18/3/11

AMOSASE A PRIMAVERA

A diferencia da Nova Rumasa, que dín os traballadores que lles falta materia prima, neste caso salta á vista que non é deste xeito (materia prima sobra) xa que a istos paxaros, garabullos e árbores, onde levantar os abrigos para protexer os ovos e mailos seus pitiños, de momento, e por sorte hai de sobra. "Lembro istos paxaros non emitiron obrigas"

16/3/11

OUTEIRO DA ARCA

¿ Lenda ou non ? Dicíase que en Outeiro vivía unha meiga, chamada Arca, que polo día era dona e pola noite convertíase nunha ave rapaz para asustar cos seus berros aos lobos, que de Laguelas pasando pola Pena de Valiños, adoitaban a refuxiarse neste recuncho de monte, onde comían as presas que cazaban noutros lugares.


Coméntase que nunha ocasión, un lobo fíxolle frente comezando a ouvear, isto fixo que acudiran mais lobos e o dito popular di que Arca deixou de ser ave transformándose en meiga. Coas súas vestimentas negras e unha escoba de corres de xesta, ausentounos de tal maneira que o parecer os animais cruzaron a presa de Servan no riu pequeno cara o monte de Barreiro.


Grazas a ela, os lobos desde entón xa non frecuentan este zona. (Daquela o nome do Outeiro da Arca )

Luís "O Fernández"

Fernández, un vilalbés, de familia moi popular na vila, sempre foi moi inquieto, e alá polos anos sesenta decidiu emigrar a Alemaña. Despois duns anos de traballo neste pais, decidiu voltar a España, en concreto a Barcelona. Unha vez superadas as probas selectivas, entrou a formar parte da policía local (Guardia Urbana) do Concello.




Entre moitos e bos servizos, eu quero destacar o que aconteceu o 31 de xaneiro do 1994, cando se produciu o incendio do TEATRO LICEO. O edificio quedou reducido a cinzas na súa totalidade. Este galego axudou a rescatar moitas e valiosas obras das que alí se expoñían, testemuña de todo isto foron os xornais que sacaron a súa fotografía rescatando un cadro de Picasso.


Dende onde queiras que esteas, quero recordarte por ser tan boa persoa e a túa valentía nos feitos. Como ti dicías, unha vez morto ninguén se acorda de tí, amenos que deixes unha boa herdanza. Neste caso esta é a túa herdanza, e a de todos os que amamos o arte.


Dende o mais alá, espero que poidas contemplar esta fermosa obra, xa que por culpa da túa doenza non estiveches a tempo de coñecer a súa restauración, Ata sempre amigo Fernández.

8/3/11

TERRAS DO EBRO

















Horta de Sant Joan.






Castelo de Miravet






Catedral de Tortosa.







Monumento os caidos, batalla do Ebro.




Ponte colgante de Amposta, 1915-1921



Delta do Ebro-Piragüismo






Aves do Delta.






Desembocadura do rio Ebro o mar Mediterráneo.

7/3/11

O peixe grande

Isto aconteceu e segue a acontecer ou longo e ancho dá nosa xeografía. (O peixe grande sempre se comeu ou pequeno.)

Datos personales