23/9/13

Bo Xilai

 O dirixente chino Bo Xilai ex-secretario do Partido Comunista foi condenado a cadea perpetua por delitos de malversación de fondos,aceptación de subornos e abusos de poder, ademais fórenlle confiscadas a súas propiedades persoales que ascenden a 3,3 millóns de dólares.
Nada que ver con este pais chamado España onde a apropiación, a malversación, e os abusos de poder son diarios e continuados,e moitas veces estas condutas son premiadas. Estou seguro que si aquí houbera unha lexislación que castigara con cadea perpetua, e os xuíces foran valentes na súa aplicación... outro galo cantaría! A medicina sería tan eficaz que os tribunais de xustiza deixarían de estar colapsados, a crise económica non asistiría, recuperaríanse algúns valores perdidos e o mais importante os políticos deixarían de meter a mans no caixón dos cartos, para metelas nos petos do pantalón para protexerse do frío.

21/9/13

Mercado do Bellcaire (Els Encants Vells)

Adeus o antigo Bellcaire

O mercado mais antigo de Barcelona e Europa, pecha hoxe as súas portas, despois de mais de sete séculos, para irse o novo emprazamento a escasos 150 metros. Un mercado onde abundaban os obxectos de segunda mán, e tamén algúns novos de orixe, era moi peculiar pola poxa de lotes que se celebraba os luns,mércores e venres as 7,15h. da mañá, que moitos días remataba a la polas 8,45h, ocupaba uns 15.000m2 de terreo e visitábano mais de 80.000 persoas a semana, xente dos catro continentes.
Neste mesmo blogger o 26/10/2009 titulado (O home que mercaba case todo) quixen  homenaxar a Cándido bo coñecedor deste mercado, falecido fai moitos anos, dende o mais alá estará a ollar que xa nunca volverá a ser o mesmo.Descansen en paz Candido éo antigo mercado de Bellcaire tamén chamado o mercado das Glorias.
Desexándolle o mellor o novo emprazamento que botará a andar o mércores día 25/09/2013

Unhas fotografías feitas hoxe para o recordo.
Unha fotografía do novo emtrazamento.

19/9/13

As cousas deste pais

Xa se sabe " favor con favor se paga" e unha costume deste pais que cando un político deixa de selo sexa fichado por Endesa, Telefónica, Iberdrola, Gas Natural entre outras, o mais recente o nomeamento  de asesor internacional do Banco de Santander do Sr. Rodrigo Rato, que por certo no seu currículo, consta non haberse enterado da crise cando estaba no Fondo Monetario Internacional, tamen foi experto colaborador  da quebra de Bankia da que ainda hoxe esta imputado, co prexuízo que supuxo para moitos pequenos inversores que ainda non recuperaron os seus cartos e moitos deles perderano todo.
Non se publicou  o que vai a cobrar, se a memoria non me falla noutros casos semellares uns 200.000 euros, se non recordo mal entre o 2005 e 2008 xa cobrou iste soldo na mesma entidade, a todo isto temos que sumarlle outros tantos euros, tamén exerce de asesor en Telefónica,e nada mais e nada menos que por facer un par de reunións o ano.
Estou a facer unha reflexión, e estou a sacar unha conclusión se o Banco Santander está a punto de quebrar o fichaxe  e perfecto, xa terán a quen botarlle as culpas, pór polo que nos din e un dos mais solventes, quédome coa primeira reflexión, "favor por favor".
Agora entendo moito mellor porque os cataláns queren independizarse, pois como persoas intelixentes que son, pertencer a un pais con esta casta de políticos seguramente non e aconsellable, ademais e para avergoñarse.

Datos personales