¿ Lenda ou non ? Dicíase que en Outeiro vivía unha meiga, chamada Arca, que polo día era dona e pola noite convertíase nunha ave rapaz para asustar cos seus berros aos lobos, que de Laguelas pasando pola Pena de Valiños, adoitaban a refuxiarse neste recuncho de monte, onde comían as presas que cazaban noutros lugares.
Coméntase que nunha ocasión, un lobo fíxolle frente comezando a ouvear, isto fixo que acudiran mais lobos e o dito popular di que Arca deixou de ser ave transformándose en meiga. Coas súas vestimentas negras e unha escoba de corres de xesta, ausentounos de tal maneira que o parecer os animais cruzaron a presa de Servan no riu pequeno cara o monte de Barreiro.
Grazas a ela, os lobos desde entón xa non frecuentan este zona. (Daquela o nome do Outeiro da Arca )
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario