12/4/11

CAMERON E A SÚA DONA

O primeiro ministro británico, David Cameron, e maila súa dona Samantha, viaxaron a Granada. Tódolos medios de comunicación fixéronse eco da noticia, destacando que viaxaron en un voo de baixo coste, aloxáronse nun hostal de tres estrelas, disfrutaron de pratos típicos en restaurantes do mais humilde,vestían de maneira informal e pasearon polas rúas como calquera outro cidadán.


Todo un exemplo que deberían seguir os nosos gobernantes, estes que teñen a caradura de cobrar suculentos xornais, viaxar en clase preferente, durmir nos plenos (cando van), gozan de coche oficial, gardas de protección... Parece ser que o medo atenázoos. Os seus fillos estudian nos mellores colexios, o resto dos cativos en barracóns coma fai corenta anos, os hospitais pechan plantas e non por falta de doentes, pero eles non teñen dúbida, son clientes da medicina privada (mais rápida e non teñen que facer cúa) e non satisfeitos, mais dun apropiase do alleo. E cantas cousas quedan aínda por dicir! Uns aproveitados.






Un exemplo, un eurodeputado cobra mensualmente 7.956 euros, mais 304 en dietas por pleno, uns 4.500 euros, 4.299 en gastos de oficina, 19.700 euros, en contratación de persoal administrativo, e por se isto fora pouco, xubilación aos 63 anos cunha pensión bruta de 5.600 euros (e non son catro a manter que son 50!!).

5/4/11

ORELLA DE PORCO "Á GALEGA"

INGREDIENTES:
Para  4  persoas.
1 kg de orella curada e salgada.
Aceite de oliva virxe.
Pemento picante.


PREPARACIÓN :
 Pola noite do día anterior,deixaremo-las orellas sumerxidas en auga, a  desalgar, é recomendabel que antes de cociñar se cambie a auga un par de veces para eliminar o sal.
Despois poñeremos auga nunha pota , e cando isto ferva, meteremos as orellas, a fogo lento durante unha hora e cuarto. Comprobaremos, pinchando as mesmas, a súa cocción.
Unha vez cocidas picarémolas como se de polbo se tratara, e utilizaremos un prato de  madeira para a presentación. Regar con abundante aceite de oliva e espolvorear cun chisco de pemento picante.
Así de sinxelo, listas para deleitar!

3/4/11

PAELLA "DA AVOA"

Paella para seis persoas.

INGREDIENTES:

100 grs de arroz Bomba , por persoa,
1/2 coello, picado.
250 grs de costela de porco celta, picada
1/4 de polo preferible de curral, picado.
2 sepias frescas picadas.
6 cigalas.
6 langostinos.
250 grs de ameixa.
450 grs de mexillóns.
100 grs de chícharros.
1 cebola triturada.
3 tomates maduros triturados.
1 pemento vermello, picado
2 dentes de allo, picados.
Sal.
2 litros de caldo de peixe.
6 culleradas de aceite.
Preparación:
Poñemos a paelleira ó lume co aceite e cando iste este quente, engadiremos o coello, o polo e a costela de porco; Procuraremos ir movéndoa cunha cullera de madeira, e cando a carne estea un pouco dourada, engadiremos as sepias, e mailo pemento vermello. Uns minutos despois a cebola e os allos, remexeremos durante cinco minutos e engadiremos as ameixas,  cigalas e langostinos, tamén os tomates triturados.
Manteremos a fogo medio uns 10 minutos remexendoo todo, engadiremos o caldo de peixe e esperaremos a que ferva para engadir o arroz (ben repartido por toda a paelleira), finalmente, deixaremos cocer uns 20 ou 30 minutos. Cinco minutos antes de que finalice a cocción engadir os chícharros repartidos por toda a paelleira,  a modo de decoración, espetaremos no arroz os mexillóns que con anterioridade teremos fervidos en auga. É moi importante sempre estar pendentes da cocción do arroz por si necesitaramos engadir mais caldo.Unha vez evaporado o caldo apagar o lume e deixar repousar uns 10 minutos.
Que vos aproveite!

Datos personales