19/9/13

As cousas deste pais

Xa se sabe " favor con favor se paga" e unha costume deste pais que cando un político deixa de selo sexa fichado por Endesa, Telefónica, Iberdrola, Gas Natural entre outras, o mais recente o nomeamento  de asesor internacional do Banco de Santander do Sr. Rodrigo Rato, que por certo no seu currículo, consta non haberse enterado da crise cando estaba no Fondo Monetario Internacional, tamen foi experto colaborador  da quebra de Bankia da que ainda hoxe esta imputado, co prexuízo que supuxo para moitos pequenos inversores que ainda non recuperaron os seus cartos e moitos deles perderano todo.
Non se publicou  o que vai a cobrar, se a memoria non me falla noutros casos semellares uns 200.000 euros, se non recordo mal entre o 2005 e 2008 xa cobrou iste soldo na mesma entidade, a todo isto temos que sumarlle outros tantos euros, tamén exerce de asesor en Telefónica,e nada mais e nada menos que por facer un par de reunións o ano.
Estou a facer unha reflexión, e estou a sacar unha conclusión se o Banco Santander está a punto de quebrar o fichaxe  e perfecto, xa terán a quen botarlle as culpas, pór polo que nos din e un dos mais solventes, quédome coa primeira reflexión, "favor por favor".
Agora entendo moito mellor porque os cataláns queren independizarse, pois como persoas intelixentes que son, pertencer a un pais con esta casta de políticos seguramente non e aconsellable, ademais e para avergoñarse.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales