18/5/09

Día das Letras Galegas

Hoxe, día das letras Galegas non faltan homenaxes para os nosos escritores por parte da crase política, recoñecemento mais que merecido pois eles son os transmisores da nosa lingua, utilizándoa e dando a coñecer a nosa riqueza cultural. Dende aquí grazas, unha aperta e ánimos pra seguir. Pero non quero esquecerme daqueles que considero foron os pioneiros en tempos difíciles coma Rosalía de Castro, Alfredo Brañas, Ramón Cabanillas, Domingo Fontan, Asorey e deixei para o último, o que quizás pódese considerar o primeiro: “Castelao “, que pola súa forma de pensar foi desterrado da súa terra. A tódolos mortos que deus os teña na gloria e os vivos moita saúde pra seguir a obra que outros empezaron, ben seguro que me deixei moitos sen nomear para todos eles, grazas…moitas grazas.
Déixeme lembrarme dunha persoa que nos deixou fai anos, non sabia ler nin escribir pero o amor pola súa terra e o saber facer das súas mans, facían a delicia dos camiñantes e sementeiras, estou a falar do zoqueiro e cesteiro Anxel de Ron, para él e outros coma él, nesta data, a miña humilde homenaxe.
17-05-2009

2 comentarios:

  1. Duas cousas: Primeiro: Castelao planeou e levou a cabo en Buenos Aires a sua obra de recupera-ción da lingua galega; Segundo: Anxel de Ron, o
    Guerra grande, veciño de Bertosende, toubo l3
    filhos, todos eles ahijados do noso avó, don Tomás Guerra, veciño de Alvidrón, tua terra nai.
    Ainda ai un xugo feito por él na casa de Gue-
    rra. Aquí en Buenos Aires vivieron e morreron 3
    filhos do Ron, Francisco, Tomás (gran ebanista) y Cármen, y viven 3 hijos de Tomás (Angel, Ma-
    ruja y Olga), mais outras dos de Francisco (El-
    sa y Alicia), todos excelentes personas.

    José Osvaldo Guerra (argentino de Alvidrón).
    Disculpadme la ortografía galega, pero e que eu´
    aprendin a falar o galego dende a cuna, cando me arrolaba minha avoa. Agora o falades mais académico, como ela decía "mais arremeixado"-

    ResponderEliminar
  2. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar

Datos personales