31/7/13

Cañoto

Coruxo tiña un cadeliño que lle regalara o seu curmán Rufiño,para o día do seu cumpleanos. O cadelo era moi mal comedor, so lle gustaba comer algunha que outra larpeirada, como as tortas de millo feitas na lareira por Pepe do requinto, ou os chourizos de arroz da tía Maruca,que os colgaba na angarela para que os comera quentiños.
Pasado uns meses atopouse Coruxo co seu curmán Rufiño e preguntoulle que nome lle puxera ao cadeliño,Coruxo contestoulle que aínda estaba sen nome,e Rufiño suxeriulle que Cañoto era moi fermoso e o mesmo tempo facíanlle honra a un can dos coellos que tivera o seu pai que morrera de vello o carón do palleiro,disto facía moitos anos. Rufiño dixo: "non se fale mais,dámolo por bautizado".
Cañoto medraba pouco e os lugareiros chamábanlle cañotiño ata que un bo dia canso de que lle chamaran cañotiño, decidiu morder nas canelas a todos aqueles que non lle chamaran polo seu nome, Coruxo intentaba convencelo que mordendo aos veciños non se arranxaría o problema, polo que decidiu cambiar de aldea. Marxou a vivir a unha casiña pequena: a aldea de Toxos. Alí nada mais chegar,Coruxo púxolle un colariño co nome de cañoto,e os nenos da aldea berraban Cañotooooo e o can corría detrás deles, e así xogaban todos os seráns despois de saír da escola,Cañoto decidiu ir a escola cos seus amigos e o día seguinte así o fixo. O mestre D.Xulián non o deixou entrar quedándose fora moi triste,o saír do colexio os seus amigos deciden que Cañoto deberá levar libros e así sería a maneira de convencer a D. Xulián para que o deixara entrar. Dito e feito, o día seguinte coa  carteira as costas chea de libros, Cañoto preséntase diante don Xulián e iste recoméndalle que se sente o seu carón para ver mellor o encerado.Acabado o curso foi nomeado o mellor can da parroquia,para celebralo fixeron unha festa que non faltou de nada, ata as lamberetadas que lle gustaban a Cañoto.



Datos personales