27/6/10
LEIRA DE PAPOULAS
Din desta fermosa planta que ten propiedades curativas.Tamén utilízase na gastronomía e os feitizos das meigas. Din que ten propiedades de fertilidade, amor, diñeiro e sorte. Con todas estas ventaxas teremos que facer mais plantacións.
( foto 28-5-2010 NARBONNE sur de Francia )
26/6/10
Carcassone - Francia
25/6/10
Costumes e tradicións
DESFILE DE CABALOS E CARRUAXES.
O día de San Isidro, patrón dos labradores celébrase, en moitos pobos de Catalunya, un pasa rúas.
As carruaxes son moi variadas, sempre significando a utilidade que antigamente dábaselle a cada un deles.
A vestimenta das persoas nestes desfiles é moi tradicional: boinas escuras ou vermellas, panos arredor do pescozo, camisas brancas ou de cadros e chalecos negros.
Nestas fotografías recóllese unha mostra do acontecido na comarca do Baixo Llobregat o dia 16 -5-2010
Hórreo erguido
Estou a pensar nos teus amos...Deus!cada vez que teñen que subir ou baixar! Lembraranse, mais de catro veces, do día en que decidiron poñerte en tal pedestal.
Iso sí, vixía que non te vexa o goberno pois mira a baixada dos xornais dos funcionarios e pensionistas.. Estamos en tempos que cho baixan todo, pero no teu caso, non serviría un real decreto, necesitaríase unha grúa de Fomento e tamén lle chegaron os recortes...polo tanto, segue tranquilo, nada que temer por uns anos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)