13/5/13

Tecendo morte


                                            
Os mais de mil mortos e milleiros de feridos que deixou o derrubarse unha fábrica do téxtil en Bangladesh, temos que sumarlle outros oito mortos nun incendio en outro taller, e a isto engadir os que xa faleceron fai tempo (500 persoas en cinco anos) polas mesmas ou parecidas causas.Dacca capital do pais é un bo atractivo para empresas que buscan man de obra barata, que acada sendo unha ra-toneira para as persoas que non  teñen outra alternativa.
As institucións internacionais deben de poñer remedio a tanto despropósito e nos, os consumidores tamén, “cando compramos unha prenda debemos de ollar dónde foi feita” pois sabendo elixir evitaríamos moitas destas desgracias.
Estou a recordarme do meu veciño Candido cando dicía vostede e bo xastre coñece o pano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales