29/3/09

Visita o muíño do Corgo



Visitaremos un antigo muiño de auga. Este tipo de "industrias" tiveron unha vital relevancia no desenvolvemento económico da época.
A base do cobro do cánon que consistía nunha porción de gran ou de fariña (a maquía), o muñeiro culminaba un proceso que se iniciaba co traballo da terra, a sementeira, recolección e a malla. E nesa transformación do gran (millo, centeo e trigo) empregábase unicamente a enerxía hidráulica que movía as pesadas pedras do muíño.
Visitaremos nesta ruta o Muiño do Corgo, situado na parroquia de Vilapoupre,este muíño conxuntamente con un aserradero,foi comprado no ano 1939 a familia (casa da carreira de Vilapoupre) polo Andiano emigrado a Mexico, Xosé Guerra Sánchez,que viviu e faleceu no LAR DOS AVÓS foron muñeiros Placido de Calabran, Anxel Ron,e o matrimonio Carmen e Antonio de San Lourenzo,deixou de ter actividade no ano 1975.
Sistema recomendable: En bicicleta ou a pe (a meirande parte do percorrido vai ser por carreteras ou camiños asfaltados)
Punto de partida: Alvidrón (LAR DOS AVOS)
Distancia aproximada (ida e volta): 5km450m.
Cobertura telefónica: boa.
Vexetación frondosa e abundante, que nos acompañara en boa parte do noso percorrido.
Partiremos da aldea de Alvidrón,(LAR DOS AVÓS)baixaremos polo medio da aldea, ata igrexa,xiraremos a dereita, seguiremos o camiño que nos leva a Mancegara,a 600 metros atoparemos un cruce de camiños,debemos de coller a man esquerda,como se foramos adentranos na aldea,a 800 metros atopase un regueiro continuaremos a dereita aloxándonos de Mancegar,para chegar ó lugar de Alvidrón de Outeiro, a 1.300m seguiremos o mesmo camiño; un pouquiño mais adiante, a 1.900m chegaremos,a Portocarreiro”A Casa da Terra” que poderemos ver á nosa esquerda,continuaremos pola carretera un pouquiño despois de sobrepasar Portocarreiro a 2.200 metros,deixaremos o asfalto para tomar un camino de terra que hai á esquerda. Con pouco máis de 400 metros xa estaremos a carón do rio...
A primeira construcción que nos atopamos (na marxe dereita do rio) é un refuxio de pescadores,que habitualmente está aberto, podendo resgardarnos da choiva ou do frio.
Xusto sobre a ponte, de pedra e formigón, que cruza o rio, podemos observar o Muiño. Trátase dunha construcción de cantería, con duas prantas e cuberta a tres augas. Dende esta privilexiada posición poden observarse con claridade as duas buxas (pezas de desaloxo da auga que xa se empregou como fonte enerxética do muiño) coas que conta esta construcción,o muiño atopase na pranta baixa,e a primeira pranta foi a vivenda do muñeiro.
Faremos o camiño de volta, para elo voltaremos sobre o camiño de terra ata atopar novamente o asfalto,lugar no que desta vez tomaremos á esquerda e seguiremos a carretera ata que nos achegue a Vilapoupre, 3.000m. Descorremos polo medio da aldea ata toparnos cun cruce de 4 camiños no que nos decidiremos polo da dereita a 3.500m deixando á esquerda a Igrexa de San Martiño de Vilapoupre.
Xa non deixaremos este estreito e asfaltado camiño,pasaremos o caron do campo da festa que queda a man esquerda seguiremos pola mesma via ata dar coa carretera de Alvidrón que sa topa a 4.400m.
Continuaremos á dereita pola xa coñecida carretera, que nos levará ó punto de partida,”LAR DOS AVOS”. 5.450m percorridos.

Visita ós petroglifos de San Fiz

A presente ruta pódese facer andando ou tamén en bicicleta.
Distancia a percorrer (Ida e volta): 17 Km
Recomendacións: Levar calzado axeitado para andar polo monte, auga para beber e protección solar,no verán.
Cobertura telefónica:Boa
Punto de partida: Alvidrón “LAR DOS AVÓS”.
Destino: Ladeira oriental do monte Farelo (zona de petroglifos no denominado "Monte de San Fiz")

Partimos con dirección a Antas de Ulla, e nada máis rematar a Praza Nova, tomamos á dereita pola Rúa Rodeiro. A 3,5 Km (rematada a citada rúa) seguimos novamente á dereita, tomando dirección a Vilasión-San Fiz-O Castro.

Seguiremos pola carretera, entre novas construccións unifamiliares de recente factura. De contado, cando deixemos atrás a última desas construccións e levemos pouco máis de 4 Km percorrido, veremos ó frente o Monte Farelo coroado polos eólicos en movemento...

Adentrámonos en Vilasión, onde nos recibirá unha escolta de centenarios carballos que a bo seguro refrescarán a camiñata se o día é soleado e caluroso. Deixarémonos levar polo medio da aldea, ata sobrepasala e continuando pendente abaixo (deixando á dereita o indicador que nos levaría a O Castro).

Despois da corta pero pronunciada baixada, adentrámonos na vexatación intensa de pastos, carballeiras e bidueiros que siguen o curso dun regato. Ese aire osixenado proporcionará ó visitante as forzas necesarias que precisará para subir ata o pobo de San Fiz.

Km 5,3: Estamos en San Fiz de Amarante. No primeiro desvío tomaremos á esquerda, deixando a Igrexa (que se o visitante ten tempo e así o determina, pode facer un pequeno alto para observar polo seu lado Oeste, cos escudos dos Condes de Amarante adornando a entrada).

No Km 6 un novo cruce, no que xiraremos novamente á esquerda, en dirección a Bellos-Ermide e Santa Cristina. (Detéñase neste cruce o visitante para observar ó frente un exemplar de hórreo de dous claros, suspendido sobre "mesas", elemento non moi habitual na bisbarra).

Sobrepasado San Fiz, no Km 6,6, deixaremos o asfalto para tomar o Camiño Real que hai á dereita, enfilando cara a falda do monte. Aquí o camiño tornarase duro para o ciclista; que seguramente ha poñer o pe en terra, debido á tosquedada que as augas correntes da montaña provocan na pendente de terra e pedras.

Con 7 Km percorridos xa estamos en plena falda da montaña. Percíbese na vexetación de coníferas e no aire que se respira. De contado atoparemos un cruce de camiños, no que elexiremos á dereita, cara un depósito de auga adicado a surtir do líquido elemento ós Servizos contra incendios.

A carón deste depósito podemos deixar as bicicletas, para continuar os 50-60 metros restantes á dereita, deixando o Camiño Real, e seguindo as pegadas que os veciños da zona deixaron coa maquinaria agrícola...

De contadiño, á nosa esquerda atoparemos "A Pena" (aprox. no Km 7,5). Este é un dos lugares do noso destino (que se corresponde coa fotografía que da título a esta Ruta).

A viaxe de regreso ímola facer polo Castro de Amarante. Para elo voltaremos sobre os nososo pasos ata o depósito de auga, para retomar o xa citado Camiño Real á dereita. Non o abandonaremos (xirando á dereita nun pequeno cruce, a continuación do cal atoparemos un rego que atravesa o camiño), ata dar novamente co asfalto (Km 8,8). Ese punto é unha encrucillada, na que tomaremos á dereita, baixando cara o Castro de Amarante. Neste treito acompañarannos sinais ou balizas indicadoras de zona cicloturística.

Descansará o ciclista na baixada ata o Castro, aldea que atopará o visitante no Km 10,4 cruzando unha pequena ponte sobre o afluente do Ulla, chamado "rio pequeno" ou "rio do Castro". Polo medio da aldea tomaremos sempre polo empedrado á esquerda, seguindo as sinais descritas anteriormente, que nos han levar á carretera de Lugo-Vigo (Km 10,9).

Nese punto tomaremos a citada vía á dereita (carretera con moito tráfico rodado, sendo aconsellables medidas de precaución se a ruta se fixo con nenos). De seguida chegaremos a Vilane, que nos recibe coa derradeira pendente ascendente do percorrido; ó final da que xa albiscaremos novamente as primeiras casas de Antas,chegado a Praza do Concello,colleremos a Rúa Xeneral Portomeñe,(carretera de Alvidrón) e a 3 km. Punto de partida “LAR DOS AVÓS”.

Visita á Pena Grande -Chousa de Lagüelas



Tempo estimado: unha hora e media.

Saímos do LAR DOS AVÓS, baixaremos polo medio da aldea, o chegar a igrexa xiraremos a dereita, seguimos camiño de Mancegar a nosa esquerda,tratase de un camiño estreito, a 400metros atoparemos as primeiras casas, seguindo dereito chegámonos a última casa da aldea, dende aquí xa podemos divisar a pena grande, acabase o asfaltado e comenza o camiño de terra, a nosa dereita atopase a pena, non existe camiño que nos leve ata ela,debemos ser respetuosos coas propiedades privadas e coas plantacións en caso de achegarnos a facer fotos ou mirala mais de preto.



Se nos situamos xusto onde acadau o camiño asfaltado e comenza o de terra, descorre a esquerda outro moi estreito, a 200m colleremos a dereita,ata que iste se acaba xusto diante da entrada a chousa de  Lagüelas a uns 150m.

Adentarémonos na chousa para ver mais de preto as arbores,carballos,bidueiros todos centenarios,destaca entre eles unha sobreira que conta con mais de 500 anos,esta chousa e propiedade do LAR DOS AVÓS.

A volta farémola polo mesmo camiño da ida,ata o punto de partida.

16/3/09

Santa María de Alvidrón

Esta aldea pertence ó arciprestazgo de Monterroso. A súa poboación é de 66 habitantes distribuida en 3 entidades de poboación. Os primeiros datos históricos que se coñecen desta parroquia remóntanse o ano 1289 e refírense á permuta habida entre o Obispo de Lugo e seu cabildo y Doña Urraca Fernández. Santa María de Alvidrón cítase como parroquia noTestamento Maior de Odoario (año 747).

Lar dos avós

Sempre acolledor é un lugar de acougo, pode que as súas orixes eclesiásticas impregnaran de calma as paredes...

Datos personales