18/10/13

Bruxas - Bélxica

Concello de Bruxas

Bruxas- Bélxica

Praza Grote Markt
Tamén coñecida como Praza Maior

Bruxas -Bélxica

Torre Belfort
Altura 83m.

Bruxas -Bélxica

Canles

Gante - Bélxica

Gante 
Ven da palabra celta "ganda"Que fai referencia a confluencia de dous rios, Lys e Escalda
A cidade ten 247.000 habitantes, trátase de unha cidade da rexión de Flan-des, cidade flamenca con un fermoso casco urbano medieval.
Conta con unha rede importante de canles. O viaxe en tren dende Bruxelas dura uns 35 minutos.

Gante - Bélxica

Compartir espazo
A diferencia de outros países
A preferencia sempre para o mais débil.
" Entendese"

Gante - Bélxica

Edificio que pertence ao Concello actualmente en obras de restauración.

Gante - Bélxica

Castelo dos Condes de Gande
Construído por Felipe de Alsacia conde de Flan-des ano 1.157 - 1.191
Neste castelo naceu o rei Carlos I de España

Gante - Bélxica

Lonxa

Gante - Bélxica

Río Lys

Gante - Bélxica

Río Lys
Embarcadoiro

Gante - Bélxica

Río Lys

Gante - Bélxica

Catedral de San Bavón
Púlpito de mármol branco de Carrara e carballo de Dinamarca. Ano 1.745 representa o triunfo da verdade no tempo.

Gante - Bélxica

Igrexa de San Nicolás
Comezouse a súa construción no século XII

Gante -Bélxica

Igrexa de San Nicolás
Comezouse a súa construción no século XII

Gante - Bélxica

Concello de Gante

Gante - Bélxica

Campanario de Gante
Torre medieval de 91m de alto, no 1.313 comezouse a súa construción  acabada no ano 1.380.

Bruxelas

Atomium
Simboliza un átomo, foi construída no ano 1958
con motivo da Exposición Universal.
Conta de nove esferas de aceiro conectadas entre elas por uns tubos polos que descorre un ascensor.
Ten 103m de altitude.

Bruxelas

Parlamento Europeo
766 deputados elexidos por sufraxio universal cada cinco anos.
Representan a 450 millóns de cidadáns europeos.

Bruxelas

Parlamento Europeo
Interior do inmóbel

Bruxelas

Maison du Roi
Actualmente Museo da cidade
Xamais foi residencia do rei

Bruxelas

Protexer o medio
Andar en bicicleta é san e barato

Bruxelas

Mercado: Praza  Du Jeu-De-Balle

Bruxelas

Praza Du Petit Sablon
Igrexa: Notra Dame Du Sablon

Bruxelas

Igrexa: Notra Dame du Sablon

Bruxelas

Catedral San Miguel
Edificio gótico
Atópase moi preto da Estación Central da cidade

Bruxelas

Gofres: Recheo de xelado

Bruxelas

Rúa dos Marxe
Moi preto da Grand Place

Bruxelas

Rúa dos Bouchers

Bruxelas

Galerías comerciais
Saint Hubert
Tenda de chocolate.

Bruxelas

Galerías comerciais
Saint Hubert

Bruxelas

Pazo da Realeza Belga

Bruxelas

Pazo da Realeza Belga

Bruxelas

Igrexa: St. Jacques Sur Goudenberg

Bruxelas

Grand Place
Vista de noite
Destaca a súa beleza
arquitectónica.

Bruxelas

Grand Place
Vista de noite

Bruxelas

Grand Place
Vista de noite
Maison Ducs de Brabant

Bruxelas

Grand Place
Vista de noite
Unha Praza que destaca pola súa beleza arquitectónica, a maioría dos edificios datan do século XVII

Bruxelas

Grand Place
Edificio Concello de Bruxelas

Bruxelas

Grand Place
Concello de Bruxelas
Unha Praza que destaca pola súa beleza arquitectónica a maioría dos edificios datan do século XVII.

17/10/13

Bruxelas

Manneke Pis -Bruxelas
Unha pequena estatua de bronce, trátase de un neno mexando. Esta considerada como un simbolo da cidade.

23/9/13

Bo Xilai

 O dirixente chino Bo Xilai ex-secretario do Partido Comunista foi condenado a cadea perpetua por delitos de malversación de fondos,aceptación de subornos e abusos de poder, ademais fórenlle confiscadas a súas propiedades persoales que ascenden a 3,3 millóns de dólares.
Nada que ver con este pais chamado España onde a apropiación, a malversación, e os abusos de poder son diarios e continuados,e moitas veces estas condutas son premiadas. Estou seguro que si aquí houbera unha lexislación que castigara con cadea perpetua, e os xuíces foran valentes na súa aplicación... outro galo cantaría! A medicina sería tan eficaz que os tribunais de xustiza deixarían de estar colapsados, a crise económica non asistiría, recuperaríanse algúns valores perdidos e o mais importante os políticos deixarían de meter a mans no caixón dos cartos, para metelas nos petos do pantalón para protexerse do frío.

21/9/13

Mercado do Bellcaire (Els Encants Vells)

Adeus o antigo Bellcaire

O mercado mais antigo de Barcelona e Europa, pecha hoxe as súas portas, despois de mais de sete séculos, para irse o novo emprazamento a escasos 150 metros. Un mercado onde abundaban os obxectos de segunda mán, e tamén algúns novos de orixe, era moi peculiar pola poxa de lotes que se celebraba os luns,mércores e venres as 7,15h. da mañá, que moitos días remataba a la polas 8,45h, ocupaba uns 15.000m2 de terreo e visitábano mais de 80.000 persoas a semana, xente dos catro continentes.
Neste mesmo blogger o 26/10/2009 titulado (O home que mercaba case todo) quixen  homenaxar a Cándido bo coñecedor deste mercado, falecido fai moitos anos, dende o mais alá estará a ollar que xa nunca volverá a ser o mesmo.Descansen en paz Candido éo antigo mercado de Bellcaire tamén chamado o mercado das Glorias.
Desexándolle o mellor o novo emprazamento que botará a andar o mércores día 25/09/2013

Unhas fotografías feitas hoxe para o recordo.
Unha fotografía do novo emtrazamento.

19/9/13

As cousas deste pais

Xa se sabe " favor con favor se paga" e unha costume deste pais que cando un político deixa de selo sexa fichado por Endesa, Telefónica, Iberdrola, Gas Natural entre outras, o mais recente o nomeamento  de asesor internacional do Banco de Santander do Sr. Rodrigo Rato, que por certo no seu currículo, consta non haberse enterado da crise cando estaba no Fondo Monetario Internacional, tamen foi experto colaborador  da quebra de Bankia da que ainda hoxe esta imputado, co prexuízo que supuxo para moitos pequenos inversores que ainda non recuperaron os seus cartos e moitos deles perderano todo.
Non se publicou  o que vai a cobrar, se a memoria non me falla noutros casos semellares uns 200.000 euros, se non recordo mal entre o 2005 e 2008 xa cobrou iste soldo na mesma entidade, a todo isto temos que sumarlle outros tantos euros, tamén exerce de asesor en Telefónica,e nada mais e nada menos que por facer un par de reunións o ano.
Estou a facer unha reflexión, e estou a sacar unha conclusión se o Banco Santander está a punto de quebrar o fichaxe  e perfecto, xa terán a quen botarlle as culpas, pór polo que nos din e un dos mais solventes, quédome coa primeira reflexión, "favor por favor".
Agora entendo moito mellor porque os cataláns queren independizarse, pois como persoas intelixentes que son, pertencer a un pais con esta casta de políticos seguramente non e aconsellable, ademais e para avergoñarse.

31/7/13

Cañoto

Coruxo tiña un cadeliño que lle regalara o seu curmán Rufiño,para o día do seu cumpleanos. O cadelo era moi mal comedor, so lle gustaba comer algunha que outra larpeirada, como as tortas de millo feitas na lareira por Pepe do requinto, ou os chourizos de arroz da tía Maruca,que os colgaba na angarela para que os comera quentiños.
Pasado uns meses atopouse Coruxo co seu curmán Rufiño e preguntoulle que nome lle puxera ao cadeliño,Coruxo contestoulle que aínda estaba sen nome,e Rufiño suxeriulle que Cañoto era moi fermoso e o mesmo tempo facíanlle honra a un can dos coellos que tivera o seu pai que morrera de vello o carón do palleiro,disto facía moitos anos. Rufiño dixo: "non se fale mais,dámolo por bautizado".
Cañoto medraba pouco e os lugareiros chamábanlle cañotiño ata que un bo dia canso de que lle chamaran cañotiño, decidiu morder nas canelas a todos aqueles que non lle chamaran polo seu nome, Coruxo intentaba convencelo que mordendo aos veciños non se arranxaría o problema, polo que decidiu cambiar de aldea. Marxou a vivir a unha casiña pequena: a aldea de Toxos. Alí nada mais chegar,Coruxo púxolle un colariño co nome de cañoto,e os nenos da aldea berraban Cañotooooo e o can corría detrás deles, e así xogaban todos os seráns despois de saír da escola,Cañoto decidiu ir a escola cos seus amigos e o día seguinte así o fixo. O mestre D.Xulián non o deixou entrar quedándose fora moi triste,o saír do colexio os seus amigos deciden que Cañoto deberá levar libros e así sería a maneira de convencer a D. Xulián para que o deixara entrar. Dito e feito, o día seguinte coa  carteira as costas chea de libros, Cañoto preséntase diante don Xulián e iste recoméndalle que se sente o seu carón para ver mellor o encerado.Acabado o curso foi nomeado o mellor can da parroquia,para celebralo fixeron unha festa que non faltou de nada, ata as lamberetadas que lle gustaban a Cañoto.



22/5/13

RIPOLL 2013


RIPOLL – capital da comarca do Ripollés, terra de Condes e Abades.
Domingo 19 de Maio, celebrouse unha boda entre dous campesinos que recolle as costumes e tradiccións rurais do século XVIII, daquelas xentes que tiñan un mellor poder adquisitivo.
Esta festa está considerada de interese turistico nacional.
Trátase dunha boda de verdade que comenza de boa mañá polas rúas da cidade de Ripoll faise un percorrido acompañando a pubilla (noiva) e o seu prometido ata a chegada o Moasteiro de Santa Maria de Ripoll onde se celebrará o enlace.Iste Moasteiro e dos mais importantes do románico catalán, aquí son recibidos con un baile tradicional chamado “ del Espunyolet”  bailado por danzaires da comarca do Ripollés.
Os traxes dos noivos e acompañantes son típicos e  tradicionais da comarca.
Tamén se complementa a festa con outras actividades, entre elas cabe destacar a rapa das ovellas e  fiar utilizando o fuso para a lana.

21/5/13

QUE ESTÁ A PASAR CO ENSINO


                                           
Tanta Austeridade no ensino está a probocar a indignación dos ciudádans, docentes e estudantes, se algunha cousa soupo facer ven iste goberno foi xuntalos a todos. Que se pretende co aumento das tasas a merma dos profesores entre outras  medidas?. A educación e a Sanidade teñen que estar o marxe dos recortes. Se todas estas reformas  veñen impostas de fora,  sería hora de plantexarnos dicir adeus os nosos veciños europeos, e se son ocurrencias do sr Wert para españolizarnos debería  deixar-lo ministeiro. O que me parece a mín e que cantos mais burros haxa mellor e canto mais grande sexa o rebaño menos complicacións para campar as súas anchas, os caras duras.

13/5/13

Tecendo morte


                                            
Os mais de mil mortos e milleiros de feridos que deixou o derrubarse unha fábrica do téxtil en Bangladesh, temos que sumarlle outros oito mortos nun incendio en outro taller, e a isto engadir os que xa faleceron fai tempo (500 persoas en cinco anos) polas mesmas ou parecidas causas.Dacca capital do pais é un bo atractivo para empresas que buscan man de obra barata, que acada sendo unha ra-toneira para as persoas que non  teñen outra alternativa.
As institucións internacionais deben de poñer remedio a tanto despropósito e nos, os consumidores tamén, “cando compramos unha prenda debemos de ollar dónde foi feita” pois sabendo elixir evitaríamos moitas destas desgracias.
Estou a recordarme do meu veciño Candido cando dicía vostede e bo xastre coñece o pano.

7/4/13

O noso pais



Hoxe, no noso pais estase a falar moito, do caso Bárcenas, da espionaxe, .da princesa Corina, de Urdangarin, da independencia de Catalunya… Poucos o case ninguén acórdase do 55% de mozos e mozas que están sen emprego, das reformas laborais que facilitan o despido, soldos e contratos de merda, moita xente que non pode ter unha vivenda, nin tampouco  formar unha familia, co aumento das taxas  universitarias moitos rapaces de familias probes terán que deixar os estudos e os que fagan carreira so lle espera emigrar, como nos tempos dos nosos bisavós. Non se dan conta que os mozos de hoxe serán os homes  e gobernantes do mañá.
E que dicir da reforma das pensións:  xubilación os 67 anos, aumento dos anos de cotización para ter dereito a unhas fragullas de euros, acabouse  o subsidio para maiores de 52 anos, en definitiva rebaixa das pensións; Aforro e mais aforro, 5.000 millóns segundo o goberno.  Agora pódese seguir traballando despois de xubilado, unha nova figura incorporada o novo sistema. Que vergoña veremos os nosos anciáns co caxato indo a traballar!
Representantes do pobo únanse, tomen medidas para crear emprego, deixen de recortar en educación e sanidade, estámoslles pagando para que busquen solución, non para vaian a durmir o Congreso  e cando espertar tomen medidas que asfixian a maioría dos cidadáns, empobrecéndoos cada día mais e impedidos  do estado do benestar.

23/2/13

Paradoxo



 Según as contas publicadas polo sr. Rajoy cobrou  239.084 euros brutos  no ano 2011 cando estaba de xefe da oposición,  ano 2012 como presidente do goberno percibiu  74.912 euros brutos. Agora bou entendendo o mal  que o fai como presidente incumprindo todas as promesas electorais. O máis seguro  é que bote en falta estar na oposición cobrando mais e sen responsabilidade”.

Datos personales