27/12/10

POUCA VERGOÑA E MOITA CARA DURA

Agora entendo algo mais o recorte dos xornais aos funcionarios, a conxelación das pensións, as axudas por nacemento de fillo, as axudas aos parados e outras prestacións socias que desaparecen...
E todo isto a nivel nacional, engadan dezasete comunidades autónomas, goberno central, etc. 
Que Deus nos atope confesados!

22/12/10

OS SEN TEITO



O día cinco de decembro, fíxen mención á Constitución Española, aos artigos 47 e 50. Hoxe, nun xornal gratuito, podemos ler como unha destacada persoa atrévese a por cifras e por certo preocupantes.


PERSOAXES DE NADAL

CATALUNYA:
El  Tió , Trátase dun anaco de árbore decorado, que se tapa cunha manta e que hai que alimentar, uns días antes do Nadal. Os nenos vainlle deixando turrons e outros dolces, para que o tronco engorde e o día vintecatro, esté listo pra facelo "cagar", pegándolle cun pao e o mesmo tempo cantando unha canción que dice mais ou menos : Caga tió, caga turrons, avellanas e piñons; se non os queres cagar golpes de pau imos che dar.
Na actualidade el tió sirve para que regale xoguetes aos mais catívos, antigamente "cagaba" dolces ou caramelos.


GALIZA:
 O Apalpador, que data de tempos antigos e que habita nos bosques do Courel, Cebreiro,  Quiroga e Os Ancares adícase a recolleita de madeira para producir carbón. É un vello xigante, que sempre usa unha boina na cabeza, utiliza roupa vella e con remendos. Aliméntase de froitos dos bosques e xabarís. Na noite do 24 de decembro (nalgúns lugares é o 31 e outros o 5 de xaneiro)  baixa dos montes  as casas onde os nenos están durmindo e apalpalles a barriga, de ahí ven o nome do 'Apalpador" para ver se comeron ben durante o ano. Antes de marchar, deixa unhas castañas e fai uns feitizos para que o ano novo chegue con moitos alimentos. Recoméndovos a lectura do Apalpador, de Lua Sender e Alejandro Miguens, con ilustracións de Leandro Lamas, publicada por Edicións de Galicia e Fendi  na colección de contos de miúdo.
 Hai un cantiga moi fermosa que lle cantan  os pais os nenos para tranquilizalos mentres esperan o  Apalpador.


Vaite logo, meu meniño (miña meniña)
marcha agora para a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día grande
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
PAIS  VASCO E  NAVARRA :
OLENTZERO.

CANTABRIA :
ESTEREU.

ASTURIAS :
ANGUERO.
                                                                                   


                                                  Foto del Tió  19-12-2010

19/12/10

FOLGA DE FAME

¿CERTO OU NON? UNHA IMAXE VALE MÁIS QUE MIL PALABRAS.

CAGANER

Ríos de tinta teñen corrido por culpa deste moneco. Estase a tratar dunha figura tradicional do Belén Catalán e que representa un pagés, "labrador", cagando. Co paso do tempo os fabricantes inxeniosos foron engadindo personaxes políticas e xente famosa, en xeral.

NON AOS RECORTES SOCIAIS



Onte, milleiros de persoas manifestáronse polas rúas de Barcelona.

14/12/10

AFORCARSE POR AMOR 1937-1995

   Casimiro, un home forte e loitador, traballador incansábel e amigo dos seus amigos, Antía, unha muller moi xeitosa, aínda que sempre foi unha dona delicada de saúde. Cando era nena, os seus pais xa pensaron que morría, pois unha doenza no peito non a deixaba respirar e tívoa apartada, moitos anos, do colexio. Finalmente, grazas o Doutor Rebouza e mais o curandeiro da parroquia de Fornelos da Baixo, conseguiron que a rapaza medrara e afacérase a vivir cos seus achaques, sabendo que se algún día casaba, non lle estaba recomendado ter mais dun fillo.
   Casimiro e Antía fixéronse noivos e decidiron casar, froito deste matrimonio naceu unha filla: Sabela. Pasaron uns anos e Antía volveu a quedar embarazada. Preocupada  e o mesmo tempo asustada, decidiu acudir a unha destas mulleres, que sen escrúpulos e asasinas por natureza, interrompen o embarazo, usando métodos caseiros e torturadores. Estas donas sen coñecementos de medicina e que, en Galiza abundaban moito,  provocaban, a maioría das veces, unhas hemorraxias mortais a súas “pacientes”. Traxicamente deste xeito aconteceu,  despois de dous días de loita contra a morte, Antía faleceu na súa casa, unha mañá cedo, nun día escuro de choiva, vento e tronos. Parecía o fin do mundo, os tronos eran tan fortes que daba a sensación de que alguén do mais alá estivera recriminado a atrocidade cometida a Antía.
Casimiro quedou moi apenado, coidando da súa meniña Sabela. Ela foi medrando o carón do seu pai e os dezaseis anos decidiu independizarse. Marchou a traballar a Ourense, a casa da súa tía, irmán da súa nai, que tiña un comercio de ultramarinos preto da estación do ferrocarril.
Casimiro quedou só e a tristura invadíao. O seu corazón pedíalle a berros  facerse cunha compañeira e esta apareceu nunha feira en Currelos. Alí atopouse cunha dona de nome Xulia que pretendía venderlle uns capóns. Os dous eran viudos cos fillos casados e compartían moitas loitas e tiñan moitas semellanzas. O destino quixo que o cabo de tres meses Xulia fora a vivir con Casimiro. Estiveron xuntos moitos anos e o amor que se tiñan un polo outro eran inseparables, pero xa se sabe que as cousas duran o que duran... Sabela, a filla de Casimiro no viu con bos ollos que o seu pai fixera constar no testamento que lle deixaba a casa onde vivían a Xulia, e comezaron as disputas.
Xulia chea de malas caras e tensións familiares, non o pensa dúas veces e marchou para súa casa, na que vivira toda vida. Casimiro desesperado foi falar co crego e decidiron ir os dous a convencela para que voltara con el. Xulia que tiña as cousas claras e era moi firme, non cedeu, dixo que se sentía pouco querida e que o seu amor apagouse.
Casimiro voltou para a casa desencaixado, as bágoas non deixaron de correr pola cara abaixo, con esta pena conviviu durante un ano, a paixón e o amor que tiña por Xulia fixeron que un día de amargura, se aforcara, non sen antes escribir unha carta de amor adicada a súa compañeira.
Nunca se soubo o que poñía a carta pois Sabela fíxoa pedazos nada mais ollala.


13/12/10

CAMIÑO DA FABRICA – 12-11-2010



Esta escultura que representa a un home e unha dona camiñando para o traballo, é unha homenaxe o movemento obreiro, dos anos 1917 a 1978  "Historia, lembranza e loita.´´
Esta obra é  da escultora Teresa  Ribas.

11/12/10

Pota blava


Un ano mais e como é costume nestas datas, está a celebrarse a 37a feira do capón de curral, en concreto do pota blava (denominación de orixe catalana) que poderíamos traducir por "perna azul" en galego. É unha raza característica da comarca do Baix LLobregat, concretamente no concello do Prat de Llobregat atópanse os criadores máis antigos; é un ave que se cría en libertade, a súa alimentación está basada nun 80 por cento en cereais, cunha crianza mínima de 90 días.Están identificados cunha etiqueta numerada da Comunidade Europea de indicación de Geografía Protexida. O polo do Prat  é o único do Estado español que foi recoñecido con esta Denominación Específica.

O galo  protexendo as galiñas, no galiñeiro.
O raposo na noite escura, acochando o poleiro.

5/12/10

OS SEN TEITO


Mañá cúmprese 32 anos da Constitución Española. Cantos anos mais terán que pasar, para que estas persoas necesitadas, que vivindo na rúa, subsistindo das moedas que boamente lles doan os transeúntes, poidan abandonar a mesma e ter unha vida mais digna?
Hai dous días decretábase o estado de alarma e militarización para poñer orde e regular o tránsito aéreo, ¿A quen temos que militarizar para que dea respostas a estas necesidades? Lémbro os artigos 47 e 50



ARTIGO 47
Todos os cidadáns españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e axeitada. As autoridades públicas deben promover as condicións necesarias e establecer normas axeitadas para facer efectivo este dereito, regular o uso da terra, de acordo co interese xeral para evitar a especulación.

ARTIGO 50
As autoridades públicas deben garantir, a través de pensións axeitadas e actualizadas periodicamente, unha renda suficiente para os cidadáns en idade avanzada. Ademais, con independencia da familia, promover o seu benestar mediante un sistema de servizo social que ofrece para os seus problemas específicos de saúde, vivenda, cultura e lecer.

4/12/10

A MIN TAMEN ME MILITARIZARON


Hoxe todo o mundo, está a falar da folga dos controladores e case tódolos xornais, están a dicir o mesmo: O CAOS NOS AEROPORTOS FARALLE MOITO MAL A IMAXE DE ESPAÑA NO MUNDO. 
Neste caso que nos acontece, houbo que facer dos consellos de ministros e formar un gabinete de crise para declararlles a guerra aos controladores, usando medidas que non se emprearon dende que ficou a dictadura:  "MILITARIZACION´´.  De todo isto, sabe moito o que lles está a falar, pois aconteceume o mesmo en Correos  o día 2-01-1975, só coa única diferencia, que o soldo dun controlador pode chegar a os cincocentos mil euros, e  o meu  naquel entón non chegaba a 11.000 pesetas, uns escasos sesenta e seis euros en definitva, nosoutros loitabamos para poder subsistir. 
Que pouco ou nada cambiaron as cousas, aínda non somos capaces de chegar a acordos que deixen as duas partes satisfeitas, sen necesidade de chegar a esta situación.Desexo e espero polo ben de todos, que este sexa o último conflicto laboral destas características, para que ninguén poña en dúbida a nosa credibilidade como pais, e postos a pedir que nos equiparen cos xornais dos controladores.





Datos personales