Fernández, un vilalbés, de familia moi popular na vila, sempre foi moi inquieto, e alá polos anos sesenta decidiu emigrar a Alemaña. Despois duns anos de traballo neste pais, decidiu voltar a España, en concreto a Barcelona. Unha vez superadas as probas selectivas, entrou a formar parte da policía local (Guardia Urbana) do Concello.
Entre moitos e bos servizos, eu quero destacar o que aconteceu o 31 de xaneiro do 1994, cando se produciu o incendio do TEATRO LICEO. O edificio quedou reducido a cinzas na súa totalidade. Este galego axudou a rescatar moitas e valiosas obras das que alí se expoñían, testemuña de todo isto foron os xornais que sacaron a súa fotografía rescatando un cadro de Picasso.
Dende onde queiras que esteas, quero recordarte por ser tan boa persoa e a túa valentía nos feitos. Como ti dicías, unha vez morto ninguén se acorda de tí, amenos que deixes unha boa herdanza. Neste caso esta é a túa herdanza, e a de todos os que amamos o arte.
Dende o mais alá, espero que poidas contemplar esta fermosa obra, xa que por culpa da túa doenza non estiveches a tempo de coñecer a súa restauración, Ata sempre amigo Fernández.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario