18/3/10

MOITA FERMOSURA

Alta  e esbelta,  ofrécenos  fermosura  aos que te contemplamos de día, ilumínasnos  o camiño de noite, e os visitantes cansados  acóllelos no teu  regazo.
Espero que os depredadores do arte non acaben contigo, como aconteceu noutros casos sustituídas por outras de deseño actual, sen ningún atractivo.

10/3/10

COMPLEXO DA PENEDA – MONTERROSO




  • Punto de partida: LAR DOS AVÓS.
  • Sistema recomendado: en bicicleta ou en coche.
  • Tempo estimado: en bicicleta,(  ida e volta )  1 hora e 10 minutos.
  • Distancia aproximada (ida e Volta ) 14km.800metros.
  • Cobertura telefónica boa.
Partimos de Alvidrón “LAR DOS AVÓS” en dirección Antas de Ulla. Cando levemos percorrido 1 km xiraremos a esquerda para coller o camiño que lévanos ata Vilapoupre; Unha vez adentrados na aldea ( km 1,9 ) atopámonos un cruce de camiños, seguiremos recto e a uns cincuenta metros atoparemos a igrexa. Sen deixar este camiño ( km 4 ) atoparemos a aldea de Dorra, (km 4,5 ) de seguido aparece un stop da estrada nacional 540, cruzamo-la e a 150m atópanse unhas cantas casas. Colleremos o camiño da esquerda, sen deixalo ata chegar a aldea da Boi  (km 6 do noso percorrido). Xusto a esquerda atópase o Pazo do mesmo nome; Nese punto xiraremos a esquerda, ó cabo duns cincuenta metros xirar á dereita. Continuaremos iste camiño e a 7,4km chegamos o Complexo da Peneda.
Voltearemos polo mesmo itinerario ó lugar de orixe: LAR DOS AVÓS.

4/3/10

Xurxo en París


Rúe Jules Guesde nº158-Levallois-Perret.
No ano 1972, despois de cumprido o servizo militar e sen ningunha perspectiva de traballo na nosa terra, Xurxo decide preguntarlle  a uns curmáns,  que xa levaban tempo na emigración en París, se había traballo para el. Dinlle que traballo sobra, que non o pense e que vaia con eles.
Xurxo fálao con Andrés, o marido dunha curmán que tiña unha xestoría en Lalín, para que lle diga o que precisa para sacar o pasaporte. Preséntalle tódolos  papeis que lle pediu e o cabo de un mes, xa ten a documentación que precisa para ir como turista.
O día cinco de febreiro, as sete da tarde, ven a recollelo un taxi que xa tiña avisado con anterioridade. Debo dicir que, coma de todo isto os seus pais non sabían nada, pra non levantar sospeitas, apalabrou un lugar co taxista Ramón do Ferreiro, a onde el sairía coa maleta para non ser visto.
Coa puntualidade que o caracterizaba, o taxista chega o lugar acordado, xusto onde se atopa agora o cruceiro, pois daquela a ubicación era outra, chamabámoslle o fondo da aldea.
Como xa habían falado con anterioridade, o taxista non lle preguntou o destino,  emprendeu camiño para Lalín, pois na casa da súa curmán Xulia, esperábao ela e o seu home para darlle cama e cea, xa que o día seguinte pola mañá cedo ,tomaría un  autobús de linea que facía o percorrido entre Santiago de Compostela e Paris.
Son as sete da mañá e coa súa maleta chea de lembranzas, sen pechar ollo pola noite, sube ó autobús, pensando como acollerían a noticia os seus pais. Debo dicir que el deixara un veciño sabedor de todo e  debería comunicárllelo, Qué tarefa lle encomendou a Segundo de Ferro! Non quero nin imaxinarme o dor dos seus  pais, acababa de deixalos o único fillo que tiñan.
Chegou  a Ourense alá polas oito da mañá e o condutor fíxolles saber que non sairían ata as doce do mediodía,  o parecer tiñan que facerlle uns arranxos o coche. Así que aproveitou para dar unha volta pola cidade,  que el xa coñecía de cando acompañaba o seu pai ó Ribeiro. Casualidades da vida;  atopouse cun compañeiro do servizo militar, chamado Xaquín, convenceuno  para que o acompañase a mercar un coche, un seat 600 de segunda man e que pagaría ó contado  (25.000 pesetas). Xurxo sorprendeuse  pois el so levaba no peto 100 francos, que lle deixara o seu curmán Tomás, por se necesitaba coller un taxi á chegada. Evidentemente non eran seus e tiña que devolvelos, pero a vida e así de inxusta,  uns tanto e outros tan pouco.
Eran preto das once e deciden  achegarse ó lugar de saída non fora que perdera o autobús e con el, as súas esperanzas de riqueza. Dánse unha aperta  e deséxanse o mellor; Xurxo promételle a Xaquín que se as cousas lle van ben visitarao polo pobo de Cee e de retranca dille que levará un coche mellor que o seu, pois os seus curmáns teñen un da marca Citroen rechamante.
Eran as doce cando Xurxo puxo rumbo a PARÍS. Quedaban 2000 quilómetros por percorrer e chegar a un mundo que non viu.
Circularon toda a tarde, durante a noite e o día seguinte chegaron alá polas oito da tarde. Xurxo pensou: Que cidade Deus meu, nada que ver coas que eu coñezo:  A Cruña, Lugo, Ourense  e Pontevedra, París  tiña o dobre das catro xuntas!
Os seus curmáns quedaran de ir a recollelo pero como dixéronlles que viñan con retraso, decidiron que pasarían mais tarde. De todos xeitos, eles xa advertiran a Xurxo que se non se topaban alí, collera un taxi e fora para o Hotel . E así o fixo. Deulle un papel coa dirección o taxista e sen entenderse na fala, so por sinais e despois de case unha hora de camiño, chegaron ó lugar indicado. Pagoulle vintedous francos e coa súa maleta á costa, ficouse dentro do Hotel. Nos baixos do mesmo, atopábase unha pequena cafetería e o dono da mesma , colleu a maleta e deixouna detrás do mostrador, sen el pedirllo, sírvelle unha cervexa. Xurxo deulles  as grazas en francés e invitouno a fumar un ducados que aceptou gustosamente el  e  dous homes mais que se atopaban apoiados na barra. Estes preguntáronlle, en portugués,  se era o parente dos GUERRAS, Xurxo dixo que sí,  engadiron que estaban a piques de chegar. Con estes xa se entendían, compartían  lingua e comezan a conversar falando de Galiza e de Portugal, o pouco que os separa e o moito que os une. Non pasou nin media hora que xa entraron pola porta os curmáns de Xurxo, déronse uns bicos e coa mesma, dirixíronse as habitacións. Por certo todo moi preparado para recibir a emigración, posto que as habitacións contaban cuns  recunchos con gas cidade onde se podía cociñar, así como un pequeno vertedeiro  para lava-la louza.
A partir de aquí, comezaron os quebracabezas para facerse cos papeis que lle permitiron a Xurxo estar  en situación legal e o mesmo tempo poder traballar. Transcorreron os meses  e estivo traballando sen a documentación nin seguridade social, ata que un bo día dixéronlle que xa todo estaba listo, que so falta un requisito e debe regresar a Irún á oficina de emigración Española.
Acompañado polo seu curmán Manolo, trasladáronse en tren a Irún.Alí entregáronlle uns papeis e unha bolsa de subsistencia que contiña unha barra de pan, dúas latas de sardiñas, un paquete de galletas e uns chocolatiños. Non era moito para un bandullo con fame, pero no caso de Xurxo sobráballe todo, pois o bandullo tíñao cheo, non foi a fame o que o levou á emigrar. 
De volta a Levallois Perret, o ladiño de París, Xurxo presentouse, o día seguinte, na Policía pariseña. O  final todo arranxado: CARTA DE IDENTITE-CARTA DE TRABALL,  en fin, un currante mais,”
pero legalizado.
A dicir verdade, o feito destar lonxe da terra e dos seus, facía que a morriña se apropiara del. Se a todo isto engadímoslle o descoñecemento da lingua e os diferentes costumes, os traballos de segunda categoría que teñen gardados pos emigrantes (sempre os mesmos)...
Cada día levantábase pensando o mesmo, que tiña que voltar, pero quería voltar con algo no peto, sería unha vergonza chegar á casa co mesmo que cando se foi. Isto levábao a non darse conta do tempo e o final pasa media vida.
El voltou o cabo dun ano, con poucos cartos, pero moi ledo destar outra vez coa súa xente.
O ano que estivo alí descorreu entre o traballo e añoranza dos seus, a tristura destar lonxe e non saber como vai a ser esa aventura, se fará fortuna ou se o querer facela convertirate en escravo, que sin darte conta pasaran os anos, lonxe dos teus e sen vivir o mellor da túa vida.
Qué triste ter que emigrar, pero máis triste aínda e ter que pasar fame.Qué mundo mais cabrón; Este é o mundo que nos queremos?
O meu agradecemento as persoas que nomeo, xa que todas elas axudarono a lograr unha vida mellor, penso que o conseguiu e non foi en Paris, a todas e todos grazas.
6-01-2010

3/3/10

EL HECHIZADO

                          
Entre 1665 e 1700 gobernou, en España, este rei chamado el  HECHIZADO, fillo de Felipe lV.
Dícise del que era enfermo e de corta intelixencia, entre outras cousas.
Morreu sen deixar descendencia, por sorte.
Nesta foto pódese observar como se fai referencia a que: el reinaba e a súa nai gobernaba.
Fora como fora, o texto da foto non ten desperdicio, non si?

Datos personales