25/5/09

Desputa por unha fermosa moza

Todo isto sucedeu alá polo ano 1905 nunha aldea galega de nome DOREDOUBI, con dous irmáns protagonistas desta fermosa historia, chamados LEINAD e SIONIDIO estes dos irmáns pertencían a unha familia adiñeirada, donos de varias propiedades.
Por aquel entón, era moi común que nas casas adiñeiradas ademais dos caseiros, tiveran xente servindo, quero dicir os mal chamados criados.Nesta casa atopábase unha rapaza a servir chamada NALICEMAR, como poden apreciar, o seu nome non e do máis rechamante, ela si o era pola súa fermosura.
Esta rapaza fora sacada da inclusa “lugar onde deixaban os nenos abandonados”, na maior parte dos casos estes nenos eran fillos de mozas solteiras, NALICEMAR eran unha delas,fora sacada por unha muller moi probe pero naquel entón o que recollía un destes nenos dábanlle unhas cantas pesetas e moita xente sen escrúpulos sacábanos pra despois poñelos a servir. Desta nena, dicían as boas ou malas linguas, que fora filla dun Crego, seguramente fora certo pois isto dábase moito por estes lares,seguramente mais dun temos vínculos eclesiásticos.
Pois esta nena medrou con esta familia traballando nas labores da casa. Dos dous irmáns, SIONIDIO estaba a formarse no Seminario, era costume que as familias máis podentes tiveran un dos seus membros a estudar e a poder ser, que saíra Crego, xa que era unha maneira de dar mais renome a familia, acrecentando o estatus familiar.
A rapaza faise moza e comezan os dores de cachola pra os irmáns LEINAD e SIONIDIO. Gústalles aos dous e non é pra menos, cos vinte anos recen cumpridos, ollos azuis e un corpo fermoso quen se resiste a tal tentación? Os dous pretenden convencela do seu namoramento, pero ela móstrase receosa pois sabe que o pai deles que se chama como o seu fillo, LEINAD, non ve con vos ollos que a “criada” se namore dun dos fillos e forme parte da familia. Entón, trata de convence-los fillos pra que desistan e aconséllaos que se casen cunha muller adiñeirada coma eles, e con terras, posto que estas, daquela eran moi valoradas.
SIONIDIO que está a piques de ser investido Crego, pero e tal o namoramento que sinte por NALICEMAR que proponlle que se ela o quere, el deixa o Seminario e casase con ela. NALICEMAR nunca o demostrara, pero estaba moi namorada e sen pensalo dúas veces, dálle unha aperta e dille que o seu amor esta o carón do seu.
Decide SIONIDIO contarllo o pai e pedirlle permiso pra casar,o desgusto do pai é tan grande que non dan crédito as súas palabras, como pode ser que unha persoa a piques de ser nomeado discípulo de Deus, deixe todo polo amor dunha muller? e ademais, é a criada da casa! pero e ben certo que amor non entende nin de Deus ni de cartos, dise do amor, que é cego, estou ben convencido é cego… pero fermoso.
LEINAD pai, cóntallo ao outro fillo chamado como é,l este levase un desgusto de morte pois o amor da súa vida vaise co seu irmán. Deciden falar con SIONIDIO pra convencelo de que desista pero a firmeza deste non fai máis que afianzar o seu amor por NALICEMAR. Dánse conta que non hai nada que facer, so deixalos co seu amor. Finalmente, celebrase o casamento, pero só vai a familia, foi un casamento de probe na casa dun rico.
Ó día seguinte, o pai de SIONIDIO , reúne aos dous fillos e faille saber o recen casado que lle deixa como herdanza os bens da aldea de GARCEMAN, e que se quere xa se pode poñerse en contacto co caseiro e contarlle o acaecido: facerlle saber que el xa é o dono.
SIONIDIO colle a muller e a equipaxe, e múdanse á aldea de GARCEMAN. Alí fanlle saber o caseiro que deixará de traballar as terras o próximo ano, porque traballaranas eles.
Mentres SIONIDIO fai de mestre pra os rapaces da aldea e así gañar uns ferrados de centeo ou de millo, NALICEMAR atende as labores da casa. De seguido queda embarazada e nace un neno que lle puxeron de nome SUSXE; O pouco tempo, chega outro embarazo e así ata cinco neste último e con pouco máis de trinta anos, a morte levaa pra sempre, e con ela, os dous nenos recen nacidos.
A tristura embarga a SIONIDIO chora día e noite, pois o amor da súa vida deixábao para sempre, pero él, sabia que tiña que seguir loitando posto que quedaban catro nenos pequenos,o maior de dez anos, SUSXE, tería que axudar o seu pai, como non podía ser doutra maneira.
A raíz deste suceso a familia que durante varios anos non se había acordado de SIONIDIO comezan a botarlle unha man e deciden levar aos nenos máis pequenos con eles,e así o fixeron, uns foron pra DOREDOUBI e outros pra SALOUDELA .
Pasado un tempo, SIONIDIO refai a súa vida casándose de novo, e os seus fillos regresan con el, ao fogar de sempre. Da segunda muller ten catro fillos mais, e os oito conviven baixo o mesmo teito en harmonía.
Pra rematar contareivos que o protagonista desta historia morreou no ano 1963. Descanse en paz ó lado das súa primeira muller onde foi enterrado, na parroquia de Prepoulavi.

1 comentario:

  1. Unha historia ben fermosa, que xa nos facemos unha idea dos tremendos atrancos que SIONIDIO tivo que pasar; despois de provir dunha familia acomodada e mudar tanto a sua situación. Atrancos que seguramente tamén percibiron os seus fillos, vendo como a outra parte da familia vivía con certa opulencia e acomodo, mentras eles traballaban de sol a sol nos campos de GARCEMAN...
    En todo caso tamén estou convencido de que daquel amor entre SIONIDIO e NALICEMAR, que naceu en DOREDOUBI e que se consolidou en GARCEMAN, na actualidade quedarán os froitos descendentes; que de seguro os lembran con ledicia e cariño, sentíndose orgullosos da súa estirpe e procedencia.
    E vai ti saber se os fillos de SUSXE ou de NABIBAL ou LIADE ou de NAVIDI non contarán aos seus propios fillos que grazas a aquela fermosa historia de amor dun seminarista de familia acomodada e dunha criada probablemente filla dun crego, na actualidade eles existen.

    Se ti, autor desta historia, coñeces a algún dos protagonistas; dalles saúdos da miña parte cando teñas ocasión.

    ResponderEliminar

Datos personales