal enginy, els hi envio la meva felicitació, i jo, a més a més, afegiria de segon cognom
Pocavergonya.

Diante do Palacio da Música, atópase unha pequena praza, chamada Lluis Millet, pero alguén ocorréuselle, moi acertadamente, poñerlle o nome doutro Millet, neste caso, Felix, e ademais, cambiarlle o apelido por Billet "de billetes" (Como pódese ver na fotografía).

A persoa ou persoas responsables desta anécdota enxeñosa, a miña felicitación, pero eu ademais de segundo apelido engadiría
Caradura.



26/10/09

O home que mercaba case todo




Cándido foi unha personaxe polifacética e boa coñecedora das cousas que tiñan valor e das que non o tiñan. Mercaba de todo, pero a súa preferencia era o ouro, especialmente moedas, pendentes e reloxos, todo o relacionado con este precioso metal e tamén os santos vellos, tallas en madeira nobre e con traballos moi elaborados.
Viaxeiro incansábel percorría coa súa carteira de coiro tódalos mercadillos de España, dicía que o mellor atopábase en Barcelona, na Praza Das Glorias, chamado mercado do Bellcaire, comentaba que soia ser lugar moi frecuentado por xente doutros países que viña a mercar cousas antigas.

Iste home alto e corpuleto, era moi protexedor da Natureza, daba boa mostra de isto, no seu xardín, frondoso luar cuberto de moitas especies vexetais; por destacar algunha: buxos, acibros , loureiros e tantas outras, todas elas, hoxe protexidas. Aniñaban nelas toda crase de paxaros: xilgueiros, merlos, papos rubios, canarios etc, Lémbrome que debaixo dos buxos tiña os seus bancos pra sentarse a contemplar tanta fermosura paisaxística. Nun dos recunchos había unha mesa pequena onde poñía as pezas mercadas e con moita maestría, ollábao todo cos seus anteollos de prata.
As raiolas de sol que se colaban polo frondoso xardín facían resplandecer as moedas de ouro e os pendetes que soia mercar as mulleres das aldeas. Lémbrome que unha tía miña, tiña uns pendentes feitos de moedas de ouros que lle regalara un tío meu que estivera nas Americas. Cándido ofrecíalle mil pesetas por eles, pero a miña tía sempre dicía o mesmo, que se trataba dun regalo e non pensaba vendelos. Cada certo tempo intentábao de novo e así foron pasando os anos sen conseguir os preciados pendentes.

Cando mercaba algún reloxo, case sempre viña a ensinarllo o meu pai, coma o meu avó fora reloxeiro, Cándido sempre dicía que” onde houbo sempre queda “ e o meu pai constestaba que el de reloxos non entendía, que el tiña unha adega e era so,un bo coñecedor do viño.
Unha das veces Cándido trouxo ademais, un santiño pequeno que mercara en Valdeporrás; ofreceullo o meu pai para que lle protexera a adega, dicía que era San roque e o meu pai, que ía tódolos s anos a festa a Melide, dicía que non se lle parecía en nada. A venta non se fixo e o santiño foise co seu dono.
Pasadas unhas semanas chegaron pola aldea, outros mercaderes ben distintos: “os xamoneiros”, xente que viña a cabalo a merca-los xamóns. Como cada ano, feita a compra dos mesmos, tiñan parada obrigada na adega. Repoñían forzas con pan, chourizo, queixo e viño...pero a sorpresa foi cando vin colgando dos cabalos, entremedio dos xamóns, o santiño, que un distes homes lle cambiou a Cándido por dous xamóns. Xa vedes o que é a vida: o santo a protexe-los cabalos e os xamóns a protexe-lo bandullo de Cándido.

A súa muller María sempre dicía "iste home para pouco na casa", razón non lle faltaba pois a súa vida de mercader levábao de pobo en pobo, en busca daqueles tesouros que él tanto apreciaba.

Os anos foron pasando e Cándido, fíxose vello. Un día de inverno, lonxe do seu fogar e non preto do seu xardín, nunha das pousadas que facía servir para o seu repouso, ficou o carón da súa compañeira de viaxe: a carteira de coiro gastada polas andainas ó longo dunha vida.

6-06-2009

20/10/09

A Nugalla

 Cando eu era rapaz, preguntaba os meus pais que significaba ista pequena escultura de pedra, eles sempre dicían o mesmo, trátase da “nugalla” e de seguido engadían:"Fíxate ben, é unha persoa que ten unha man na boca e outra no cu, pois iso quere dicir que é unha preguiceira, non quere traballar, logo non pode comer e chámanlle “nugalla”.
Teño preguntado a mais dun crego e ninguén soubo darme resposta.
Penso que agora xa a teño, deuma un periodista e escritor: Josep mª Espinás.
Naquel entón era moi doado que nas igrexas e demáis construcións Medievais, os albaneis deixaran estas pequenas esculturas significando o desprezo polas persoas que lles pagaban míseros xornais. Como pódese imaxinar non tiñan outra maneira de protestar, había forte represión exercida polos poderes eclesiásticos.

Esta fotografía esta feita no exterior da igrexa de Alvidrón, na entrada, a Nugalla está a man esquerda, a altura do tellado.

11/10/09

Conserva de castañas


Primeiro: Preparamo-los potes de cristal, que sexan de peche hermético, eu adoito aproveita-los que mercamos con garavanzos ou outras legumes,. Teñen que estar moi limpos e esterilizados.Se non temos máquina de esterilización podemos facelo en auga fervendo, sempre con moita hixiene.
Asámo-las castañas, procurando que non estean queimadas .Se quedan pouco feitas tamén nos serven.
Sacámoslle-la cáscara e imos meténdoas nos potes que xa teremos limpos e esterilizados.

Segundo: preparamo-lo almibar:
1 litro de auga.
600 gramos de azucre branco.
1 cullerada grande de zume de limón.

Todo isto nun cazo ó lume ata que se disolva o azucre.Tempo aproximado uns 10 minutos.
Sen deixalo enfriar, verterémo-lo almíbar nos potes de cristal, onde xa se atopan as castañas. Débese deixar medio centímetro sen chegar a tapa e as castañas deben quedar totalmente cubertas polo almíbar.
Apretámo-la tapa e poñemo-los potes ó baño maría uns cinco minutos. A continnuación deixámolos enfriar. Gardalos en sitio fresco.

Unha vez abertos hai que consumilas.

O sabor é excelente e o tempo de conservación 12 meses.
A elaboración é moi sinxela e sirve para acompañar todo tipo de carnes en calquer mes do ano. Usar este produto é todo un luxo.
Que vos aproveite.

6/10/09

CALZOLAIO



Zapateiro remendón :Profesión que tende a desaparecer pero que a crise fai que volva rexurdir. Fai anos era un dos lugares máis frecuentados, atrévome a dicir mais que as tabernas, “quen non pasou por un zapateiro pra que lle arranxara algo”
Lémbrome dos cheiros característicos do coiro e dos tintes pois non deixaba a ninguén indiferente.
Foto foi feita en Italia.

5/10/09

Tempo de magosto



Como é costume a finais do mes de outono, primeiros de Samartiño, comeza a caída das castañas sacudidas polos ventos do noroeste e as choivas do inverno.
En tódalas aldeas de Galiza comezan as xuntanzas dos veciños pra face-los magostos en noites de serán, onde non faltan ademais das castañas, outros manxares como as rosquillas, as filloas ...Todo regado pola chegada do viño novo."Noite de troula e lembranza".
Pódese observar nesta fotografía que os ricos manxares non teñen fronteiras, neste caso trátase dun posto de venta nunha ciudade centro Europea, eso sí, non son castañas Galegas e o que as fai non é de Seoane.

2/10/09

A BOCA DA VERDADE



Esta cara redonda de marmól, chámase A BOCA DA VERDADE atópase na Igrexa de Santa maría de Cosmedín en Roma, din que se utilizaba na época medieval pra castigar as persoas que habían delinquido.Facíanlles meter a man na boca, se non dicía a verdade, a pedra cortáballe a man.
Estou a recordar aquel dito que moita xente tira a pedra e esconde a man, nesta lenda o contrario metes a man e a pedra coidase de cortala.

Din dos galegos...




Din dos Galegos que cando nos atopamos nunha escaleira non se sabe se subimos ou baixamos.Pois neste caso podo asegurarlles que baixa.NON TEÑAN NINGUNHA DÚBIDA.

17/9/09

Moita Imaxinación



¿Que fixeches pra que te escondan? Quizais non tes o atractivo doutros!
Que inxusta é a vida, tantos anos aprobeitándose de ti e agora que vas vello e a vestimenta xa non luce, escóndente, franqueado por uns bloques de cemento, coma se de guardians se tratara,pra non deixarte rebulir.Parece que so os catalogados e ben feitos poden exhibirse e ser fotografiados polos mais entendidos.

Opinión: Hai cousas que estan mellor escondidas que a vista.

22/8/09

Visita ao Mercado Medieval en Agolada




Punto de partida: LAR DOS AVÓS.

Sistema recomendable: En bicicleta ou en coche.
Tempo estimado en bicicleta (ida e volta) 2 horas e media
Distancia aproximada: 30 km, ida e volta.
Cobertura telefónica boa.

Partimos da aldea de Alvidrón (LAR DOS AVÓS) dirección a Antas de Ulla,nesta vila colleremos a dereita pola N-640 con dirección a Pontevedra. O pouquiño de deixar as derradeiras casas de Antas, con 4 km percorridos, a nosa esquerda atópase o pazo de Vilane. Pouco despois chegaremos ó lugar de Castro de Amarante, (km 5,5 ) (berce dos Condes do mesmo nome) seguindo po la mesma estrada a esquerda podemos observar a Fortaleza de Marante.
E seguindo pola mesma estrada N 640 chegaremos ao límite das provincias de Lugo e Pontevedra na serra do farelo.Unha vez metidos na provincia de Pontevedra pasaremos pola aldea das Trabancas e deseguido nos atoparemos na vila de A golada,xusto no medio do pobo atópase un cruce onde nos indica a man dereita Melide, debemos de coller a esquerda pra adentrarnos no pobo, deseguido topamos unha praza con unha fonte no medio, en frente o edificio do Concello e a nosa esquerda o mercado medieval.
Voltaremos polo mesmo itinerario ao lugar de orixe.LAR DOS AVÓS.

30/7/09

O Ceo non fala galego



En Galiza é moi doado ver necrolóxicas, nas árbores, cruceiros e lugares de paso de veciños, anunciándose o falecemento ou cabo do ano dalgún parroquiño.
Pra xente de fora, este uso é moi rechamante. Estou a lembrar o libro de Josep Mª Espinás "A PE POR GALIZA" onde fala, entre outras cousas, do sorprendente que foi pra el atoparse cunha necrolóxica, colgada dun carballo, no campo da festa de Santa Mariña. Aproveito pra recomendarvos este libro, pois trátase dun percorrido por diferentes Concellos, pero básicamente das andanzas do autor pola Comarca da Ulloa.
O que si me chama atención é que so vexo necrolóxicas editadas en castelán, como se Deus non entendera a nosa lingua e nós tivéramos medo a ser condenados ao inferno.
Estou a pensar que a normalización lingüística non chegou as funerarias nin as celebracions propias da Igrexa, dígase misas, casamentos, bautizos,comunions etc.
Confeso, sí, rezo pouco, pero penso incrementar as oracións, pra que no Ceo poidan facer un curso básico de Galego,que nos permita entendernos con Deus, na procura de alcanzar a vida eterna, que no meu caso boa falta faime.

28/7/09

SAN IAGO - DIA NACIONAL DE GALIZA




Miña terra,miña terra, terra donde meu criei,
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei,

¡Adios groria! ¡Adios,contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso

por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen poidera no
n deixar...!

Que fermosas verbas de Rosalia de Castro pra unha ocasión coma hoxe, día grande na nosa Terra, patria de tódolos Galegos: Pra os que viven nela, están a gozar das pasarúas, dos gaiteiros, orquestras e outros animadores, pra os que están fora, canta tristura por estar lonxe dela,nun día tan sinalado.
A ti, San Iago, fágoche un pregunta: porque escolliches esta terra pra quedarte? Non mo digas, xa o sei, a tranquilidade e bondade desta xente fixeron o acougo da túa alma e o repouso do teu corpo. Canta envexa me das, patrón, eu non quero ser menos que ti, desexo que o meu corpo repouse tamén nesta miña terra.
Sempre escoito nas homilías que che piden moitas cousas, entre elas que ilumines o camiño dos gobernantes (non te deixan descansar nin despois de morto). Eu tamén quero pedirche que coides dos galegos e galegas, moitos deles polo mundo adiante en procura dunha vida mellor, seguramente porque o camiño que lle iluminaches aos gobernantes foi en proveito propio esquecéronse de tódolos paisanos, deixando que os homes e mulleres deste pobo aínda teñan que emigrar lonxe deste País chamado GALIZA.

NO DIA NACIONAL DE GALIZA- VIVA A NOSA TERRA.

25-07-09

9/7/09

Cocido Galego

Ingredientes para seis persoas:
1kg de falda de tenreira.
1 orella de porco.
1kg de lacón.
500grs de costela de porco salada.
4-o-6 chourizos.
Media cacheira de porco.
1 polo cortado en catro cachos.
1 repolo "verdura de 1,5kgs" tamén pode ser de grelos.
500kgs de garavanzos.
2-3 patacas por persoa.

Preparación:
O día de antes, poñeremos en remollo o lacón, a orella, a costela e a cacheira do porco.
Dúas ou tres horas antes, poñeremos, nunha pota grande, auga a ferver e meteremos tódolos ingredientes menos os chourizos, as patacas e a verdura. Os garavanzos metémolos nunha bolsa e poñerémolos a cocer,conxuntamente, coa carne.
Segundo se van cocendo ímolos sacando á unha fonte.Cando teñamos todo isto cocido e na fonte,a auga deste caldo agregámoslla aos chourizos e a verdura, media hora máis tarde ás patacas,pasada unha hora máis ou menos, xa estará listo.Apagámolo lume e metemos durante cinco minutos tódolos ingredientes na pota.
Finalmente para presentalo na mesa: Sacámolos ingredientes e poñémolos en diferentes fontes, por exemplo as carnes de porco xuntas,a de tenreira e polo noutra fonte, os chourizos conxuntamente cos garavanzos e as patacas soas noutra fonte (Como se pode ver na fotografía) Recoméndovos facelo no inverno, pois leva moitas calorías.

30/6/09

Noite de San Xoán


Noite máxica:Lémbrome cando eu era rapaz que a véspera do San Xoán, pola tardiña, o axetreo comezaba pra busca-las herbas que alá pola mañanciña nos axudarían a face-la fogueira. As herbas: Ramas de figueira, de nogueira, de castiñeiro, fiúncho, seoanes, sabugueiro, loureiro, fentas, espadañas e algunha máis que os anos xa non me deixan lembrar.
Todas elas facendo unha boa morica deixábanse toda a noite ó resío. Pola mañanciña o aviscar do día e diante das portas,cunha presa de leña miúda, facíaselle lume enriba, botábanlle-las herbas verdes e molladas do orballo da noite.
De contado, comezaba a saír fume agrisado moi oloroso que enchía-los espazos de fume; Trancábanse-las portas e deixábase que os malos espíritos e outras alimañas, desapareceran,,así durante o ano quedabamos libres de todo mal.
Outro costume era que se deixaban as palanganas cheas de auga con flores de sabugo e pola mañá o primeiro que se facía era lavarse a cara con esa auga. Dicíase que a pel, durante o ano, estaría moi fermosa e libre de engurras.
Pois ben, hoxe pra combate-las alimañas,seguramente as herbas xa non sexan un bo remedio. O que teño seguro e o de lavarse na auga con flores de sabugo,coida a pel tanto o máis que moitas pomadas que venden nas boticas, “maden in China”,composición “vai ti a saber”.
Canto sabían os nosos ancestrais! Déanse conta que tódalas herbas son de árbores que teñen aplicacións curativas e preventivas.
Hoxe en día fanse fogueiras cos restos de enseres da casa,todos eles que espallan moita contaminación, fogueiras que queiman toda a noite, toneladas de pólvora en petardos que desprenden á atmosfera cantidades enormes de residuos, que a nosa nai "Natureza" vaille custar moito eliminar,e que dicir do ruído que todo isto produce.Sinxelamente penso que estamos tolos.
Desexo que os rapaces de toda Galiza, segan a manter a tradición da queima das herbas, primeiro por ser un costume que nos identifica coma pobo, segundo, por tratarse dun feito nada contaminante e agresivo e terceiro, porque agasallamos á nosa nai "Natureza" cun perfume único.

23-06-2009

25/6/09

Polbo á Feira




INGREDIENTES (4 persoas)

1 Polbo de 2 kg (mellor conxelado)
Aceite de oliva de 1 grado.
Pemento picante.
1 folla de loureiro.
Auga.
Sal.



PREPARACIÓN

Sacámo-lo polbo un día antes do conxelador.Poñemos ó lume unha pota con moita auga e unha folla de loureiro. Unha vez comeza a ferve-la auga,collémo-lo polbo pola cabeza e metémolo e sacámolo tres ou catro veces da auga (ter coidado de non queimarse). Xa veredes que os tentáculos encollesen facendo unha forma de estrela.
Despois de todo isto, deixaremos que coza aproximadamente uns trinta minutos (de cando en vez, comprobaremos cun garfo, como está de cocido).
Unha vez estea cocido,sacámolo da auga. Presentarémolo nun prato de madeira e axudados por unhas tesoiras cortarémolo en rodaxas.
Escurrimo-la auga que vai soltando e finalmente, aderezamos con pemento picante, sal gorda e moito aceite.
Tamén se poden ferver unhas patacas e acompañalo das mesmas.
Listo para manxar,"bo probeito"

14/6/09

MEIGAS

Cando eu era rapaz, escoitaba aos vellos falar das meigas. Estoume a lembrar dun home que facía de muiñeiro na Ponte Merced e que polas noites, cando regresaba a súa casa, contaba que, case sempre, se lle aparecía algunha. Explicaba, con todo luxo de detalles, como a boina escapábaselle da cachola e non podía suxeitala coas dúas mans, dicía que a meiga impedíalle camiñar, que non o deixaba adiantar nin un metro, máis ben o contrario, que camiñaba pra atrás como os cangrexos.
Eu tiña curiosidade por toparme con algunha meiga, sempre imaxinei que se trataba dunha muller vella,vestida de negro e con un pano do mesmo cor.Pero unha cousa é o que che contan e outra o que ven os teus ollos… polo que decidín saír de dúbidas e acompañei o muiñeiro unha noite. Fun ó muíño alá á postura do sol e pra que el non sospeitara levaba un caña de pescar facendo ver que viña das troitas, esperei que o muiñeiro pechara e decidimos regresar pra casa. A uns trescentos metros atopábase a taberna do vila e o muiñeiro decidiu tomar unha copa de augardente, pois en verdade, ía moito frío, e esta era a maneira de repoñer enerxía pra camiñar os dous quilómetros que nos separaban dos nosos lares. Unha copa, outra e outra…así non sei cantas máis bebeu. Xa eran cerca das dúas da mañá e finalmente, puxemos pes ó camiño. Cando chegamos ó Monte Largo, o muiñeiro comezou a dicir que a meiga non o deixaba camiñar,e empezou a ir pra tras e o mesmo tempo, caeu sentado na cuneta da estrada. Axudeino a levantarse e o poñerse de pe dixo “que forza ten carallo! debe ser máis dunha meiga!” Así fomos tódolo camiño. Tiña razón, era máis dunha e de seis, tamén diría eu! Medio litro polo menos da augardente. Saín de dúbidas, cantas meigas nos fai ver o alcohol? “ Din que habelas hainas”.
27-05-2009

8/6/09

Empanada de Atún


INGREDIENTES

Recheo:
2-3 cebolas
3 pementos verdes ou vermellos
1 tomate
1 ovo
500 gr.de atún

Pra masa:
700g de fariña
Lévedo
Auga
Aceite
Sal


PREPARACIÓN

Pica-las cebolas, os pementos e o tomate en dados pequenos, fritir todo nunha tixola con un chorro de aceite de xirasol, engadindo sal. Cando estea medio fritido sacámolo do lume.
Nun bol poñeremos 700 gramos de fariña, engadiremos un sobre e medio de fermento calquera lévedo nos serve. Mesturamos ben. Nun cazo teremos auga quente mesturada con dúas culleradas de aceite e un pouco de sal. Remexemos ben e imos amasando a fariña. Deixamos que a masa levede durante unha hora e despois repartirémola deixando un pouco máis pra parte de abaixo, enténdese que terá que aguantar máis peso.
Collemos a bandexa do forno e espolvoreamos-lle a fariña para que non se nos pegue.
Axudados con un rodete de madeira estenderemos a masa e colocarémola na bandexa do forno con moito coidado para que non se nos rompa. Con un coitelo cortaremos aquela masa que nos sobra arredor da bandexa.
Baleiraremos o fritido da tixola na masa e estenderémola. Faremos o mesmo co atún e podemos engadir atún de lata, hai que escorrer o aceite.
Estenderemo-la masa da parte darriba e con coidado poñerémola, tapando, o atún .Cos dedos collendo a masa de baixo,xuntando e apertar coa darriba faremos como un cosido todo o arredor.A continuación furaremos no medio da masa pra que poidan saír os vapores. Finalmente, batemos un ovo e con un pincel pasámoslle á empanada.
Meterémola no forno a uns 220-250 grados,lume por abaixo e por arriba durante uns 40 minutos,de todas maneiras mellor ir controlando o tempo cada un en función do seu forno.Deixar que repouse despois de feita, dúas horas.

26/5/09

Aldeas

Son un núcleo de poboación que se non recibe, cariño e comprensión, por parte da administración tenden a desaparecer. Se levantaran a cachola os nosos antepasados… unha de dúas ou volven morrer ou córrenos a paus, pois tantos recordos e tanta vida vivida, séculos e séculos compartindo de todo o carón dos veciños, casas de pedra, fermosas lareiras,noites de serao, moitas lembranzas…
Como podemos esquecernos destes recunchos que foron os piares da nosa existencia ? Din que “ he de mal nacido non ser agradecido” tanto esforzo dos nosos avós e dos nosos pais,por manter o que herdaron dos seus antepasados, e nos mirando as casas como se topan despidas, sen fiestras, sen tellado, chovendo dentro e o peor, moitas xa no chan. Vaia por Deus! onde nos leva o mundo de agora! a comprar un piso e vivir nun espazo no aire coma se foramos paxaros engaiolados.
Penso que estamos nun erro xa que non hai casa en Galiza que non teña unha palleira e un horto pra poder gozar dunha barbacoa coa familia ou amigos.
Non deixedes que outros que veñen de fora nos arrebaten o noso patrimonio, son os que escapan dos espazos no aire, eses que non queren vivir nun galiñeiro, os que buscan calidade de vida. Non deixemos perder a nosa realidade cultural .

25/5/09

Desputa por unha fermosa moza

Todo isto sucedeu alá polo ano 1905 nunha aldea galega de nome DOREDOUBI, con dous irmáns protagonistas desta fermosa historia, chamados LEINAD e SIONIDIO estes dos irmáns pertencían a unha familia adiñeirada, donos de varias propiedades.
Por aquel entón, era moi común que nas casas adiñeiradas ademais dos caseiros, tiveran xente servindo, quero dicir os mal chamados criados.Nesta casa atopábase unha rapaza a servir chamada NALICEMAR, como poden apreciar, o seu nome non e do máis rechamante, ela si o era pola súa fermosura.
Esta rapaza fora sacada da inclusa “lugar onde deixaban os nenos abandonados”, na maior parte dos casos estes nenos eran fillos de mozas solteiras, NALICEMAR eran unha delas,fora sacada por unha muller moi probe pero naquel entón o que recollía un destes nenos dábanlle unhas cantas pesetas e moita xente sen escrúpulos sacábanos pra despois poñelos a servir. Desta nena, dicían as boas ou malas linguas, que fora filla dun Crego, seguramente fora certo pois isto dábase moito por estes lares,seguramente mais dun temos vínculos eclesiásticos.
Pois esta nena medrou con esta familia traballando nas labores da casa. Dos dous irmáns, SIONIDIO estaba a formarse no Seminario, era costume que as familias máis podentes tiveran un dos seus membros a estudar e a poder ser, que saíra Crego, xa que era unha maneira de dar mais renome a familia, acrecentando o estatus familiar.
A rapaza faise moza e comezan os dores de cachola pra os irmáns LEINAD e SIONIDIO. Gústalles aos dous e non é pra menos, cos vinte anos recen cumpridos, ollos azuis e un corpo fermoso quen se resiste a tal tentación? Os dous pretenden convencela do seu namoramento, pero ela móstrase receosa pois sabe que o pai deles que se chama como o seu fillo, LEINAD, non ve con vos ollos que a “criada” se namore dun dos fillos e forme parte da familia. Entón, trata de convence-los fillos pra que desistan e aconséllaos que se casen cunha muller adiñeirada coma eles, e con terras, posto que estas, daquela eran moi valoradas.
SIONIDIO que está a piques de ser investido Crego, pero e tal o namoramento que sinte por NALICEMAR que proponlle que se ela o quere, el deixa o Seminario e casase con ela. NALICEMAR nunca o demostrara, pero estaba moi namorada e sen pensalo dúas veces, dálle unha aperta e dille que o seu amor esta o carón do seu.
Decide SIONIDIO contarllo o pai e pedirlle permiso pra casar,o desgusto do pai é tan grande que non dan crédito as súas palabras, como pode ser que unha persoa a piques de ser nomeado discípulo de Deus, deixe todo polo amor dunha muller? e ademais, é a criada da casa! pero e ben certo que amor non entende nin de Deus ni de cartos, dise do amor, que é cego, estou ben convencido é cego… pero fermoso.
LEINAD pai, cóntallo ao outro fillo chamado como é,l este levase un desgusto de morte pois o amor da súa vida vaise co seu irmán. Deciden falar con SIONIDIO pra convencelo de que desista pero a firmeza deste non fai máis que afianzar o seu amor por NALICEMAR. Dánse conta que non hai nada que facer, so deixalos co seu amor. Finalmente, celebrase o casamento, pero só vai a familia, foi un casamento de probe na casa dun rico.
Ó día seguinte, o pai de SIONIDIO , reúne aos dous fillos e faille saber o recen casado que lle deixa como herdanza os bens da aldea de GARCEMAN, e que se quere xa se pode poñerse en contacto co caseiro e contarlle o acaecido: facerlle saber que el xa é o dono.
SIONIDIO colle a muller e a equipaxe, e múdanse á aldea de GARCEMAN. Alí fanlle saber o caseiro que deixará de traballar as terras o próximo ano, porque traballaranas eles.
Mentres SIONIDIO fai de mestre pra os rapaces da aldea e así gañar uns ferrados de centeo ou de millo, NALICEMAR atende as labores da casa. De seguido queda embarazada e nace un neno que lle puxeron de nome SUSXE; O pouco tempo, chega outro embarazo e así ata cinco neste último e con pouco máis de trinta anos, a morte levaa pra sempre, e con ela, os dous nenos recen nacidos.
A tristura embarga a SIONIDIO chora día e noite, pois o amor da súa vida deixábao para sempre, pero él, sabia que tiña que seguir loitando posto que quedaban catro nenos pequenos,o maior de dez anos, SUSXE, tería que axudar o seu pai, como non podía ser doutra maneira.
A raíz deste suceso a familia que durante varios anos non se había acordado de SIONIDIO comezan a botarlle unha man e deciden levar aos nenos máis pequenos con eles,e así o fixeron, uns foron pra DOREDOUBI e outros pra SALOUDELA .
Pasado un tempo, SIONIDIO refai a súa vida casándose de novo, e os seus fillos regresan con el, ao fogar de sempre. Da segunda muller ten catro fillos mais, e os oito conviven baixo o mesmo teito en harmonía.
Pra rematar contareivos que o protagonista desta historia morreou no ano 1963. Descanse en paz ó lado das súa primeira muller onde foi enterrado, na parroquia de Prepoulavi.

23/5/09

Xan do Caínzo e Marica da Choupela

Esta historia que lles vou contar aconteceu alá polo ano 1850 nunha aldea moi coñecida chamada Bradegafeita.
Xan que tiña 41 anos, vivía cos seus país de toda vida, era fillo único e moi querido e apreciado polos veciños, pois aínda que non era moi espelido, todo isto quedaba compensado coa súa boa vontade pra axudar os demais, se Xan ía á taberna e lle encargabas calquera cousa, faltáballe tempo pra deseguido chegarche con ela, xa non digamos coas labores do campo sempre disposto a votar unha man, posto que sempre presumía que él araba moi dereito, e sementaba coas dúas mans, o certo é que ningunha das dúas cousas se lle daba ben, xa que o estrabismo que tiña no ollo dereito, facía que mirara pra tódolos lados menos pra onde tiña que mirar.
Marica era unha muller da mesma idade que Xan, vivía tamén cos seus pais, tiña dúas irmas Gumersinda e Rufina. Marica era pouco agraciada no físico, pero atrevida cos homes,a xente da aldea xa dicía dela que era moi lixeira, xa que tiña un fillo de solteira. Na aldea estaban divididos: uns dicían que o rapaz era igualiño co crego e outros que era o vivo retrato dun cerralleiro que tódolos meses viña a tapa-los buratos das cazolas,e algún outro burato sen ser de cazola; O certo é que Marica case sempre rodeada de homes, escoitábaselle os risos dende a outro lado da aldea.
Xan namorado de Marica, proponlle casamento. Ela dille que sí pero Xan debe falar co seu pai pra que o deixe casar. O pai de Xan, chamado Xeneroso, sempre dicía que sería do seu fillo o día que eles morreran, pois coas poucas luces que tiña: ”morrerá de fame”.
Xan ocorréselle falar cun veciño chamado Nisio que era para él unha das persoas máis capacitadas da aldea, posto que naquel entón, este home xa estudara o bacharelato, moi falador e con boa expresión ninguén mellor pra convencer o seu pai. Nisio ponlle como condición ir pola noite e deberá de ter unha ola de viño pra facer máis levadeira a conversa e o mesmo tempo, cando Xeneroso leve bebidas unhas cantas cuncas de viño de ben seguro dará o seu consentimento o casamento do fillo. Dito e feito, esa mesma noite van a falar con Xeneroso, comezan a beber no viño, a contar contos, a cousa vaise alargando, a noite vai pasando e ninguén ten en conta o casamento. Xan preocupado comeza: “ calar… calar… botan bombas debe de haber algún casamento”, entón Nisio venlle o recordo e dille o pai de Xan, ”Xeneroso, eu veño aquí a falar contigo pois o teu fillo quere casar,” sen deixarlle acabar di Xeneroso: “o meu fillo Xan aínda e moi xoven” , Xan furioso contestou “pai teño 41 anos” e o pai engadiu : “sí, pero aínda tes quen che lave a camisa”. Entre tira e afrouxa, Nisio convence o pai de Xan. Finalmente acordase a data do casamento e faise saber a tódolos veciños.
O día do casamento, xuntouse moita xente pra ver o acontecemento entre eles atopábase o cerralleiro, axudaba na cerimonia como sancristán o fillo de Marica. O darlles a bendición dixo o crego: “ eu vos bendigo no nome do pai e do fillo”. O cerralleiro, moi ledo engadiu: “ menos mal que xa se sabe de quen é o rapaz”. Os veciños, á saída da igrexa, cantáronlles unha canción que comezaba: “Casouse Xan do Caínzo con Marica da Choupela, él era un home de ven e ela tamén o era. Con estes dous pra casar, xente de sete parroquias viñémolos acompañar, agora xa se acabou, felices sexan os dous”.

18/5/09

Virusparo

Canto se está a falar do virus A como lle chaman agora! Eu non entendo de virus polo que non teño receita pra medicalo, penso senón seria mellor falar doutras cousas, se ben é certo que esta é moi importante. De momento, xa temos o medo no corpo e sen vacina, din que tardara uns cantos meses. Penso eu, qué faremos mentres? Ocorréseme unha cousa: e se nos déramos fregas cos recibos do banco da hipoteca que non podemos pagar? Quen sabe, o mellor servíanos de protector, ademais pra aforrar pagar a quen nos las dea, ocorréseme que nas colas do paro, comece o último, o seguinte e así sucesivamente ata chegar ó funcionario que nos atende, estariamos ocupados e non habería pelexas por se-lo primeiro. Estou a pensar: quen llas da o último? pois non pasa nada, que volva o día seguinte e así será o primeiro. E se nos rompe o recibo de tanto fregar? Non temos porque preocuparnos, as compañías da luz, agora, mándannolo tódolos meses. Por si isto fora pouco, facenda erra nos cálculos e mándanos o borrador o seu favor, entón temos que pedir outro, as compañías de telefonía, as do gas , as da auga, o imposto de circulación o seguro da casa e do coche, os dos mortos… como poden ver, papel non nos falla! Poderiamos empapelarnos todo o corpo e aínda nos quedaría papel pra a máscara.
Non sei, o mellor estou dándolle ideas ao goberno e con todo isto aforrase a vacina.
Algo terán que facer, xa que os virus son tantos… hai un que me preocupa moito, pois e dos que muta ,eu chámolle eurovirus, pero non vos preocupedes, este so afecta aos billetes de 500 euros, e tamén as persoas con poucos escrúpulos, nada que temer nós, os traballadores, este non incuba en xente con pouca ou ningunha prestación social, traballadores con conxelación salarial “mil euristas, nada que temer!” Dádesvos conta das vantaxes que temos os desta crase social? A ben seguro, somos a envexa dos políticos e da patronal.
02/05/2009

O Gaiteiro de San Xusto

Fai uns 50 anos que na comarca da Ulloa e máis alá dos seus límites, era moi coñecido por tódolos seareiros, este home pequeno de sorriso fácil e de cor moi grande, que coa su gaita de folk de baixo do brazo, amenizaba as festas do arredor,neste caso a do San Brais no mes de Febreiro, case sempre acompañados dun manto branco de neve.
Lémbrome de que non viña so tratábase de un trío composto por dous dos seus fillos, de moi corta idade, que co bombo e a pandeireta facían a percusión,chamábame moito a atención con que destreza e cariño trataba aquel home os seus meniños, vestidos con moita elegancia como non podía ser doutra maneira pra tal ocasión,tocaban día e noite sen parar.
Para as Angustias no mes de Agosto non faltaba nunca este gaiteiro na casa de Guerra de Vilapoupre, pois o meu parente, Suso, fiel defensor do noso folclore, alá pola media mañá ía a recollelos no seu coche “Gordine”, as doce tocaban unha foliada diante de cada casa pra rematar a saída da misa alá polas tres.Despois a xantar e pola noitiña a continuar coa festa.
Con estas palabras so pretendo facerlle a miña humilde homenaxe a este home que dende o mais alá estará a ver que a súa obra continua, seguen os gaiteiros séguese a toca-la Muñeira de Chantada. E quen sabe…o mellor o gaiteiro de San Xusto está a dar crases de gaita no ceo. ”Unha boa persoa”.
8-o5-o9

Día das Letras Galegas

Hoxe, día das letras Galegas non faltan homenaxes para os nosos escritores por parte da crase política, recoñecemento mais que merecido pois eles son os transmisores da nosa lingua, utilizándoa e dando a coñecer a nosa riqueza cultural. Dende aquí grazas, unha aperta e ánimos pra seguir. Pero non quero esquecerme daqueles que considero foron os pioneiros en tempos difíciles coma Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Domingo Fontan, Asorey e deixei para o último, o que quizás pódese considerar o primeiro: “Castelao “, que pola súa forma de pensar foi desterrado da súa terra. A tódolos mortos que deus os teña na gloria e os vivos moita saúde pra seguir a obra que outros empezaron, ben seguro que me deixei moitos sen nomear para todos eles, grazas…moitas grazas.
Déixeme lembrarme dunha persoa que nos deixou fai anos, non sabia ler nin escribir pero o amor pola súa terra e o saber facer das súas mans, facían a delicia dos camiñantes e sementeiras, estou a falar do zoqueiro e cesteiro Anxel de Ron, para él e outros coma él, nesta data, a miña humilde homenaxe.
17-05-2009

13/5/09

Tempos pra non esquecer

Foi moi común en Galiza que as xentes das aldeas, foran nomeadas non polo seu nome, se non por alcumes que identificaban as súas casas e persoas.
Farei recordo dalgúns desta comarca, moitos xa non están en uso e outros aínda se manteñen:

O TIU FARRUCO
O PARRULO
OS CACHOLANS
O TIU CANEIRO
O GARULO
OS CAÑOTAS
OS VILLARAVIDE
OS FORZAS
OS ARMAS
OS PALLOTAS
OS DA LAMA
OS DO REI
OS PEDROSOS
OS CARDEIROS
OS CACHEIRAS
OS DO CANIZO
OS DA FORXA
OS DE MINGOS
OS DE ROÑA
OS DO CAINZO
OS CALABRAS
OS DA COSTA
OS PIDROUZOS
O CARALLAN
OS DA PICOUTA
OS GAREAS
O TIU ROMEIRO
OS DE OUTEIRO
O ESCARABELLO
O ZOQUEIRO
O TIU XENEROSO
OS PERNAS
OS DO XASTRE


E así podíamos estar días recordando a milleiros de alcumes.
Dende esta páxina o meu máis sinxelo e agarimoso agradecemento. Unha aperta a todos os que seguen mantendo viva a nosa cultura.

11/5/09

Cruceiros de Galiza

Atópanse nos cruces dos camiños, ó pe das igrexas. Son patrimonio cultural da nosa terra, é un monumento moi enraizado, esculpidos en pedra, atópanse moitos e de diferentes imaxes.
Fálase de que pasan de 10.000, as súas orixes remóntanse o século XIV. Agora tamén se poden ver algúns exemplares decorando os xardíns de casas particulares.
Este da foto pertence a parroquia de Alvidrón,no concello de Antas de Ulla,moi preto do LAR DOS AVOS.

Bendicir todo ou case todo

Fai anos en Galiza non só se bendicía os nenos cando nacían.Todo ou case todo pasaba polas mans do crego, se non se podía ir a igrexa, o seu pastor achegábase onde fora preciso,sen auga bendicida non queda bicho vivente; pois a pía sempre estaba chea e disposta a levar paz os seus fregueses. Era moi usual que cando se remataba unha casa fora o crego a bendicir, bendicíase as vacas, os porcos e toda crase de gando. Comprendo que a bendición chegara o gando pois de ben seguro que máis dun lacón, ou un polo cebado, paraba na casa do crego. Entendo que él tivera tanto interese pois eu non me podo imaxinar comendo tal manxar sen a correspondente auga bendita.Cando se entraba na igrexa, o primeiro dos veciños, cos dedos e a man mollada, pasáballa os que viñan detrás.Moitas veces esa paz non chega, pois as disputas polos lindes das leiras era máis forte co poder de Deus.Acabado o protocolo cada un metía a man e levaba a bendición para él mesmo,sen compartir con ninguén,eu que fun aspirante a sacristán podo dicir con certeza que polo menos unha das mans ía máis limpa. Cada certo tempo tiñamos que cambiar a auga non por falta de ela,senón por chea de merda; sempre pensei que seria mellor lavarse na casa, pero pra gañar o ceo tense que estar limpos por fora e por dentro.

4/5/09

O día de Reis

Cando eu era neno, estou a falar de fai moitos anos os reis, que por certo eran moi probes, tiñan verdadeiras dificultades pra chegar aos nosos fogares, os camiños de terra e lama facíanse intransitables, a todo isto tiñan que engadirlle que a luz eléctrica non se coñecía, non porque non existira, senón porque os que nos gobernaban non tiñan a ven dotarnos de tal avantaxe tecnolóxico.
O candil e a luz de carburo foron durante moitos anos o nosos compañeiros de nocturnidades.
Daquela cando o Galego ofrecíaselle algo, tiña que velo e tocalo “non se sorprendan” pois entón tiñamos moito máis desenvolvido o tacto e a vista que o resto dos mortais, sen luz, a escuras, tense que palpar e abrir moito os ollos.
Pois a que ven contar todo isto, imaxínense vostedes a os reis, facendo o reparto unha noite de inverno,con todos estes inconvenientes. Lóxicamente e con moi bo criterio,deixaban nas mans dos seus axudantes o reparto, distribución e confección de guantes, calcetíns, jerséis e un puñadiño de figos, galletas e unhas cantas rubias, moeda de curso, antiga chamada peseta.
Hoxe os camiños están arranxados, temos luz aínda que sexa con pouca forza, así que os reis xa non teñen escusa para poder facer eles as entregas dos xoguetes. Dubido se na actualidade os Galegos temos os ollos abertos ou pechados.

28/4/09

CHINGADO

Naceu alá polo ano 1890, nunha familia de nove irmáns, estudou no colexio de furelos,e aínda que a su casa estaba o carón da igrexa,a relixión non foi o seu prato forte,sempre dicía que non comulgaba coas súas androminadas. Isto de ser unha ovella descarrilada nunca foi do agrado da súa familia, polo que tivo mais dunha doenza da cachola.

Recen cumpridos os vinte anos,e coa rebeldía que tiña no corpo,como non podía ser doutra maneira,o cumprir co deber a Patria, non ía con este mozo,e ocorréselle marchar para as Américas, dende Vigo e no transatlántico Ruta dos Mares, despois de moitos días navegando,chega a México.A necesidade compañeira dos emigrantes, fai que teña que dedicarse, o contrabando da augardente e do fío, productos que daquela escaseaban, comeza a súa andaina, conxuntamente cos indios,chamados: LACHIN, E CAMAGUEY.

Mercan un barca e polas noites dedícase a través do riu Pánuco un dos ríos máis caudalosos,ao traslado da mercadoría a uns almacéns, para despois distribuír ó pequeno comercio. CHINGADO ademais cos cartos que lle xera o contrabando merca unha gandería de duascentas vacas que lle coidara o indio CHON e mais a súa muller. Despois de anos exercendo esta actividade ilegal, teñen a mala sorte que unha tormenta de sarabia, auga e vento, afunde a embarcación cos garrafóns de augardente, o fío e o peor LACHIN E CAMAGUEY morren afogados.

O goberno Mexicano despois deste suceso comeza a tirar do fío e non por certo do afundido,atopase que o único responsable vivo o que se lle pode pedir responsabilidade é a CHINGADO, deciden detelo e xulgalo polo acaecido,un policía consumidor da augardente e amigo faille saber que esta a ser buscado pola xustiza,e recoméndalle que se esconda e cando poida volva a súa terra.

Dito e feito o indio Chon convertese no seu mellor amigo, aconsello que no Cerro Collí atopase unha cova que lle servirá de refuxio mentres dure a fuxida, él mesmo se coidara de levarlle todo o necesario. Despois de dos meses na cova e relaxadas as autoridades decide volver a súa Galiza,non sen antes transferir os cartos ó Banco Hispano Americano, tres millóns de pesetas, embarca con documentación falsa nun transatlántico de bandeira Brasileira,chamado Boa Viaxe, levando consigo un cinto de moedas de ouro da República Mexicana.

Despois de días navegando chega ao Porto da Coruña, o mes de Novembro do ano 1940 cos petos cheos de cartos, e a familia esperando darlle acubillo pra poñelos a recado. Non lle faltou unha boa acollida de todos eles, decide ir con unha irmán solteira coma él e esta acollida por outra irmán casada.

Merca algunhas propiedades,regala as irmáns moedas de ouro para que fagan uns pendentes e dedícase a traballar no que mercou, e así pasan os anos, faise vello,vive da súa xubilación, doente na cama con máis de noventa anos e a morte chamando a porta, as irmáns chamando o crego,e CHINGADO chamando ao indio CHON. O crego chegou tarde, CHON salváralle a vida unha vez, agora non o escoitou, a que si abriu a porta levándoo con ela foi a que vostedes están a pensar,iso sí, deixando os tres millóns no Banco Hispano Americano, o seu nome e sen proveito pra ninguén D.E.P.

P.D. O seu nome verdadeiro era PEPE ou XOSÉ, él usaba moi a míudo a palabra CHINGADO nas súas conversas, e no seu recordo quíxen usala pra nomealo).

As Chemineas



Como podemos ver é unha estrutura, que se ergue no cume da casa, case sempre construída en pedra e con unhas dimensións considerables, canto máis alta, ancha e con remates en pico ou traballados, mellor reflectido quedaba a quen pertencía. Sempre foi un elemento significativo do poder económico da familia.
Non facía falla entrar dentro da casa para saber que estábamos diante dunha familia, onde o acougo e a fartura non faltaban.
Camiñando polas aldeas de Galiza, podemos dar unha ollada e decatarémonos que isto era unha realidade social, o normal é que so exista unha cheminea con estas características, como moito dúas en cada aldea.
Aconséllovos que fagades fotos e comparedes, pois sendo semellantes,non hai ningunha igual.
Tamén poderedes ollar que cheminea grande, hórreo grande e con nome correspondía a familia mais poderosa.
Se as chemineas falaran cantas cousas contaríanos, pois debaixo delas o pé da lareira,moitas noites, vellos e novos quentaban as canelas o carón do lume, compartindo contos e sorrisos, que esvaecidos co fume saíron pola cheminea para encher o universo de historias invisibles e irrepetibles.

20/4/09

Ruta Alvidron-Barreiro-Ponte Merced-Feás-Alvidrón


Camiño de Barreiro ata chegar o cimenterio de Alvidrón o caron deste topase un cruce de camiños debemos seguir dereito a 1.100 metros atoparemos o rio pequeno,pasado o riu a 100 metros colleremos a dereita e despois camiñaremos 600 metros mais ata aldea de Barreiro,a entrada da mesma xirar a dereita polo camiño que vai ata Ponte Merced nesta aldea podese contemplar a xuntanza de dos ríos “o Ulla” e “o pequeno” afluente do primeiro asi como a ponte medieval que divide os Concellos de Antas de Ulla e Palas de Rei, levaremos precorridos 3.100 metros, para regresar o lardosavos o que foi o punto de saida, colleremos a man dereita pasando por diante da capela en dirección a Antas de Ulla, pasaremos o caron dunha aldea chamada Feás que atopase a 4.500 metros pertenece a parroquia de Alvidrón e a escasos cinco centos metros xa nos topamos de novo no lugar de orixe.

A durada deste precorrido e de unha hora e media,camiñando sen entreterse,moita vexetación autótona,fermoso precorrido,camiño apto para vehículos.

Total kilómetros precorridos cinco.

Ruta ó Balneario de Frádegas



Distancia a percorrer: (Ida e volta) 15,300 Km
Recomendacións: O percorrido farase todo por carreteras asfaltadas.
Cobertura telefónica: Boa.
Punto de partida: Alvidrón “LAR DOS AVÓS”
Destino: Antigo balneario de Frádegas, ó carón do rio Ulla.(Actualmente en ruinas)
A ruta pode facerse andando ou en bicicleta.
Se o visitante dispón dunha mañán ou tarde animamos a facela andando.
Tempo estimado en bicicleta para ida e volta : 2 horas e 30 minutos ( contando as paradiñas que de seguro lle apetecerán ó visitante en moitos puntos do percorrido. Non será difícil que nos atopemos con aves rapaces,xabarins,corzos etc, moi abundantes por esta comarca,pois como teredes ocasión de observar a vexetación e frondosa e rica en biodiversidade.
Partimos dende Alvidrón “LAR DOS AVÓS” con dirección a Ponte Mercede. Pasaremos o carón do cruceiro de Alvidrón, a 500 metros a nosa esquerda Feás,No Km 2 chegamos á aldea de á Ponte Mercede.
Alí, xa o Ulla facendo barullo e a carón da pequena Hermida, xustiño antes de cruza-la ponte que nos levaría a terras do Concello de Palas de Rei, desviámonos á esquerda, seguindo o curso do rio que queda á nosa dereita.
continuaremos camiño con dirección a Santa Mariña. Veremos o indicador de Vilariño no Km 3,600, pero nós continuamos con dirección a Santa Mariña a certa distancia veremos a solemnidade do Pazo de Santa Mariña, 
chegados a aldea a 4,600km atopamos a entrada o campo da festa,adornado por carballos centenarios,e a dereita a igrexa,lugar onde reposan os restos dos condes que dan nome a aldea,seguiremos a marcha o carón da igrexa,a nosa esquerda deixamos uns Via Crucis de cruceiros de pedra,a 5 km colleremos a esquerda.
Seguimos a nosa marcha sin deixar a carretera, deixando á dereita Vilariño e adentrándonos novamente na espesa vexetación de castiñeiros e carballos,– case oculto entre a vexetación- un cruceiro de pedra, con Cristo baixo Inri e a Virxe das Dores polo outro lado. Neste punto tódolos visitantes do Balneario se santiguaban .Pouco despois do Cruceiro (500 metros despois), albiscando xa a aldea de Frádegas, tomamos o desvio á dereita, que atopase no km 6,200 Non deixaremos esta carretera, que baixaremos ata que nos leve novamente a o río. O seu carón a vella construcción do Balneario,km 7,300. O Balneario é unha vella construcción que se atopa xusto antes da ponte,en estado ruinoso, de augas sulfurosa.. Lembrarlle que con fins curativos, viñeron dende antigo milleiros de visitantes.
O camiño de volta farémolo sobre dos nosos pasos ata chegar de novo a Santa Mariña,xa levamos precorridos 9,800 kmAlí seguiremos de frente en vez de volver polo mesmo camiño da ida. Veremos un magnífico exemplar de hórreo sobre o muro de mampostería e non moitos metros despois teremos á nosa esquerda unha das entradas principais do Pazo de Santa Mariña, co escudo dos Torre Penela sobre o arco.
Seguindo a carretera, entre o muro do Pazo á esquerda e o hórreo da Casa de Regueira á dereita, continuaremos sempre á esquerda ata alonxarnos das últimas casas de Santa Mariña. podemos deternos para observar a balaustrada do Pazo.
Seguiremos ó noso percorrido chegaremos ó lugar de Gradoi,km11,600. Pasaremos a carón da Igrexa parroquial, co seu cruceiro á nosa dereita. Sen deixar esa carretera pasado Gradoi no km 12,700 xiraremos a esquerda o camiño que nos leva a Barreiro,cando aviscamos a aldea antes da primeira casa, km 13,300 colleremos a man dereita, a uns 100 metros a esquerda e de seguido a dereita que nos levará ata o rio pequeno,pasada a póntela, o camiño da esquerda levarános de volta a o lugar da orixe,que se atopa no km 15,300Alvidrón “LAR DOS AVÓS”.

Subida ó Monte Farelo





Sistema recomendable: se pode facer a pe, ou en bicicleta.

Punto de partida: Alvidrón (LAR DOS AVÓS)
Punto de destino: Mirador na cima do Monte Farelo.
Tempo estimado en bicicleta(ida e volta) :2 horas e 25 minutos.
Distancia aproximada: 27,8 Km (15,4 para a ida e 12,4 para o regreso.
Tempo estimado a pe (camiñando ida e volta):4 horas e 50 minutos.
Cobertura telefónica: boa.
Tendo en conta que se trata de subir a un monte, aínda que se transitará por carreteras e pistas asfaltadas na maior parte do percorrido, quedará claro ó lector que se trata dunha ruta que precisa dun esforzo medio-alto. En todo caso paga a pena pola diversidade de monumentos e de vexetación que imos atopar. E se o facemos con calma -como se deben facer as cousas- ocuparemos de xeito excelente unha mañá.
Partimos da aldea de Alvidrón (LAR DOS AVÓS) dirección Antas de ulla,nesta vila colleremos pola N-640 con dirección a Pontevedra. Ó pouquiño de deixar as últimas casas de Antas ,con 4 Km percorridos, á nosa esquerda veremos o magnífico Pazo de Vilane. Pouco despois chegaremos ó lugar de Castro de Amarante(Km 5,5) (berce dos Condes do mesmo nome), onde nos desviaremos á esquerda para subir polo medio da aldea, por onde nos guiarán as balizas de sinalización , podendo visitar a sua magnífica Igrexa sin apenas desviarnos da ruta. Dende alí pódese observar tamén a Fortaleza de Amarante.
Continuamos pola carretera que nos levará ata San Fiz ( Km 7), No cruce seguiremos o indicador de Bellós e Santa Cristina.Nesta aldea atópase unha excelente mostra de hórreos típicos do interior de Galicia, sobre cepa de mampostería ou sobre muretes de sillería, construidos con costais de madeira. Na continuación do noso camiño, ainda divisando as últimas casas de San Fiz e albiscando xa as da aldea de Bellós, estaremos diante dunha das paisaxes mais fermosas, recomendando deter o noso camiño para observar un verdadeiro agasallo para os ollos: á esquerda a frondosidade das chousas de carballos e castiñeiros, xunto co verde intenso dos pastizais; á dereita podemos ver a grandeza e o señorío do "Pai Farelo"... coroado dende o 2005 por un parque eólico.
Unha paradiña virá ben para acopiar forzas, xa que a subida por Bellós (Km 8,3), ata Ermide (no Km 9,5) notarase nas pernas. Chegados a esta aldea, xa co monte moi perto de nós, continuaremos ata Santa Cristina (Km 10,2). Tomando dirección á dereita, sempre guiados xa pola visualización do Farelo chegaremos ó lugar de A Somoza (Km 11), último núcleo de poboación que atoparemos antes de acadar o cumio.
Xiraremos á dereita facendo caso do indicador que nos sinaliza "Monte Farelo" e Parque eólico.
Sin deixar a zona asfaltada, e seguindo as sinais horizontais a pe de carretera non teremos perda xa metidos de cheo no Farelo, entre os “muiños” de vento que o poboan. No km 13,5 deixaremos o firme de asfalto, para continuar por pista de terra pola dereita, tendo como guía e obexctivo o último dos “muiños” e seguindo as sinais acadaremos o cumio no Km 15,4.
Alí atópase un pequeno mirador, moi perto dun Vértice Xeodésico.
Deixamos aquí a nosa descripción, para que sexa vostede quen descubra o que dende aquela privilexiada atalaia poida ver...
Eso sí, se foi provisto de prismáticos, e a claridade do día o permite, moito mellor!!!.
Para o regreso (que evidentemente ha ser mais doado, recomendamos -ó chegar a Santa Cristina (Km 7,8 de volta) - en vez de tomar o camiño de ida desviándonos á esquerda cara Ermide, continuar de frente seguindo a carretera que nos trae de A Somoza. Dese xeito pasaremos pola aldea de Nugallás No Km 9,1 , e así o camiñante ou ciclista poderá afirmar que de certo estivo no Centro Xeográfico de Galicia, ubicado nese lugar, segundo cálculos feitos polo Sistema de Información Territorial de Galicia (SITGA).
Alí, á man esquerda da nosa marcha , a carón da carretera mesma, hai outro magnífico hórreo tradicional de Antas cos seus catro "claros", suspendido sobre cinco muretes de sillería e coroado por unha cruz latina resarcelada e un lampeón fusiforme.Podedes facervos unha foto tamén a carón do valado co hórreo de fondo...
Dende Nugallás, pasando por Veloín e por O Carballo(km 10,9) chegaremos de novo a Antas de Ulla, unha vez no centro da vila colleremos para regresar a carretera que fixemos servir para a ida, a (3km Alvidrón-LAR DOS AVÓS).
(Percorrido total: 27,8km)

29/3/09

Visita o muíño do Corgo



Visitaremos un antigo muiño de auga. Este tipo de "industrias" tiveron unha vital relevancia no desenvolvemento económico da época.
A base do cobro do cánon que consistía nunha porción de gran ou de fariña (a maquía), o muñeiro culminaba un proceso que se iniciaba co traballo da terra, a sementeira, recolección e a malla. E nesa transformación do gran (millo, centeo e trigo) empregábase unicamente a enerxía hidráulica que movía as pesadas pedras do muíño.
Visitaremos nesta ruta o Muiño do Corgo, situado na parroquia de Vilapoupre,este muíño conxuntamente con un aserradero,foi comprado no ano 1939 a familia (casa da carreira de Vilapoupre) polo Andiano emigrado a Mexico, Xosé Guerra Sánchez,que viviu e faleceu no LAR DOS AVÓS foron muñeiros Placido de Calabran, Anxel Ron,e o matrimonio Carmen e Antonio de San Lourenzo,deixou de ter actividade no ano 1975.
Sistema recomendable: En bicicleta ou a pe (a meirande parte do percorrido vai ser por carreteras ou camiños asfaltados)
Punto de partida: Alvidrón (LAR DOS AVOS)
Distancia aproximada (ida e volta): 5km450m.
Cobertura telefónica: boa.
Vexetación frondosa e abundante, que nos acompañara en boa parte do noso percorrido.
Partiremos da aldea de Alvidrón,(LAR DOS AVÓS)baixaremos polo medio da aldea, ata igrexa,xiraremos a dereita, seguiremos o camiño que nos leva a Mancegara,a 600 metros atoparemos un cruce de camiños,debemos de coller a man esquerda,como se foramos adentranos na aldea,a 800 metros atopase un regueiro continuaremos a dereita aloxándonos de Mancegar,para chegar ó lugar de Alvidrón de Outeiro, a 1.300m seguiremos o mesmo camiño; un pouquiño mais adiante, a 1.900m chegaremos,a Portocarreiro”A Casa da Terra” que poderemos ver á nosa esquerda,continuaremos pola carretera un pouquiño despois de sobrepasar Portocarreiro a 2.200 metros,deixaremos o asfalto para tomar un camino de terra que hai á esquerda. Con pouco máis de 400 metros xa estaremos a carón do rio...
A primeira construcción que nos atopamos (na marxe dereita do rio) é un refuxio de pescadores,que habitualmente está aberto, podendo resgardarnos da choiva ou do frio.
Xusto sobre a ponte, de pedra e formigón, que cruza o rio, podemos observar o Muiño. Trátase dunha construcción de cantería, con duas prantas e cuberta a tres augas. Dende esta privilexiada posición poden observarse con claridade as duas buxas (pezas de desaloxo da auga que xa se empregou como fonte enerxética do muiño) coas que conta esta construcción,o muiño atopase na pranta baixa,e a primeira pranta foi a vivenda do muñeiro.
Faremos o camiño de volta, para elo voltaremos sobre o camiño de terra ata atopar novamente o asfalto,lugar no que desta vez tomaremos á esquerda e seguiremos a carretera ata que nos achegue a Vilapoupre, 3.000m. Descorremos polo medio da aldea ata toparnos cun cruce de 4 camiños no que nos decidiremos polo da dereita a 3.500m deixando á esquerda a Igrexa de San Martiño de Vilapoupre.
Xa non deixaremos este estreito e asfaltado camiño,pasaremos o caron do campo da festa que queda a man esquerda seguiremos pola mesma via ata dar coa carretera de Alvidrón que sa topa a 4.400m.
Continuaremos á dereita pola xa coñecida carretera, que nos levará ó punto de partida,”LAR DOS AVOS”. 5.450m percorridos.

Visita ós petroglifos de San Fiz

A presente ruta pódese facer andando ou tamén en bicicleta.
Distancia a percorrer (Ida e volta): 17 Km
Recomendacións: Levar calzado axeitado para andar polo monte, auga para beber e protección solar,no verán.
Cobertura telefónica:Boa
Punto de partida: Alvidrón “LAR DOS AVÓS”.
Destino: Ladeira oriental do monte Farelo (zona de petroglifos no denominado "Monte de San Fiz")

Partimos con dirección a Antas de Ulla, e nada máis rematar a Praza Nova, tomamos á dereita pola Rúa Rodeiro. A 3,5 Km (rematada a citada rúa) seguimos novamente á dereita, tomando dirección a Vilasión-San Fiz-O Castro.

Seguiremos pola carretera, entre novas construccións unifamiliares de recente factura. De contado, cando deixemos atrás a última desas construccións e levemos pouco máis de 4 Km percorrido, veremos ó frente o Monte Farelo coroado polos eólicos en movemento...

Adentrámonos en Vilasión, onde nos recibirá unha escolta de centenarios carballos que a bo seguro refrescarán a camiñata se o día é soleado e caluroso. Deixarémonos levar polo medio da aldea, ata sobrepasala e continuando pendente abaixo (deixando á dereita o indicador que nos levaría a O Castro).

Despois da corta pero pronunciada baixada, adentrámonos na vexatación intensa de pastos, carballeiras e bidueiros que siguen o curso dun regato. Ese aire osixenado proporcionará ó visitante as forzas necesarias que precisará para subir ata o pobo de San Fiz.

Km 5,3: Estamos en San Fiz de Amarante. No primeiro desvío tomaremos á esquerda, deixando a Igrexa (que se o visitante ten tempo e así o determina, pode facer un pequeno alto para observar polo seu lado Oeste, cos escudos dos Condes de Amarante adornando a entrada).

No Km 6 un novo cruce, no que xiraremos novamente á esquerda, en dirección a Bellos-Ermide e Santa Cristina. (Detéñase neste cruce o visitante para observar ó frente un exemplar de hórreo de dous claros, suspendido sobre "mesas", elemento non moi habitual na bisbarra).

Sobrepasado San Fiz, no Km 6,6, deixaremos o asfalto para tomar o Camiño Real que hai á dereita, enfilando cara a falda do monte. Aquí o camiño tornarase duro para o ciclista; que seguramente ha poñer o pe en terra, debido á tosquedada que as augas correntes da montaña provocan na pendente de terra e pedras.

Con 7 Km percorridos xa estamos en plena falda da montaña. Percíbese na vexetación de coníferas e no aire que se respira. De contado atoparemos un cruce de camiños, no que elexiremos á dereita, cara un depósito de auga adicado a surtir do líquido elemento ós Servizos contra incendios.

A carón deste depósito podemos deixar as bicicletas, para continuar os 50-60 metros restantes á dereita, deixando o Camiño Real, e seguindo as pegadas que os veciños da zona deixaron coa maquinaria agrícola...

De contadiño, á nosa esquerda atoparemos "A Pena" (aprox. no Km 7,5). Este é un dos lugares do noso destino (que se corresponde coa fotografía que da título a esta Ruta).

A viaxe de regreso ímola facer polo Castro de Amarante. Para elo voltaremos sobre os nososo pasos ata o depósito de auga, para retomar o xa citado Camiño Real á dereita. Non o abandonaremos (xirando á dereita nun pequeno cruce, a continuación do cal atoparemos un rego que atravesa o camiño), ata dar novamente co asfalto (Km 8,8). Ese punto é unha encrucillada, na que tomaremos á dereita, baixando cara o Castro de Amarante. Neste treito acompañarannos sinais ou balizas indicadoras de zona cicloturística.

Descansará o ciclista na baixada ata o Castro, aldea que atopará o visitante no Km 10,4 cruzando unha pequena ponte sobre o afluente do Ulla, chamado "rio pequeno" ou "rio do Castro". Polo medio da aldea tomaremos sempre polo empedrado á esquerda, seguindo as sinais descritas anteriormente, que nos han levar á carretera de Lugo-Vigo (Km 10,9).

Nese punto tomaremos a citada vía á dereita (carretera con moito tráfico rodado, sendo aconsellables medidas de precaución se a ruta se fixo con nenos). De seguida chegaremos a Vilane, que nos recibe coa derradeira pendente ascendente do percorrido; ó final da que xa albiscaremos novamente as primeiras casas de Antas,chegado a Praza do Concello,colleremos a Rúa Xeneral Portomeñe,(carretera de Alvidrón) e a 3 km. Punto de partida “LAR DOS AVÓS”.

Datos personales