10/2/17

Lembranzas dun Vello

Lembranzas dun Vello
Nunha viaxe a Roquetas de Mar en Almeria tiven a oportunidadede coñecer a Miguel un home duro, feito a si mesmo con moitas gañas de contar cousas "Un sabio da vida"
Todo ocorre na Av Juan Carlos I un 18 de Decembro do 2016 son as cinco e media da tarde e decido dar unha volta polo pobo de Roquetas en busca de unha axencia de Loterías para facerme con un décimo pois faltan nada mais catro dias para o sorteo de Nadal e lembrando que o ano anterior había tocado o gordo nesta pobación, tento a sorte por si esta decide repetir,a dicir verdade sorte co sorteo non tiven, pero si de coñecer a Miguel persoa afable, conversador e un poeta, que a piques de cumprir os 93 anos ten unha memoria envidiable. Sentámonos nun banco e comenzou a preguntarme de onde eramos, a miña dona  dixolle que era Catalana eu Galego, a Galiza parece non interesarlle moito so se limita a dicir (teño entendido que é unha terra moi fermosa).
Comenza a falar das súas lembranzas,coñecía a Manolo Escobar, o seu pai,e tamén o seu avó amigo da familia todos orixinarios  de El Ejido, comenzou a recitar unha poesía que el mesmo había composto para Manolo Escobar, era un poema triste,falaba das dificultades e estreiteces nas súas vidas, e taménlle adicaba un adeus ata sempre,Manolo como el di foi para Barcelona,esa cidade acolleuno e ergueuno ata chegar a ser o Manolo Escobar que todos coñecemos.Para Miguel o seu paisano e o seu ídolo como cantante unha voz inigualable,non deixa de repetir familia moi traballadora e incansables loitadores.
Mentres falabamos pasaba xente pola rúa que o saudaban " A dios Miguel " contestaba saudando polo nome e o mesmo tempo decía teños moitas poesías composta por min de feito comentounos que o Concello estaba a recoller todos os seus poemas ,e demais lembranzas para a Historia do pobo de Roquetas de Mar, bou a recitarlles  outra que fixen para os avós  e os netos, así estivemos unha hora e media a decir verdade non me cansaba de escoitar a iste sabio da vida que lle tocou vivir momentos moi dificiles da nosa Historia.
Historia: A que tiña Miguel van pasando as horas e non se agota o contrario segue recitando ata que decide comentar as penurias da guerra civil. Baixa a voz e di vexo en vostedes boa xente e o mesmo tempo repite este pais cambiou moito e non cambiou nada seguen a gobernar os fillos dos de sempre a política é hereditaria pasa de pais a fillos,nesta que se levanta do asento como si lle molestara comentar o pasado.Cúrsolle invitación para seguir a charla no bar diceme que non pode beber,sentasee comenza a recitar outra poesía esta con tintes políticos e lembranzas do seu pasado que como el di que non volva. Falanos do seu pai que recen comenzada a Guerra civil Española quitanlle os dous burros que tiña para axudicarllos os falanxistas, quedase uns segundos mirando ao ceo enchénselle os ollos de bágoas saca un pano para limparse e o mesmo tempo comenta que con 16 anos ten que ir ao mar para poder axudar a sobrevivir a súa familia.(Cantas lembranzas tristes para iste sabio que non garda rancor pero si garda lucidez mental)
Unha tarde invalidable ata outra Miguel.

A las seis de la maña
avisan los pescadores,
Que en altamar se encontraba
la sub-escuadra Alemana.

En el momento de avisar toca la única sirena
Toca tranquilidad
porque iban a Cartagena
Pero como era imposible regresan a Almería
Para vestirla de luto que era lo que ellos querian

Derribando edificios
Tirando sin compasión
Haciendo muertos y heridos en la nueva población.

A las dies de la mañana vaya lunes que nos dio la escuadra Alemana.

Datos personales