Desexo que Academia Galega, sempre tan acertada nas súas eleccións, algún ano lembre a obra do escritor en lingua galega, Doutor Manuel Rodriguez Troncoso.
Recollida do seu libro Relembranzas o poema:
FALEMOS A NOSA LINGUA
Falemos, irmáns, galego.
falemos a nosa lingua
idioma dá terra nosa
das alfonsies cantigas;
a que falan nas aldeias
do rural e da mariña;
a que escribiu Castelao,
Curros, Bouza, Rosalia...
Salvemos a nosa fala,
unha das xoias máis ricas
entre os linguaxes romances,
as irmans falas latinas.
! Vilegos e cidadáns,
falai galego en Galicia!
a fala dos nosos pais ,
a lingua da poesía
que nos fai vibrar a ialma
con sentimmentos de lírica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario