- Punto de saída: Alvidron“ LAR DOS AVOS”.
- Distancia a percorrer: (ida e volta) 11,400Km.
- Percorrido: Descorre todo por camiños asfaltados.
- Cobertura telefónica: non moi boa.
A ruta pódese facer andando ou en bicicleta.
- Tempo estimado: andando ida e volta (2 horas,40 minutos) en bicicleta ida e volta (1hora,10 minutos) contando alguna que outra parada para contemplar a natureza e o fluir do rio ulla, que cruzaremos dúas veces por distintas pontes.
Partimos da aldea de Alvidrón dirección Ponte Merced. A 400m atopamos a aldea de Feás e a 2km Ponte Merced.
Cruzamo-la ponte do rio Ulla e a escasos metros atopamos un cruceiro. Un pouco mais adiante ven unha curva moi pechada e perigosa ,neste punto colleremos a esquerda, camiño de Chorexe, tal e como nos indica o cartei.
A 4,200km atopamos a aldea,colleremos a esquerda e a 200m atoparemos o Pazo de Pardo Ouro (popular Xinecólogo moi querido nestas terras, alá polo ano 1950). Continuaremos iste camiño ata chegar a Santa Mariña,antes atoparemos de novo outra ponte do rio Ulla, que cruzaremos. De seguido veñen catro casas e un pouco mais adiante un stop, dende iste punto xa se devisa a igrexa de Santa Mariña. No medio da aldea atópase unha praza (km 6,300 do noso percorrido). Nesta aldea podemos ver o pazo dos condes que lle deron nome á parroquia.Os seus restos repousan no cemiterio ó pe da igrexa.

De volta á praza colleremo-lo camino que fai baixada e nos levará á Ponte Merced (km 9,200) xusto de frente topámonos coa capela, pois ben, debemos coller a dereita polo mesma estrada da ida, ata o punto de partida,(km 11,400)LAR DOS AVOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario