17/5/11

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Hoxe día das Letras Galegas, homenaxease ao escritor e poeta monfortino, Lois Pereiro.
Desexo que Academia Galega sempre tan acertada nas súas eleccións , algún ano lembre a obra  do escritor en ligua Galega, Doutor Manuel Rodriguez Troncoso.
Recollida do seu libro RELEMBRANZAS o poema:

               A  NOSA  LINGUA

¡¡ Deus meu !!  ¡¡ Xesús !!
¿Qué vexo hoxe ?
¡ Adicatoria en castelán !
Xoia prezada
da Terra Nosa,
limpa as bagullas sin te enoxar.

Ben sei que sofres,
fala amantiña,
ó verte fora d-onde has de estar,
coma na estatua de Castelao.

Ialma da Terra,
egrexia prenda,
sofres amiga, con dor de nai,
asoballada
por outra fala,
que-anque fermosa e lingua irmán-
non é a lingua
dos nosos pais.

Perdoa ós fillos, que te deleixan
e limpa as bágoas sin te enoxar.

Ano 1988

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales