20/10/09

A Nugalla

 Cando eu era rapaz, preguntaba os meus pais que significaba ista pequena escultura de pedra, eles sempre dicían o mesmo, trátase da “nugalla” e de seguido engadían:"Fíxate ben, é unha persoa que ten unha man na boca e outra no cu, pois iso quere dicir que é unha preguiceira, non quere traballar, logo non pode comer e chámanlle “nugalla”.
Teño preguntado a mais dun crego e ninguén soubo darme resposta.
Penso que agora xa a teño, deuma un periodista e escritor: Josep mª Espinás.
Naquel entón era moi doado que nas igrexas e demáis construcións Medievais, os albaneis deixaran estas pequenas esculturas significando o desprezo polas persoas que lles pagaban míseros xornais. Como pódese imaxinar non tiñan outra maneira de protestar, había forte represión exercida polos poderes eclesiásticos.

Esta fotografía esta feita no exterior da igrexa de Alvidrón, na entrada, a Nugalla está a man esquerda, a altura do tellado.

2 comentarios:

  1. Vaia, vexo que xa caminache co Sr. Espinás!
    Teño que volver a Alvidrón a ver es canzorro, non está nos meus arquivos, así que foi un agradable descubrimento atopalo no teu blogue, cando escriba sobre Alvidrón farei mención especial do teu Lar é a este descubrimento.
    Unha curiosa interpretación a do Sr. Espinás, descoñezo se é certa, eu case optaría pola interpretación dos teus pais. No románico é habitual ver representados os vicios dos homes. A lingua fora é sinal de burla e a man entre as pernas dálle unha connotación explicitamente sexual. Aínda así, quédome co que se representa é a nugalla.

    Os meus parabéns polo teu post.

    ResponderEliminar
  2. Moitas graciñas polo teu comentario.
    Sempre tiven curiosidade por coñece-lo significado da cabeza que asoma, como ti dis "burlona" ao exterior da Igrexa.

    ResponderEliminar

Datos personales