O RAPOSO FARSANTE
Alá pola media noite, escoitou o ruído dos galos, que botáronse dende o alto do xugo das vacas onde acostumaban a pasar a noite, con moito desespero e sen deixar de cacarexar, a dona que escoitou o barullo despertou ao seu home e díxolle: “ Xosé corre vaite o curro que anda o raposo coas galiñas”. Xosé botouse da cama e colleu unha fouce para ir en busca do farsante; prendeu a luz e no medio do curro atopouse ao raposo que tumbado no chan disimulaba que estaba morto. En vista de que non rebulía dixo Xosé: ” Enchícheste pero xa ves esbourouche o bandullo” Xosé voltou a cama comentoulle a súa dona o sucedido e entre os dous comentaron, (estívolle ven pois fartouse para sempre).
O amañecer, María foi mirar cantas galiñas matara e comera o raposo e o mesmo tempo leva-va un saco para ficalo dentro e tirar con el ao lixo; pero cal foi a súa estrañeza cando o raposo non estaba e as galiñas non faltaba ningunha, ela coméntallo o seu home, é iste cos veciños eo parecer era moi habitual neste rapóso facerse o morto para poder escapar e sobrevivir cando o collían dentro dos galiñeiros. Os seareiros entre eles comentaban e dicían fíxate iste raposo mira que é farsante, como nos engana.