Río Lys
18/10/13
Gante - Bélxica
Catedral de San Bavón
Púlpito de mármol branco de Carrara e carballo de Dinamarca. Ano 1.745 representa o triunfo da verdade no tempo.
Púlpito de mármol branco de Carrara e carballo de Dinamarca. Ano 1.745 representa o triunfo da verdade no tempo.
Gante - Bélxica
Campanario de Gante
Torre medieval de 91m de alto, no 1.313 comezouse a súa construción acabada no ano 1.380.
Torre medieval de 91m de alto, no 1.313 comezouse a súa construción acabada no ano 1.380.
Bruxelas
Atomium
Simboliza un átomo, foi construída no ano 1958
con motivo da Exposición Universal.
Conta de nove esferas de aceiro conectadas entre elas por uns tubos polos que descorre un ascensor.
Ten 103m de altitude.

Parlamento Europeo
766 deputados elexidos por sufraxio universal cada cinco anos.
Representan a 450 millóns de cidadáns europeos.
766 deputados elexidos por sufraxio universal cada cinco anos.
Representan a 450 millóns de cidadáns europeos.
Bruxelas
Grand Place
Vista de noite
Unha Praza que destaca pola súa beleza arquitectónica, a maioría dos edificios datan do século XVII
Vista de noite
Unha Praza que destaca pola súa beleza arquitectónica, a maioría dos edificios datan do século XVII
Bruxelas
Grand Place
Concello de Bruxelas
Unha Praza que destaca pola súa beleza arquitectónica a maioría dos edificios datan do século XVII.
Concello de Bruxelas
Unha Praza que destaca pola súa beleza arquitectónica a maioría dos edificios datan do século XVII.
17/10/13
Bruxelas
Manneke Pis -Bruxelas
Unha pequena estatua de bronce, trátase de un neno mexando. Esta considerada como un simbolo da cidade.
Unha pequena estatua de bronce, trátase de un neno mexando. Esta considerada como un simbolo da cidade.
23/9/13
Bo Xilai
O dirixente chino Bo Xilai ex-secretario do Partido Comunista foi condenado a cadea perpetua por delitos de malversación de fondos,aceptación de subornos e abusos de poder, ademais fórenlle confiscadas a súas propiedades persoales que ascenden a 3,3 millóns de dólares.
Nada que ver con este pais chamado España onde a apropiación, a malversación, e os abusos de poder son diarios e continuados,e moitas veces estas condutas son premiadas. Estou seguro que si aquí houbera unha lexislación que castigara con cadea perpetua, e os xuíces foran valentes na súa aplicación... outro galo cantaría! A medicina sería tan eficaz que os tribunais de xustiza deixarían de estar colapsados, a crise económica non asistiría, recuperaríanse algúns valores perdidos e o mais importante os políticos deixarían de meter a mans no caixón dos cartos, para metelas nos petos do pantalón para protexerse do frío.
21/9/13
Mercado do Bellcaire (Els Encants Vells)
Adeus o antigo Bellcaire
O mercado mais antigo de Barcelona e Europa, pecha hoxe as súas portas, despois de mais de sete séculos, para irse o novo emprazamento a escasos 150 metros. Un mercado onde abundaban os obxectos de segunda mán, e tamén algúns novos de orixe, era moi peculiar pola poxa de lotes que se celebraba os luns,mércores e venres as 7,15h. da mañá, que moitos días remataba a la polas 8,45h, ocupaba uns 15.000m2 de terreo e visitábano mais de 80.000 persoas a semana, xente dos catro continentes.
Neste mesmo blogger o 26/10/2009 titulado (O home que mercaba case todo) quixen homenaxar a Cándido bo coñecedor deste mercado, falecido fai moitos anos, dende o mais alá estará a ollar que xa nunca volverá a ser o mesmo.Descansen en paz Candido éo antigo mercado de Bellcaire tamén chamado o mercado das Glorias.
Desexándolle o mellor o novo emprazamento que botará a andar o mércores día 25/09/2013
Unhas fotografías feitas hoxe para o recordo.
Unha fotografía do novo emtrazamento.

19/9/13
As cousas deste pais
Xa se sabe " favor con favor se paga" e unha costume deste pais que cando un político deixa de selo sexa fichado por Endesa, Telefónica, Iberdrola, Gas Natural entre outras, o mais recente o nomeamento de asesor internacional do Banco de Santander do Sr. Rodrigo Rato, que por certo no seu currículo, consta non haberse enterado da crise cando estaba no Fondo Monetario Internacional, tamen foi experto colaborador da quebra de Bankia da que ainda hoxe esta imputado, co prexuízo que supuxo para moitos pequenos inversores que ainda non recuperaron os seus cartos e moitos deles perderano todo.
Non se publicou o que vai a cobrar, se a memoria non me falla noutros casos semellares uns 200.000 euros, se non recordo mal entre o 2005 e 2008 xa cobrou iste soldo na mesma entidade, a todo isto temos que sumarlle outros tantos euros, tamén exerce de asesor en Telefónica,e nada mais e nada menos que por facer un par de reunións o ano.
Estou a facer unha reflexión, e estou a sacar unha conclusión se o Banco Santander está a punto de quebrar o fichaxe e perfecto, xa terán a quen botarlle as culpas, pór polo que nos din e un dos mais solventes, quédome coa primeira reflexión, "favor por favor".
Agora entendo moito mellor porque os cataláns queren independizarse, pois como persoas intelixentes que son, pertencer a un pais con esta casta de políticos seguramente non e aconsellable, ademais e para avergoñarse.

31/7/13
Cañoto
Coruxo tiña un cadeliño que lle regalara o seu curmán
Rufiño,para o día do seu cumpleanos. O cadelo era moi mal comedor, so lle
gustaba comer algunha que outra larpeirada, como as tortas de millo feitas na
lareira por Pepe do requinto, ou os chourizos de arroz da tía Maruca,que os
colgaba na angarela para que os comera quentiños.
Pasado uns meses atopouse Coruxo co seu curmán Rufiño e
preguntoulle que nome lle puxera ao cadeliño,Coruxo contestoulle que aínda
estaba sen nome,e Rufiño suxeriulle que Cañoto era moi fermoso e o mesmo tempo
facíanlle honra a un can dos coellos que tivera o seu pai que morrera de vello
o carón do palleiro,disto facía moitos anos. Rufiño dixo: "non se fale
mais,dámolo por bautizado".
Cañoto medraba pouco e os lugareiros chamábanlle cañotiño
ata que un bo dia canso de que lle chamaran cañotiño, decidiu morder nas
canelas a todos aqueles que non lle chamaran polo seu nome, Coruxo intentaba
convencelo que mordendo aos veciños non se arranxaría o problema, polo que
decidiu cambiar de aldea. Marxou a vivir a unha casiña pequena: a aldea de
Toxos. Alí nada mais chegar,Coruxo púxolle un colariño co nome de cañoto,e os
nenos da aldea berraban Cañotooooo e o can corría detrás deles, e así xogaban
todos os seráns despois de saír da escola,Cañoto decidiu ir a escola cos seus
amigos e o día seguinte así o fixo. O mestre D.Xulián non o deixou entrar
quedándose fora moi triste,o saír do colexio os seus amigos deciden que Cañoto
deberá levar libros e así sería a maneira de convencer a D. Xulián para que o
deixara entrar. Dito e feito, o día seguinte coa carteira as costas chea
de libros, Cañoto preséntase diante don Xulián e iste recoméndalle que se sente
o seu carón para ver mellor o encerado.Acabado o curso foi nomeado o mellor can
da parroquia,para celebralo fixeron unha festa que non faltou de nada, ata as
lamberetadas que lle gustaban a Cañoto.
22/5/13
RIPOLL 2013
RIPOLL – capital da comarca do Ripollés, terra de Condes e
Abades.
Domingo 19 de Maio, celebrouse unha boda entre dous
campesinos que recolle as costumes e tradiccións rurais do século XVIII, daquelas
xentes que tiñan un mellor poder adquisitivo.
Esta festa está considerada de interese turistico nacional.
Trátase dunha boda de verdade que comenza de boa mañá polas rúas
da cidade de Ripoll faise un percorrido acompañando a pubilla (noiva) e o seu
prometido ata a chegada o Moasteiro de Santa Maria de Ripoll onde se celebrará
o enlace.Iste Moasteiro e dos mais importantes do románico catalán, aquí son
recibidos con un baile tradicional chamado “ del Espunyolet” bailado por danzaires da comarca do Ripollés.
Os traxes dos noivos e acompañantes son típicos e tradicionais da comarca.
Tamén se complementa a festa con outras actividades, entre
elas cabe destacar a rapa das ovellas e fiar utilizando o fuso para a lana.
21/5/13
QUE ESTÁ A PASAR CO ENSINO
Tanta
Austeridade no ensino está a probocar a indignación dos ciudádans, docentes e
estudantes, se algunha cousa soupo facer ven iste goberno foi xuntalos a
todos. Que se pretende co aumento das tasas a merma dos profesores entre outras medidas?. A educación e a Sanidade teñen que
estar o marxe dos recortes. Se todas estas reformas veñen impostas de fora, sería hora de plantexarnos dicir adeus os
nosos veciños europeos, e se son ocurrencias do sr Wert para españolizarnos
debería deixar-lo ministeiro. O que me
parece a mín e que cantos mais burros haxa mellor e canto mais grande sexa o
rebaño menos complicacións para campar as súas anchas, os caras duras.
13/5/13
Tecendo morte
Os mais de
mil mortos e milleiros de feridos que deixou o derrubarse unha fábrica do téxtil
en Bangladesh, temos que sumarlle outros oito mortos nun incendio en outro
taller, e a isto engadir os que xa faleceron fai tempo (500 persoas en cinco
anos) polas mesmas ou parecidas causas.Dacca capital do pais é un bo atractivo
para empresas que buscan man de obra barata, que acada sendo unha ra-toneira
para as persoas que non teñen outra
alternativa.
As
institucións internacionais deben de poñer remedio a tanto despropósito e nos,
os consumidores tamén, “cando compramos unha prenda debemos de ollar dónde foi
feita” pois sabendo elixir evitaríamos moitas destas desgracias.
Estou a
recordarme do meu veciño Candido cando dicía vostede e bo xastre coñece o pano.
7/4/13
O noso pais
Hoxe, no noso
pais estase a falar moito, do caso Bárcenas, da espionaxe, .da princesa Corina,
de Urdangarin, da independencia de Catalunya… Poucos o case ninguén acórdase do
55% de mozos e mozas que están sen emprego, das reformas laborais que facilitan
o despido, soldos e contratos de merda, moita xente que non pode ter unha
vivenda, nin tampouco formar unha
familia, co aumento das taxas universitarias
moitos rapaces de familias probes terán que deixar os estudos e os que fagan
carreira so lle espera emigrar, como nos tempos dos nosos bisavós. Non se dan
conta que os mozos de hoxe serán os homes
e gobernantes do mañá.
E que dicir da
reforma das pensións: xubilación os 67
anos, aumento dos anos de cotización para ter dereito a unhas fragullas de
euros, acabouse o subsidio para maiores
de 52 anos, en definitiva rebaixa das pensións; Aforro e mais aforro, 5.000
millóns segundo o goberno. Agora pódese
seguir traballando despois de xubilado, unha nova figura incorporada o novo
sistema. Que vergoña veremos os nosos anciáns co caxato indo a traballar!
Representantes do
pobo únanse, tomen medidas para crear emprego, deixen de recortar en educación
e sanidade, estámoslles pagando para que busquen solución, non para vaian a durmir
o Congreso e cando espertar tomen
medidas que asfixian a maioría dos cidadáns, empobrecéndoos cada día mais e impedidos
do estado do benestar.
23/2/13
Paradoxo
Según as contas
publicadas polo sr. Rajoy cobrou 239.084
euros brutos no ano 2011 cando estaba de
xefe da oposición, ano 2012 como
presidente do goberno percibiu 74.912
euros brutos. Agora bou entendendo o mal
que o fai como presidente incumprindo todas as promesas electorais. O
máis seguro é que bote en falta estar na
oposición cobrando mais e sen responsabilidade”.
17/2/13
Aproveitarse do poder
Vendo o panorama existente na crase
política do noso país, obxectivamente podemos afirmar que é unha profesión do mais
rendible hoxe en día. A diario saen a lux contas multimillonarias sendo
titulares das mesmas políticos ou familiares.
Adicarse a
política tería que ser referendado por unha moralidade incualificable e que non
se permitirá, dirixir un país a xente que ve negocio en elo. Ser político tiña
que ser unha vocación de servizo ao pobo, non de roubar a sociedade para
asegurarlle unha boa vida a tres ou catro xenera-cións que o sucedan. Sempre me
resultou sospeitoso as liortas entre eles para chegar o poder. Non parece que
teñan moita vocación de servizo ao seu
país.
En Alemaña a
ministra de Educación dimitiu por un presunto plaxio de un te-sis doutoral de
todo isto fai 34 anos. Un ministro Inglés
tamén dimitiu por votarlle as culpas a súa dona dun accidente de circulación
que na realidade producirao el. Abdica a
raíña de Holanda. O papa Ben-edito XVI tamén se vai por falta de forzas e pouca
saúde.
En España
non dimite nin abdica ningún, da igual do que te acusen, tratase de negar e esperar
as resolucións dos tribunais de xustiza, que cando is-te resolva o mais seguro,
xa haberá prescrito.
Non
acadaríamos antes se enumeraramos os que
viven do seu xornal sen complementos, comisión é outros arranxos.”Seguramente
volveríamos a confiar no sistema”
Suscribirse a:
Entradas (Atom)