9/1/10

AVE




Como pódese ver na fotografía, colgando dunha das torres da Sagrada Familia de Barcelona atópase unha pancarta na que se pide o desvío do AVE.
Paréceme ben se realmente pode afectar as estructuras do templo; Aproveito pra darlle unha idea a Fomento: "que o desvíen e o leven a Galiza" pois descorrería por paraxes e terras nas que non se atopa ningún monumento nin tesouro e os galegos estaríamoslle moi agradecidos. Dispoñeríamos dun tren rápido para viaxar; Non como agora que tárdase catorce horas en unir as dúas nazóns, e xa postos a pedir, que fagan unha estación en Palas de Rei. E a dicir verdade non sería nada desatinado, pois co goberno de Felipe Gonzalez a alta velocidade chegou a Andalucía, gobernando Aznar levóuno a Valladolid, aínda que descoñezo se ten parada en Quintanilla de Onésimo,onde acostumaba a xogar a partida de cartas. Agora que temos Xosé Blanco de ministro - orixinario de Palas de Rei - (ESO SÍ, DE FALAR A SÚA LINGUA MATERNA NIN TORTA) paréceme moi acertada esta idea, seguro que os cataláns veríanno con bos ollos pois eles que son viaxeiros incansables, amantes da gastronomía galega e dos seus paisaxes estou convencido que non terían recelo en apoiar esta iniciativa.

9-01-2010

1 comentario:

  1. Ja ja ja . A última vez que collín tren que vai a Barcelona (que foi o pasado verán) tardei 11 horas en chegar dende Lugo a Zaragoza. Collín o tren porque non había outra forma de ir a Zaragoza. Para ir a Barcelona, sen dúbidas a solución é o avión.

    ResponderEliminar

Datos personales