- Punto de partida: LAR DOS AVÓS.
- Sistema recomendado: en bicicleta ou en coche.
- Tempo estimado: en bicicleta,( ida e volta ) 1 hora e 10 minutos.
- Distancia aproximada (ida e Volta ) 14km.800metros.
- Cobertura telefónica boa.
Partimos de Alvidrón “LAR DOS AVÓS” en dirección Antas de Ulla. Cando levemos percorrido 1 km xiraremos a esquerda para coller o camiño que lévanos ata Vilapoupre; Unha vez adentrados na aldea ( km 1,9 ) atopámonos un cruce de camiños, seguiremos recto e a uns cincuenta metros atoparemos a igrexa. Sen deixar este camiño ( km 4 ) atoparemos a aldea de Dorra, (km 4,5 ) de seguido aparece un stop da estrada nacional 540, cruzamo-la e a 150m atópanse unhas cantas casas. Colleremos o camiño da esquerda, sen deixalo ata chegar a aldea da Boi (km 6 do noso percorrido). Xusto a esquerda atópase o Pazo do mesmo nome; Nese punto xiraremos a esquerda, ó cabo duns cincuenta metros xirar á dereita. Continuaremos iste camiño e a 7,4km chegamos o Complexo da Peneda.
Voltearemos polo mesmo itinerario ó lugar de orixe: LAR DOS AVÓS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario