4/5/11

PAELLA DO HORTO

INGREDIENTES para 4 persoas:


150 grs de costela de porco.
150 grs de polo.
400 grs de arroz. (100grs por persoa)
1/2 vaso pequeno de aceite de oliva.


1Cebola picada.
1/2 Pemento vermello, picado.
2 Cenorias picadas.
2 Tomates maduros picados.
1 Cabacín picado.
100 grs.de cabaza picada.
125 grs, de xudía verde picada.
1/2 Berinxena, picada.
2 Culleradas de sal.
100 grs de pasas.

PREPARACION :
Poñemos a cazola o lume co aceite, cando este quente o aceite engadimos a costela de porco e mais o polo, sofrexiremos durante uns dez minutos, engadir a cebola, cenorias e xudía verde, uns cinco minutos despois  os tomates, a cabaza, o cabacín e mais a berinxena, a fogo lento e remexendoo durante uns dez minutos. Engadir o caldo, 1 litro e 1/2 mais ou menos e cando isto ferva, esparcir o arroz por toda a cazola, sal o gusto de cada-un , tempo de coción de 20 a 30 minutos, cinco minutos antes de que remate a cocción engadir as pasas, deixar que repose cinco minutos antes de consumir. Lembrolles que tamen se pode facer con outras verduras como coliflor, tirabeques, repolo etc.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales