7/12/14

Nadal

Agora que estamos en Nadal a piques de rematar o ano agárdannos moitos días de xuntanza en familia, a carón dunha boa mesa con comidas e bebidas de pracer, polo que non estaría por demais recordar algúns refráns,( di -cese de eles que teñen moito de certo).

Ano novo e viño novo non manteñen.

Comer e beber
botan a casa a perder,
dormir e folgar
pódena esborrallar.

Por beber medio netiño e comer media tallada
nunca se perdeu nada.

A carne pon carne
o pan pon a panza
e o viño guía a danza.

Alegria, alegrote
que hai viño na cuba e chourizos no pote.

A pouca comida
pouca bebida.

O comer e o beber non queren presas.

O pan con ollos, o queixo cego,
e o viño anexo.

Pan, con fartura,
e viño con, mesura.

Pan de onte
carne de hoxe
e viño de antano
manteñen  ó home sano.

Pan, que sobre,
carne que abonde,
viño que non falte,
e alegria que abaste.


Quen ben come e ben bebe
fai o que debe.

Con auga e con aire
non convides a naide.

Boas festas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales