Vendo o panorama existente na crase
política do noso país, obxectivamente podemos afirmar que é unha profesión do mais
rendible hoxe en día. A diario saen a lux contas multimillonarias sendo
titulares das mesmas políticos ou familiares.
Adicarse a
política tería que ser referendado por unha moralidade incualificable e que non
se permitirá, dirixir un país a xente que ve negocio en elo. Ser político tiña
que ser unha vocación de servizo ao pobo, non de roubar a sociedade para
asegurarlle unha boa vida a tres ou catro xenera-cións que o sucedan. Sempre me
resultou sospeitoso as liortas entre eles para chegar o poder. Non parece que
teñan moita vocación de servizo ao seu
país.
En Alemaña a
ministra de Educación dimitiu por un presunto plaxio de un te-sis doutoral de
todo isto fai 34 anos. Un ministro Inglés
tamén dimitiu por votarlle as culpas a súa dona dun accidente de circulación
que na realidade producirao el. Abdica a
raíña de Holanda. O papa Ben-edito XVI tamén se vai por falta de forzas e pouca
saúde.
En España
non dimite nin abdica ningún, da igual do que te acusen, tratase de negar e esperar
as resolucións dos tribunais de xustiza, que cando is-te resolva o mais seguro,
xa haberá prescrito.
Non
acadaríamos antes se enumeraramos os que
viven do seu xornal sen complementos, comisión é outros arranxos.”Seguramente
volveríamos a confiar no sistema”
No hay comentarios:
Publicar un comentario