6/4/10

PARIS 2ª parte

Son as 17:45horas, do día 25-09-2005. Atópome no aeroporto do Prat acompañado da miña esposa, a punto de embarcar no voo 746 da compañía AIRFRANCE con destino aeroporto de ORLY-PARIS. Duración da viaxe: unha hora e corenta minutos.



Embargado pola emoción comezo a lembrar a miña anterior viaxe, de todo isto fai 33 anos, coma xa expliquei en anterior ocasión, no post titulado “LEVALLOIS PERRET-PARIS”.


Collido da man da miña dona, as bágoas énchenme os ollos e o cor láteme a centovinte por hora.Intentaremos que estes días de lecer sexan o mais fermosos e proveitosos para os dous, nesa cidade, cuna do glamour e da paixón.



Chegamos a ORLY dentro do horario establecido, cóllemo-lo autobús RATP “Orly Bus”que nos leva ata place Denfert-Rochereau, e aquí a línea 10 de metro que nos deixa na rue EMILE ZOLA onde atópase o hotel. Na recepción, facémonos entender no noso humilde francés, e dicímoslle a recepcionista: “Boas tardes, somos españois e temos unha reserva de cinco días” , a moza moi alegre dirixíndose en castelán comenta que os seus pais son de SALAMANCA. Dáno-las chaves da habitación 126 e engade que está na segunda planta. Pídelle a madanme Faina, unha dona de cor, que traslade a maleta e o mesmo tempo nos acompañe. Eu dígolle que non fai falta, que xa nosoutros facíamosnos cargo do traslado da equipaxe; Pois a dicir verdade, véume o recordo a escravitude dos negros no século pasado, eu estaba a pensar o pouco ou nada que cambiaran as cousas. A miña dona non lle da importancia, pensa que Faina está a facer un traballo como calquera outro. Seguramente eu estea nun erro pois se lle deixara subir a maleta e lle dera unha propina estaríalle a facer un mellor favor.


Decidimos dar unha volta antes de que se faga de noite. Viaxar coa miña dona, que é moi organizada, e coma se foras o carón dun guía; Lévao todo apuntado ata tal punto que os lugares mais emblemáticos adícalle á visita un tempo determinado. Deste xeisto é imposible que che quede algo sen ver daquelo que ten interese. Eso si, sempre gardando o último día para visitar os grandes almacéns, neste caso as galerías Lafayette, e como non, sempre coa trotamundos na mán para que non quede recuncho sen ver,nin local de tapas sen visitar.


O día seguente comeza a nosa andaina: ducha, almorzo as sete e media e de seguido,a colle-lo metro.


Primeira visita MUSEO DO LOUVRE, claro que aquí, necesitasen catro días para percorrer con detenimento e observación tódalas obras que nel se espoñen pero a decir verdade, os nosos coñecementos en arte son tan limitados que cun día xa tivemos de sobra. Ademais o tempo apremia e a cidade espéranos para ofrecernos outros recunchos tamén de moito interese, e xa se sabe os días contados teñen isto.


Cansados de camiñar todo o día, decidimos colle-lo metro ata La Saint-Chapelle para ir a cear o restaurante Dishny, na rue Cail, no barrio comercial indocingalés (tal e coma indicou o meu compañeiro de traballo Xosé Luis que está casado cunha francesa). Comemos moi ben e barato, así que recuperadas as forzas e por iniciativa da miña muller imos dar unha volta polo barrio latino. Tomámo-lo o metro e a voltar por este lugar que aproveito para recomendar que a súa visita fágase pola noite, pois ten un encanto especial ( e moita marcha). Son as doce da noite e o cansancio comeza a facer mella en nós, para recobrar forzas nada mellor que uns dolces árabes que degustamos de regreso o hotel.


Son as oito da mañá e toca percorrer a ciudade. Comezamos polas igrexas, a primeira, a Catedral de NOTRE-DAME, despois a de SAINT-GERVAIS-SAINT-PROTAIS que atópase detrás do concello.


Levamos horas de pe, camiñando, e só cun café con leite e uns croissantes, temos un rebulir no estómago que nos obriga a facer unha paradiña no restaurante AU JAMBON DE BAIONA. Co bandullo repleto decidimos rematar na igrexa de SAINT-LOUIS na illa do mesmo nome construida no ano 1644 cunha decoración interior moi fermosa. Calquera pode pensar que somos moi relixiosos e nada mais lexos da realidade... Váise achegando a noite e o cansancio adonase de nos, como último decidimos visitar o ARC DE TRIUNF imaxinamos que iluminado de noite terá o seu atractivo, e aquí neste lugar e nese momento embárgame a emoción pois lémbrome do mes de Agosto de fai trinta e cinco anos, as oito e media da mañá, canda pasaba eu por iste lugar conducindo un Renault 4 para recoller un compañeiro de traballo chamado Santamariña...Teño que recoñecer que tiña o permiso de conducir recén sacado e a atención tiña posta na circulación, o que non me permitiu observar iste monumento emblemático para os Parisinos e tamén para os que non o son, pídolles desculpas.


Hoxe madrugamos un pouco mais, son as sete da mañá e estamos almorzando. Dentro de media hora a miña dona quere saír, di que é a mellor maneira de aproveitar o día. Collemos a cámara fotográfica e votamos a andar. Toca visitar entre outros os INVALIDES, CAMPS-ELYSEOS e MONTMARTRE neste último lugar atópanse uns pintores que ofrecen os visitantes as súas obras de arte, entre eles atópase un home de avanzada idade chamado JOAN un catalán de Barcelona que fuxindo da guerra de España, fixo súa esta cidade encantadora e cosmopolita. Comezamos a falar con el en catalán e as bágoas resbálanselle dos seus ollos, colle o pincel na man dereita e intenta disimular informándonos dos trazados que él imprime a súa pintura, temblorosa a súa voz pídenos desculpas pola emoción que o embarga (cada vez que ten oportunidade de falar o seu idioma materno, lembrándose do seu pasado e da morriña que o atenaza). Para que despois digan que so os galegos temos morriña! Mercámoslle dúas pinturas nas que se topa reflexado o barrio de MONTMARTRE, despedímonos e desexámonos o mellor.


Regresamos o Hotel, pois deberíamos deixar as mercaderías e asearnos un pouco, xa que a media tarde espéranos a subida á torre EIFFEL e eu que lle teño reservada unha sorpresa a miña dona trato de convencela para que vaia ben arranxada. Ela bota unha carcaxada coma se algo sospeitara, di que para subir a torre debemos levar roupa cómoda. Penso que ten razón, o traxe non fai o monxe, tampouca dende as fermosas vistas da ciudade, dende o alto da torre.


Xa comeza a iluminar a ciudade e decidimos dar un paseo en barco polo rio SENA para mais tarde acabar ceando nun dos barcos atracados para tal fin, esta era a sorpresa!


E xa chegamos ao último día da viaxe, reservado para as compras e regalos,e uns paseos pola OPERA e todos os seus arredores.


Son as cinco da tarde e debemos prepararnos para marchar ao aeroporto de ORLY pois o noso voo ten saída as 20 horas e non hai tempo que perder.Un vez no aeroporto ofrecésenos a oportunidade por parte da compañía Iberia de viaxar nun voo que esta a punto de saír, aceptamos o ofrecemento pois supoñía chegar a Barcelona unha hora antes.


Subimos ó avión e comezan os problemas... a miña dona levaba na man, as pinturas que comprara en MONTMARTRE por certo moi ben empaquetadas, pero a azafata dille que non pode levalas con ela pois ese asento e saída de emerxencia. Así que comeza o tira e afrouxa entre ámbalas dúas, ata que ó final un matrimonio que viaxaba detrás noso prestouse a cambiarno-lo sitio. Así son os protocolos: saídas de emerxencia libres e o certo e que estas portas sirven de ben pouco ou nada, pero os protocolos teñen estas cousas, pois a seguridade e o que prima, emprendemos viaxe de regreso e aterramos no PRAT sen novidade, xa cansados do moito que paseamos e vimos e o mesmo tempo recordando o que nos quedou por ver. Se podo penso volver, cando non o sei...

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales