11/5/09

Cruceiros de Galiza

Atópanse nos cruces dos camiños, ó pe das igrexas. Son patrimonio cultural da nosa terra, é un monumento moi enraizado, esculpidos en pedra, atópanse moitos e de diferentes imaxes.
Fálase de que pasan de 10.000, as súas orixes remóntanse o século XIV. Agora tamén se poden ver algúns exemplares decorando os xardíns de casas particulares.
Este da foto pertence a parroquia de Alvidrón,no concello de Antas de Ulla,moi preto do LAR DOS AVOS.

2 comentarios:

  1. Ola!
    Estou a buscar datos sobre o cruceiro de Alvidrón pero todos son bastante confusos. Hai sitios onde di que o cruceiro é do século XIX, outros din do XVIII, e hai quen me dixo que ese cruceiro foi feito do século pasado por alguén da parroquia de Alvidrón. Tamén me dixeron que antes non estaba aí senón na praza da igrexa. ¿Ti sabes algo do tema? ¿Que di a xente da aldea?

    Estou tamén a facer un estudo iconográfico sobre a Virxe das Dores, neste cruceiro e noutro similar que hai preto de Frádegas e gustaríame poñelo no blog.

    Por se queres escribirme o meu correo: aulloaenfotos@gmail.com ou se me contestas aquí tamén estarei pendente de lelo.

    Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. Como non me deche resposta publiquei ó que sabía.

    ResponderEliminar

Datos personales