Hoxe, no noso
pais estase a falar moito, do caso Bárcenas, da espionaxe, .da princesa Corina,
de Urdangarin, da independencia de Catalunya… Poucos o case ninguén acórdase do
55% de mozos e mozas que están sen emprego, das reformas laborais que facilitan
o despido, soldos e contratos de merda, moita xente que non pode ter unha
vivenda, nin tampouco formar unha
familia, co aumento das taxas universitarias
moitos rapaces de familias probes terán que deixar os estudos e os que fagan
carreira so lle espera emigrar, como nos tempos dos nosos bisavós. Non se dan
conta que os mozos de hoxe serán os homes
e gobernantes do mañá.
E que dicir da
reforma das pensións: xubilación os 67
anos, aumento dos anos de cotización para ter dereito a unhas fragullas de
euros, acabouse o subsidio para maiores
de 52 anos, en definitiva rebaixa das pensións; Aforro e mais aforro, 5.000
millóns segundo o goberno. Agora pódese
seguir traballando despois de xubilado, unha nova figura incorporada o novo
sistema. Que vergoña veremos os nosos anciáns co caxato indo a traballar!
Representantes do
pobo únanse, tomen medidas para crear emprego, deixen de recortar en educación
e sanidade, estámoslles pagando para que busquen solución, non para vaian a durmir
o Congreso e cando espertar tomen
medidas que asfixian a maioría dos cidadáns, empobrecéndoos cada día mais e impedidos
do estado do benestar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario