27/4/10

MONTE LARGO: Fonte das cartas

Se a fonte das cartas falara, cantas cousas saberíamos! Chismes, amoríos, rexoubas...Todo iso pra pasar a mañá ou a tarde mentres gardábanse as vacas ou as ovellas, rozábanse os toxos...fixeras o que fixeras sempre foi punto de encontro.




Fonte milagreira, moita auga no inverno e nin gota no verán, lugar de xuntanza de vellos e novos, de homes e donas ,de cativos


Quen das aldeas pretas non foi a beber e contar algún conto? Quen non pretendeu namorar algunha rapaza ou rapaz? Quen non insinuou saltar o valo da chousa de Lagüelas o Outeiro da Arca pra estar ó abrigo os días de frío? -en moitos casos era a escusa pra roubarlle un bico aquela rapariga máis alegre.


Hoxe a fonte segue no mesmo lugar, pero xa non ten xente o seu arredor, a maioría fóronse cos anos, moitos deles en sestelo están descansando eternamente, casualidades ou non o cemiterio está a mirar ó monte largo.


Xa non hai vacas que gardar nin ovellas pra pastorear nin contos que contar ... qué será do monte e da fonte! Teño a sensación que a vida en moitas das nosas aldeas está a piques de acabarse, espero que alguén se decate do erro e intente arranxalo, pois a liberdade e a tranquilidade so se atopan nestes recunchos: "aldeas" a onde non chegou ni chegara o botellón nin os ruídos e fumes das grandes cidades. Loitemos pra que as administracións nos doten dos servizos mínimos necesarios e teñamos nestes lugares o acougo e benestar que todos desexamos e que volten os contos e murmuracións á fonte das cartas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales