18/10/13
Gante - Bélxica
Gante
Ven da palabra celta "ganda"Que fai referencia a confluencia de dous rios, Lys e Escalda
A cidade ten 247.000 habitantes, trátase de unha cidade da rexión de Flan-des, cidade flamenca con un fermoso casco urbano medieval.
Conta con unha rede importante de canles. O viaxe en tren dende Bruxelas dura uns 35 minutos.

Castelo dos Condes de Gande
Construído por Felipe de Alsacia conde de Flan-des ano 1.157 - 1.191
Neste castelo naceu o rei Carlos I de España
Construído por Felipe de Alsacia conde de Flan-des ano 1.157 - 1.191
Neste castelo naceu o rei Carlos I de España
Gante - Bélxica
Catedral de San Bavón
Púlpito de mármol branco de Carrara e carballo de Dinamarca. Ano 1.745 representa o triunfo da verdade no tempo.
Púlpito de mármol branco de Carrara e carballo de Dinamarca. Ano 1.745 representa o triunfo da verdade no tempo.
Gante - Bélxica
Campanario de Gante
Torre medieval de 91m de alto, no 1.313 comezouse a súa construción acabada no ano 1.380.
Torre medieval de 91m de alto, no 1.313 comezouse a súa construción acabada no ano 1.380.
Bruxelas
Atomium
Simboliza un átomo, foi construída no ano 1958
con motivo da Exposición Universal.
Conta de nove esferas de aceiro conectadas entre elas por uns tubos polos que descorre un ascensor.
Ten 103m de altitude.

Parlamento Europeo
766 deputados elexidos por sufraxio universal cada cinco anos.
Representan a 450 millóns de cidadáns europeos.
766 deputados elexidos por sufraxio universal cada cinco anos.
Representan a 450 millóns de cidadáns europeos.
Bruxelas
Grand Place
Vista de noite
Unha Praza que destaca pola súa beleza arquitectónica, a maioría dos edificios datan do século XVII
Vista de noite
Unha Praza que destaca pola súa beleza arquitectónica, a maioría dos edificios datan do século XVII
Bruxelas
Grand Place
Concello de Bruxelas
Unha Praza que destaca pola súa beleza arquitectónica a maioría dos edificios datan do século XVII.
Concello de Bruxelas
Unha Praza que destaca pola súa beleza arquitectónica a maioría dos edificios datan do século XVII.
17/10/13
Bruxelas
Manneke Pis -Bruxelas
Unha pequena estatua de bronce, trátase de un neno mexando. Esta considerada como un simbolo da cidade.
Unha pequena estatua de bronce, trátase de un neno mexando. Esta considerada como un simbolo da cidade.
23/9/13
Bo Xilai
O dirixente chino Bo Xilai ex-secretario do Partido Comunista foi condenado a cadea perpetua por delitos de malversación de fondos,aceptación de subornos e abusos de poder, ademais fórenlle confiscadas a súas propiedades persoales que ascenden a 3,3 millóns de dólares.
Nada que ver con este pais chamado España onde a apropiación, a malversación, e os abusos de poder son diarios e continuados,e moitas veces estas condutas son premiadas. Estou seguro que si aquí houbera unha lexislación que castigara con cadea perpetua, e os xuíces foran valentes na súa aplicación... outro galo cantaría! A medicina sería tan eficaz que os tribunais de xustiza deixarían de estar colapsados, a crise económica non asistiría, recuperaríanse algúns valores perdidos e o mais importante os políticos deixarían de meter a mans no caixón dos cartos, para metelas nos petos do pantalón para protexerse do frío.
21/9/13
Mercado do Bellcaire (Els Encants Vells)
Adeus o antigo Bellcaire
O mercado mais antigo de Barcelona e Europa, pecha hoxe as súas portas, despois de mais de sete séculos, para irse o novo emprazamento a escasos 150 metros. Un mercado onde abundaban os obxectos de segunda mán, e tamén algúns novos de orixe, era moi peculiar pola poxa de lotes que se celebraba os luns,mércores e venres as 7,15h. da mañá, que moitos días remataba a la polas 8,45h, ocupaba uns 15.000m2 de terreo e visitábano mais de 80.000 persoas a semana, xente dos catro continentes.
Neste mesmo blogger o 26/10/2009 titulado (O home que mercaba case todo) quixen homenaxar a Cándido bo coñecedor deste mercado, falecido fai moitos anos, dende o mais alá estará a ollar que xa nunca volverá a ser o mesmo.Descansen en paz Candido éo antigo mercado de Bellcaire tamén chamado o mercado das Glorias.
Desexándolle o mellor o novo emprazamento que botará a andar o mércores día 25/09/2013
Unhas fotografías feitas hoxe para o recordo.
Unha fotografía do novo emtrazamento.

19/9/13
As cousas deste pais
Xa se sabe " favor con favor se paga" e unha costume deste pais que cando un político deixa de selo sexa fichado por Endesa, Telefónica, Iberdrola, Gas Natural entre outras, o mais recente o nomeamento de asesor internacional do Banco de Santander do Sr. Rodrigo Rato, que por certo no seu currículo, consta non haberse enterado da crise cando estaba no Fondo Monetario Internacional, tamen foi experto colaborador da quebra de Bankia da que ainda hoxe esta imputado, co prexuízo que supuxo para moitos pequenos inversores que ainda non recuperaron os seus cartos e moitos deles perderano todo.
Non se publicou o que vai a cobrar, se a memoria non me falla noutros casos semellares uns 200.000 euros, se non recordo mal entre o 2005 e 2008 xa cobrou iste soldo na mesma entidade, a todo isto temos que sumarlle outros tantos euros, tamén exerce de asesor en Telefónica,e nada mais e nada menos que por facer un par de reunións o ano.
Estou a facer unha reflexión, e estou a sacar unha conclusión se o Banco Santander está a punto de quebrar o fichaxe e perfecto, xa terán a quen botarlle as culpas, pór polo que nos din e un dos mais solventes, quédome coa primeira reflexión, "favor por favor".
Agora entendo moito mellor porque os cataláns queren independizarse, pois como persoas intelixentes que son, pertencer a un pais con esta casta de políticos seguramente non e aconsellable, ademais e para avergoñarse.

31/7/13
Cañoto
Coruxo tiña un cadeliño que lle regalara o seu curmán
Rufiño,para o día do seu cumpleanos. O cadelo era moi mal comedor, so lle
gustaba comer algunha que outra larpeirada, como as tortas de millo feitas na
lareira por Pepe do requinto, ou os chourizos de arroz da tía Maruca,que os
colgaba na angarela para que os comera quentiños.
Pasado uns meses atopouse Coruxo co seu curmán Rufiño e
preguntoulle que nome lle puxera ao cadeliño,Coruxo contestoulle que aínda
estaba sen nome,e Rufiño suxeriulle que Cañoto era moi fermoso e o mesmo tempo
facíanlle honra a un can dos coellos que tivera o seu pai que morrera de vello
o carón do palleiro,disto facía moitos anos. Rufiño dixo: "non se fale
mais,dámolo por bautizado".
Cañoto medraba pouco e os lugareiros chamábanlle cañotiño
ata que un bo dia canso de que lle chamaran cañotiño, decidiu morder nas
canelas a todos aqueles que non lle chamaran polo seu nome, Coruxo intentaba
convencelo que mordendo aos veciños non se arranxaría o problema, polo que
decidiu cambiar de aldea. Marxou a vivir a unha casiña pequena: a aldea de
Toxos. Alí nada mais chegar,Coruxo púxolle un colariño co nome de cañoto,e os
nenos da aldea berraban Cañotooooo e o can corría detrás deles, e así xogaban
todos os seráns despois de saír da escola,Cañoto decidiu ir a escola cos seus
amigos e o día seguinte así o fixo. O mestre D.Xulián non o deixou entrar
quedándose fora moi triste,o saír do colexio os seus amigos deciden que Cañoto
deberá levar libros e así sería a maneira de convencer a D. Xulián para que o
deixara entrar. Dito e feito, o día seguinte coa carteira as costas chea
de libros, Cañoto preséntase diante don Xulián e iste recoméndalle que se sente
o seu carón para ver mellor o encerado.Acabado o curso foi nomeado o mellor can
da parroquia,para celebralo fixeron unha festa que non faltou de nada, ata as
lamberetadas que lle gustaban a Cañoto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)