15/4/10

A LENDA DA CORUXA

Cando eu era un cativo, escoitábanse uns berros polas noites, berros tristes e temorosos que asustaban a calquera. Había unha lenda que dicía que os sons eran as discusións que tiñan as meigas e os espíritos cando xuntábanse á deliberar e marcar límites do dominio territorial de cada un, pra exercer mellor o seu cometido sen intromisión os uns no terreo dos outros.




Estes berros escoitábanse xa moi entrada a noite, polo monte do Conzado a Cualleira, pena de Valiños, rematando moitas veces no campanario da igrexa,como se este fora o derradeiro lugar de entendemento despois de horas.


Os mais vellos da parroquia dicían que cando os berros se silenciaban, era sinal de que remataron en acordo e os malos espíritos habían gañado. So quedaba pechar portas e ventás ata ó amañecer, para que estes malvados non pasaran pois o mais probable e que viñeran a levarse algún seareiro.


Os mais novos enfundados nunha caroza de xuncos para protexerse, achegábanse o carón da igrexa pra ausentalos. O que realmente conseguían era facer fora unha ave rapaz nocturna, científicamente chamada "ESTRIGIFORMES", que para moitos era o adianto da chamada do mais alá.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales