9/7/10
CARALLO CO TOXO
Naces nos montes, nas leiras, nos prados, alí onde te deixan e tes oportunidade, es mais galego que ninguén, aproveitáronse e aprovéitanse de ti, ata fixeron licor das túas frores o chamado whisky galego. Fuches utilizado para alimentar e dar acougo e cama aos animais, tamén para fertilizante da terra, chegaches a Galiza da man de vai ti saber quen, quedácheste connosco para formar parte da nosa identidade e cando chega a primavera cóbreste de encanto co teu manto de cor amarelo, non mordes, por espiñas, fixeron de ti un dito que se utiliza para defnir aqueles que son pouco ou nada agradables din deles"eres coma un toxo" es un toxo, e se de min dependera declararíate un ben de interese cultural e protexido como o están os hórreos, pois formades parte do encanto da nosa terra, aínda que non temos que esquecer que hai que controlarte, teñente considerada unha das cen especies invasoras do mundo, ( e ademais espiñas .)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario