UN BÓ HOMENAXE QUE BEN MERECEDES
¡¡ Correi rapaciños, labregos d-aldeia,
vinde mariñeiros da veira do mar,
galegos máis probes da nosa Galicia-
andai todos xuntos, vinde á capital,
ó noso Santiago, Praza do Obradoiro,
que vanvos faguer fronte á Catedral
un bó homenaxe, que ben mereces,
por salvar a lingua do noso falar!!
Grazas a vosoutros, rapaces d-aldeia,
labregos dos vales, dos montes, das chans,
mariñeiros nobres, galegos aitentes,
-e non ós das vilas nin os da cidá-
vive a nosa lingua, con forza, con xenio,
que agora se fala na Universidá.
Por iso tamén fanvos unha estatua
onde a Rosalía na mesma cidá,
pois sodes con ela salvadores fieis
da lingua galega, do noso falar.
De: Manuel Rodriguez Troncoso
( RELEMBRANZAS)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario