14/12/10

AFORCARSE POR AMOR 1937-1995

   Casimiro, un home forte e loitador, traballador incansábel e amigo dos seus amigos, Antía, unha muller moi xeitosa, aínda que sempre foi unha dona delicada de saúde. Cando era nena, os seus pais xa pensaron que morría, pois unha doenza no peito non a deixaba respirar e tívoa apartada, moitos anos, do colexio. Finalmente, grazas o Doutor Rebouza e mais o curandeiro da parroquia de Fornelos da Baixo, conseguiron que a rapaza medrara e afacérase a vivir cos seus achaques, sabendo que se algún día casaba, non lle estaba recomendado ter mais dun fillo.
   Casimiro e Antía fixéronse noivos e decidiron casar, froito deste matrimonio naceu unha filla: Sabela. Pasaron uns anos e Antía volveu a quedar embarazada. Preocupada  e o mesmo tempo asustada, decidiu acudir a unha destas mulleres, que sen escrúpulos e asasinas por natureza, interrompen o embarazo, usando métodos caseiros e torturadores. Estas donas sen coñecementos de medicina e que, en Galiza abundaban moito,  provocaban, a maioría das veces, unhas hemorraxias mortais a súas “pacientes”. Traxicamente deste xeito aconteceu,  despois de dous días de loita contra a morte, Antía faleceu na súa casa, unha mañá cedo, nun día escuro de choiva, vento e tronos. Parecía o fin do mundo, os tronos eran tan fortes que daba a sensación de que alguén do mais alá estivera recriminado a atrocidade cometida a Antía.
Casimiro quedou moi apenado, coidando da súa meniña Sabela. Ela foi medrando o carón do seu pai e os dezaseis anos decidiu independizarse. Marchou a traballar a Ourense, a casa da súa tía, irmán da súa nai, que tiña un comercio de ultramarinos preto da estación do ferrocarril.
Casimiro quedou só e a tristura invadíao. O seu corazón pedíalle a berros  facerse cunha compañeira e esta apareceu nunha feira en Currelos. Alí atopouse cunha dona de nome Xulia que pretendía venderlle uns capóns. Os dous eran viudos cos fillos casados e compartían moitas loitas e tiñan moitas semellanzas. O destino quixo que o cabo de tres meses Xulia fora a vivir con Casimiro. Estiveron xuntos moitos anos e o amor que se tiñan un polo outro eran inseparables, pero xa se sabe que as cousas duran o que duran... Sabela, a filla de Casimiro no viu con bos ollos que o seu pai fixera constar no testamento que lle deixaba a casa onde vivían a Xulia, e comezaron as disputas.
Xulia chea de malas caras e tensións familiares, non o pensa dúas veces e marchou para súa casa, na que vivira toda vida. Casimiro desesperado foi falar co crego e decidiron ir os dous a convencela para que voltara con el. Xulia que tiña as cousas claras e era moi firme, non cedeu, dixo que se sentía pouco querida e que o seu amor apagouse.
Casimiro voltou para a casa desencaixado, as bágoas non deixaron de correr pola cara abaixo, con esta pena conviviu durante un ano, a paixón e o amor que tiña por Xulia fixeron que un día de amargura, se aforcara, non sen antes escribir unha carta de amor adicada a súa compañeira.
Nunca se soubo o que poñía a carta pois Sabela fíxoa pedazos nada mais ollala.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales