17/2/11

FONTE DAS CARTAS


Hai se a fonte das cartas falara... Cantas cousas saberiamos! de chismorreo, amoríos, critequeos, pasabamos moitas mañás ou  tardes, gardando as vacas e as ovellas ou mesmo rozando nos toxos...Sempre foi punto de encontro, testemuña da vida más activa do pobo.
Fonte milagreira, moita auga no inverno e nin gota no verán, lémbroa coma lugar de xuntanza de vellos e novos, de homes e donas, de cativos pequenos...
¿Quen destas aldeas non foi a beber e contar algún conto? 
¿Quen non pretendeu namorar algunha rapaza ou rapaz?
¿Quen non insinuou saltar o valo da chousa de Laguelas ou o Outeiro da Arca pra estar o abrigo os días de frío, e aproveitar pra roubarlle un bico aquela rapariga mais alegre?

Hoxe a fonte segue no mesmo lugar, pero xa non ten  xente o seu arredor, a maioría fóronse cos anos e moitos deles, atópanse no cemiterio, descansando eternamente, alí, en sestelo, que curiosamente está mirando  o monte largo. Xa non hai vacas que gardar ni ovellas pra pastorear, tampouco contos a quen contar... Que será do monte e da fonte! teño a sensación que a vida en moitas das nosas aldeas está a piques de pechar, espero que alguén se dea conta do erro e intente arranxalo, pois a liberdade e a tranquilidade so se atopan nestes recunchos, "aldeas" ,  onde non chegou ni chegará o botellón nin os ruídos e fumes das grandes cidades. Loitemos pra que as administracións nos doten dos servizos mínimos necesarios e teñamos nestes lugares o acougo e benestar que todos desexamos, e volten os contos e chismorreos a fonte das cartas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Datos personales