28/4/09

As Chemineas



Como podemos ver é unha estrutura, que se ergue no cume da casa, case sempre construída en pedra e con unhas dimensións considerables, canto máis alta, ancha e con remates en pico ou traballados, mellor reflectido quedaba a quen pertencía. Sempre foi un elemento significativo do poder económico da familia.
Non facía falla entrar dentro da casa para saber que estábamos diante dunha familia, onde o acougo e a fartura non faltaban.
Camiñando polas aldeas de Galiza, podemos dar unha ollada e decatarémonos que isto era unha realidade social, o normal é que so exista unha cheminea con estas características, como moito dúas en cada aldea.
Aconséllovos que fagades fotos e comparedes, pois sendo semellantes,non hai ningunha igual.
Tamén poderedes ollar que cheminea grande, hórreo grande e con nome correspondía a familia mais poderosa.
Se as chemineas falaran cantas cousas contaríanos, pois debaixo delas o pé da lareira,moitas noites, vellos e novos quentaban as canelas o carón do lume, compartindo contos e sorrisos, que esvaecidos co fume saíron pola cheminea para encher o universo de historias invisibles e irrepetibles.

1 comentario:

  1. A min tamén me fascinan as chimeneas.

    Vin a túa ruta dos petroglifos do Farelo. Estes días estou a sacar fotos deles, pásate a visitirme.

    Vou enlazar o teu blog.

    Saudos

    ResponderEliminar

Datos personales