Adeus o antigo Bellcaire
O mercado mais antigo de Barcelona e Europa, pecha hoxe as súas portas, despois de mais de sete séculos, para irse o novo emprazamento a escasos 150 metros. Un mercado onde abundaban os obxectos de segunda mán, e tamén algúns novos de orixe, era moi peculiar pola poxa de lotes que se celebraba os luns,mércores e venres as 7,15h. da mañá, que moitos días remataba a la polas 8,45h, ocupaba uns 15.000m2 de terreo e visitábano mais de 80.000 persoas a semana, xente dos catro continentes.
Neste mesmo blogger o 26/10/2009 titulado (O home que mercaba case todo) quixen homenaxar a Cándido bo coñecedor deste mercado, falecido fai moitos anos, dende o mais alá estará a ollar que xa nunca volverá a ser o mesmo.Descansen en paz Candido éo antigo mercado de Bellcaire tamén chamado o mercado das Glorias.
Desexándolle o mellor o novo emprazamento que botará a andar o mércores día 25/09/2013
Unhas fotografías feitas hoxe para o recordo.
Unha fotografía do novo emtrazamento.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario