21/1/11

GALIZA - NON MAIS BAGOAS

 Os ventos non amainan, azoutan á costa e ó interior, levan tanta forza que déitano todo: a creatividade, o coñecemento, o progreso, ata a prosperidade están a deixar a nosa terra despida, a piques dun coma irreversible.Coido que se require dun bo abrigo para loitar contra as inclemencias metereolóxicas,  a efectividade dubidosa dos medicamentos xenéricos aprobados polo Sergas, deben ternos cando menos vixiantes, pois a ben seguro, non poderán sacarnos diste coma. Estou a recordarme do ex-ministro de sanidade Sr.Romay Beccaria que aconsellaba, para a gripe (nada de medicinas) so beber moita auga. A alerta ten que ser máxima, o risco de fortes vendavais ten que manternos a tódolos galegos, como minimo en nivel amarelo.

13/1/11

AMOR PASIONAL - 1969


       Esta fermosa historia ocorre na parroquia de Calamocos Darriba e os protagonistas son: Rosiña e Farruco, dous veciños cativos, da mesma idade, que van medrando un o carón do outro, e comparten colexio e xogos nas tardes de serán. Pois ben, estando a piques de cumprir os dezaseis anos,  deciden declararse o seu amor e facerse noivos e o amor apoderase  deles, como os fentos da chousa.
        Rosiña era filla única, os seus pais tiñan unha boa propiedade en terras e como era normal querían para a súa filla alguén que aparte de ser bo rapaz ofrecera o mesmo volume de riqueza.
        Farruco era o maior de catro irmáns e os seus pais terra tiñan pouca ademais o traballo no campo non era o que mellor se lle daba, pois el sempre dicía que unha vez cumprido o servicio militar meteríase na Garda Civil xa que era un traballo mais doado e non tan canso.
        Os pais de Rosiña moi traballadores e amantes do campo como ninguén, están a pensar que este rapaz non é o tipo de mozo que lle convén a súa filla, así que deciden ter una conversación con ela. A primeira en falar foi a mai, Rexina, unha muller alta e delgada que impoñía nada mais vela. Non andivo con atallos, foi directa " este mozo non cho queremos ver mais por aquí, así que xa sabes, mellor falas con él coma veciño, pero de ahí que non pase a cousa”. Manoel, o pai, era un home pequeno e regordete, a dicir verdade, non facían moi boa  parella, ela tan alta e él tan baixiño, despois de escoitar a súa dona, engadiu “ademais ese rapaz é un preguiceiro que non sabe facer de nada, así que xa sabes, de noivos nada, cadaquén na súa casa e deus na de todos” e dando media volta, marcharon os dous para o curro, deixando a Rosiña na cociña co cor nun puño e pensando o que sería dela,  pois o amor por Farruco era tan forte que deixalo sería para os dous unha verdadeira traxedia.
        Rosiña coméntalle a Farruco o acontecido e dándose unha aperta moi forte deciden xurarse amor eterno e idean algunhas estratexias para poder continuar co seu namoramento. Aproveitando que as vivendas de ámbolos dous, atópanse unha en frente doutra e a curta distancia, pensaron que para poder verse podían encender a luz de fora que cada un tiña na fachada da casa tres veces seguidas, as nove da noite, coma sinal. Esta estratexia funcionou durante uns meses pero Rexina, que o que tiña de grande tíñao de ruín, descubre a argallada e decide que Rosiña debe de ir a pasar uns meses cun irmán dela que exerce de Policía na Armada, en Vigo. Prepáranlle a maleta e no coche de liña, acompañada pola súa nai, marcha para Vigo.
Farruco non tivo tempo de nada, seguiu pendente daquela luz, cada día, as nove da noite, pero esta non se prendía, pensaba que o mellor sería a bombilla fundida, o que non sabía era que o seu amor atopábase mais lonxe que nunca e sen poderse comunicar.
        Pasados uns dez días, Farruco recibe unha carta na que Rosiña faille saber o sucedido, o rapaz chora desconsolado e non sabe que facer, aínda que ten moi claro que non hai tempo que perder, sabe que esperar a que volva Rosiña pode levalo a desesperación, así que decide viaxar para poder contactar con ela e saber de primeira man se ela o segue querendo ou se pensa deixalo,.
        O encontro foi do mais emotivo, fundíronse nunha aperta e choraron desconsolados, Seguen afianzados no seu amor e dispostos a loita contra vento e marea.
Farruco volta para aldea satisfeito e convencido que o amor da súa vida é Rosiña e que non sabe cando, pero  teno moi claro: os dous formaran unha familia.
        Durante seis meses que durou o exilio de Rosiña, comunicábanse por carta, na  derradeira, faille saber a Farruco, que volta á aldea, xa que o seu tío díxolle telefonicamente a súa irmán que o mellor que podía facer era deixar os dous rapaces que se quixeran e que decidiran o seu futuro.
        O regreso foi tan esperado, que os amigos de ámbolos dous, preparáronlles un encontro (coa excusa de facer o magosto) pois isto sucedía ala polo mes de Novembro.
Alegría non faltou ese día e moita conversa entre eles, elaboraron novas estratexias e planificaron os seu futuro, que adiviñábase algo espiñoso.
        Pasou un tempo, e fóronse vendo con menos dificultade, ata que un bo día, estando Farruco e Rosiña conversando no cubertiño o pe do forno, a súa nai Rexina, acercase a Farruco e dille que pase a cociña que ten que falar con el. Farruco que lle temblaban as pernas como xuncos, decide facer das tripas corazón e escoitar aquela dona.
Rexina, o primeiro que lle di e que xa está ben de mocear,  que o que ten que facer e  casar con Rosiña. A alegría foi tan grande, que Farruco abrazouse con tanta forza na súa futura sogra que case lle rompe o esqueleto. Rosiña tamén bicou a súa nai e Farruco comenta que dará a noticia aos seus pais e irmáns.
        Acordan data para o casamento; o cabo duns meses e nun día pasado por auga, celebrase con toda a solemnidade e rituais necesarios, pois as dúas familias eran moi relixiosas, e o ramo da noiva como é costume, foi regalo para a Virxen.
 Diste matrimonio naceron dous fillos: Pepiño e Carola.
Farruco e Rosiña viviron o seu amor durante moitos anos (como indicou o crego na lectura ata que a morte os separe).

Datos personales