25/1/12

ATROPELO


Texto do mensaxe que colga da bicicleta: El día 2 de Enero de 2012 fué atropellada una ciclista en la intersección entre Diputación y Aribau.
Es una imprudencia terrible y una irresponsabilidad enorme fomentar este tipo de vias ciclistas sin informar debidamente a los ciclistas alertándolos de los peligros que conlleva.
Como tambien es una irresponsabilidad  máxima invitar a la gente a utilizar la bicicleta de una manera masiva o inconsciente sin haber hecho nada antes por pacificar el tráfico, por difundir una educación vial sobre el respeto mutuo y el derecho preferente de aquellas personas que utilizan los medios de transporte más frágiles y más convenientes para nuestras ciudades y toda una serie de habilidades, actitudes y prevenciones necesarias para circular por la calle en bicicleta.

8/1/12

CASTAÑAS CON LEITE- PARA POSTRE - receita da miña nai

CASTAÑAS CON LEITE
Ingredientes: Castañas e leite.

Axudándonos dun coitelo,quitarémo-la pel mais grosa da castaña.

Fervemo-la auga con sal e as castañas; Cando estean cocidas, escorrer a auga e sacar a segunda pel.

Depositámolas nunha fonte para postres,para que sexan servidas e mesturadas co leite ao gusto de cada comensal.Que cada cal tome o leite como mellor lle guste,frío ou quente, con ou sen azucre, incluso con mel.

1/1/12

FELIZ ANO 2012


FELIZ  ANO 2012
Neste ano 2011 rompéronse moitas cousas. Algunhas  delas son: o PSOE, o retrato da Familia Real, a soberanía popular, o estado do Benestar, a confianza da cidadanía nas institucións etc.
Este ano que ficou, o sistema financeiro e as grandes fortunas, poideron consolidar o seus beneficios e patrimonios.
En Europa, os lideres políticos, están a ser substituídos por tecnócratas que proceden das mesmas corporacións que provocaron a crise : Lehman Brothers, Goldman Sachs, B.C.E. 
Faceránse cos gobernos europeos, sen pasar polas urnas.Isto está a significar un golpe do sistema financeiro aos
países que compoñemos a unidade europea.
En Islandia aos golpistas metéronos na cárcere. E na mal chamada Unión Europea recompensámolos cunha carteira no consello de ministros.Semella que a panacea para saír da crise é a rebaixa  e conxelación dos xornais dos funcionarios, o copago das receitas médicas, o imposto turístico, a suba dos transportes, do IBI e mais medidas que nos irán dicindo pouco e pouco para non empacharnos.Iso sí, a austeridade por parte dos gobernantes brilla pola súa ausencia. Mal vamos e peor  iremos se os indignados non acabamos co goberno dos indignos.

Datos personales